Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. RESOLUCIÓN Nº 297/2014

9Xul 2014

RESOLUCIÓN Nº 297/2014

540-f-foto

En data de 16 de xullo de 2014 se firma un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de Brigadas de prevención e defensa.

 

En data de 3 de xullo  de 2014 , dítase resolución nº 295/2014 pola que se declara como sector ou servizo prioritario, aos efectos do cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013, á brigada municipal de incendios forestais do Concello de Malpica de Bergantiños , composta por catro contratados laborais.

 

Á vista de todo o anterior e de acordo coas atribucións que confire á Alcaldía o art. 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e á vista da consignación orzamentaria existente para levar a cabo a referida contratación, pola presente,

 

RESOLVO:

 

Primeiro.- Aprobar as bases para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) PEÓN CONDUCTOR para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais que a continuación se transcriben:

 

?BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA URXENTE DE CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN (1)  PEÓN CONDUCTOR AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA

 

Primeira: Obxecto da convocatoria.

 

O obxecto desta convocatoria é cubrir mediante concurso unha praza de PÉON ? CODUCTOR ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

 

As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos:

 

1.    Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellaría competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007.

 

2.    Labores de prevención de incendios, que se desenvolveran en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos.

 

3.     Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

 

En particular, o xefe de brigada é o responsable e coordinador do funcionamento da brigada e correspóndelle a coordinación interna da mesma asi como a coordinación desta co persoal do Distrito Forestal ao que pertence o concello.

 

Segunda: Normativa aplicable.

 

Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; Real Decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; Decreto 95/1991, do 20 de marzo pola que se aproba o regulamento de selección de persoal  da Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para la Reforma de la Función Pública; Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada ; Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos a que se debe axusta-lo procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; e supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e Orden de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal interino e demais normativa vixente na materia. Lei 7/2007, de 12 de abril del Estatuto Básico del empleado público.

 

Terceira: Modalidade e duración do contrato.

 

A contratación realizaranse a través da modalidade de contrato de obra ou servizo, a xornada completa, e cunhas retribucións de 1.050,00 euros/brutos mes, incluida a prorrata de pagas extras. A duración da obra ou servizo será de 3 meses.

 

As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, e de luns a domingo, adaptaranse ás necesidades do servizo.

 

Cuarta: Requisitos dos aspirantes.

 

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

 

a)    Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións  poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

 

b)    Estar en posesión do certificado de escolaridade, EXB, ESO ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán de estar en posesión da credencial que acrdite a súa homologación e ademáis achegarase o título a súa traducción xurada.

 

c)    Ter cumpridos os 18 anos de idade.

 

d)    Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo para o que se opta; acreditarase mediante certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados como ?Proba de aptitude física? nestas bases, ademais da situación médica de que non padece enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

 

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

 

e)    Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhablitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.

 

f)    Dispor de carné de conducir B.

 

Quinta: Presentación de instancias.

 

As instancias solicitando tomar parte neste proceso selectivo presentaranse mediante instancia dirixida ao Sr Alcalde de Malpica de Bergantiños no modelo oficial que se facilitará na devandita entidade.

 

Presentaranse no Rexistro Xeral Municipal, durante o prazo de catro (4) dias naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun anuncio nun dos diarios de maior tirada na província, sen perxuízo de que a título méramente enunciativo se efectúe a correspondente publicación no Taboleiro de Anuncios do concello e na páxina web do concello (www.concellomalpica.com) As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, xde 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. Non obstante, neste último caso, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

 

Á intancia achegaranse  inescusablemente:

 

          Fotocopia do D.N.I.

 

          Fotocopia dalgunha das titulacións enumeradas no apartado 4 b).

 

          Certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados como ?Proba de aptitude física? nestas bases, ademais da situación médica de que non padece enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

 

          Documentos xustificativos dos méritos  que se aleguen para o concurso.

 

          Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: IBAN ES36 2080 0030 9631 1000 0041). En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá substitución do trámite de presentación de instancia. Asemade a ausencia de xustificante do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación, determinando a exclusión do aspirante. Os dereitos de exame establécense en 10 euros, e so serán devoltos a quen non fora admitido/a ao proceso selectivo por non reunir os requisitos esixidos nas presentes bases, esto é únicamente a aqueles aspirantes que resulten excluidos na listaxe definitiva.

 

Agás o certificado médico que deberá ser orixinal, a documentación presentada poderá ser fotocopia simple, debendo únicamente presentar os orixinais e fotocopias debidamente dilixenciadas o aspirante que resulte seleccionado.

 

Sexta: Admisión de candidatos.

 

Rematado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia da Corporación, dictará resolución na que se aprobará a lista provisional de admitidos/as  e excluídos/as que se publicará no Taboleiro de Edictos do Concello, e concederase un prazo de dous (2) días hábiles para os efectos de reclamacións ou subsanacións de erros. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a relación de admitidos elevarase a definitiva. No caso de que fosen admitidos tódolos aspirantes presentados, poderá dictarse directamente a lista definitiva de admitidos, sen prexuízo de que contra a mesma se poderá interpoñer os recursos procedentes en dereito.

 

As reclamacións, se as houbese, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se publicará do mesmo xeito que a provisional. Nesta mesma resolución figurará  a composición do tribunal, o lugar e data da celebración das probas selectivas.

 

No caso de que por circunstancias excepcionais houbese que modificar lugar, data ou hora da valoración de méritos ou da proba de aptitude física, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello.

 

Sétima: Tribunal Cualificador.

 

O tribunal cualificador será designado por Resolución da Alcaldía, no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as.

 

Todos/as os/as vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza.

 

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

 

O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

 

O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.

 

Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte de estes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

 

Os/as aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.

 

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.

 

 Oitava: Probas selectivas e sistema de cualificación.

 

Nas bases específicas que completen estas bases xerais se concretarán os méritos que se valorarán na fase de concurso, así como os criterios de valoración dos mesmos. Tamén se detallará o contido da proba de aptitude física.

 

Novena: Lista de seleccionados presentación de documentos.

 

En primeiro lugar os aspirantes admitidos definitivamente realizarán a proba de aptitude física e recoñecemento médico, no día, hora e lugar no que sexan convocados. Aqueles aspirantes que non superen a proba de aptitude física e recoñecemento médico cualificaranse como NON APTOS e non continuarán no proceso selectivo. Tampouso se considerán aptos aqueles candidatos/as que non se presenten ás probas médicas, salvo causas de forza maior apreciadas polo Tribunal, que poderá reservar outro día para a realización de ditas probas médicas.

 

Respecto dos candidatos APTOS o tribunal cualificador valorará os méritos aportados por cada aspirante e sinalará o día, hora e lugar ao que se lles convoca para a realización da entrevista curricular cos candidatos.

 

O resultado final do proceso de selección virá determinado pola suma da cualificación  da fase de concurso, sen prexuízo do xa sinalado en relación á proba de aptitude física e recoñecemento médico. En caso de empate, terán preferencia aqueles aspirantes que obtivesen maior puntuación no apartado A-1. Se o empate persistise priorizarase a aqueles que teñan máis puntuación no apartados A-2, A-3 e A-4 respectivamente . Finalmente, en caso de que continuara existindo un empate procederase a un sorteo entre os/as  implicados/as.

 

O tribunal presentará ao Sr. Alcalde a proposta do/a candidato/a que obtivese maior puntuación e tivera superado a proba de aptitude física, para o seu nomeamento sen que en ningún caso exceda do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

 

O/a aspirante proposto/a achegará no prazo de dous ( 2) días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados no Taboleiro de Edictos do Concello os documentos seguintes ( sempre que non os tivese presentado coa solicitude):

 

          Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o seu cotexo) do Documento Nacional de Identidade.

 

          Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o seu cotexo) do Título académico esixido.

 

          Certificado médico acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

 

          Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio da función pública por sentencia firme.

 

          Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.

 

O/a aspirante que faga valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

 

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior, o cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª,non poderán formalizar o contrato e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incurrira por falsidade na solicitude de participación.

 

Décima: Formalización do contrato.

 

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polo/a interesado/a, o Sr. Alcalde efectuará o nomeamento a favor do/a candidato/a proposto/a e asinará o contrato laboral nun prazo máximo de três (3) días naturais.

 

Undécima: Lista de reserva

 

Ao rematar o proceso selectivo formarase unha relación das personas, en orde decrecente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados ( sempre respectando a orde da lista), para cubrir prazas similares ou situación de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, maternidade, ou calquera outra circunstancia, en prazas de similares características deste Concello.

 

Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar na mesma, de xeito que pode ser chamado novamente para outra contratación.

 

Duodécima: curso de formación.

 

Os aspirantes seleccionados deberán participar con carácter obrigatorio nun programa  de formación con un mínimo de 16 horas en materia de defensa contra incendios, comportamento do lume, ferramentas, extinción e liquidación, conducción de vehiculos todoterreo, seguridade laboral, primeiros auxilios, traballos con vehiculos motobomba, liñas de defensa e ferramentas, EPI e comunicacións, seguridade, saúde e partes e médios aéreos, embarque e desembarque.

 

Décimo terceira: Recursos.

 

Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

 

BASES ESPECÍFICAS

 

Primeira: Sistema de selección.

 

O sistema de selección será de concurso.

 

Segunda:Retribucións.

 

As retribucións serán as establecidas nas bases xerais para as referidas prazas.

 

Terceira: Proceso selectivo.

 

FASE DE CONCURSO:

 

Valoraranse os seguintes méritos:

 

A.1.?Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 5 puntos.

 

Por servizos prestados en calquera administración ou empresa privada como conductor ( peón ou oficial)  en campañas de loita contra o lume: 0,30 puntos por mes, ata un máximo de 5 puntos.

 

Por servizos prestados en calquera administración ou empresa privada como peón, oficial, xefe de brigada, ou capataz  en campañas de loita contra o lume: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 5 puntos.

 

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida polo Secretario do Concello ou Entidade Pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo. A non presentación de ambolos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado. Non se valorarán as relacións laborais onde só se acredite a condición de peón. Deberá quedar suficientemente acreditado que se trata de campañas de prevención, vixiancia e loita contra incendios.

 

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

 

A.2 Cursos: ata un máximo de 3 puntos

 

Formación: cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha administración ou entidade pública ou homologadas por elas (neste último caso deberá constar expresamente no título tal homologación para que poidan ser valorados). Só se valorarán os cursos relacionados con prevención e extinción de incendios, manexo de vehículos e maquinaria (ámbolos dous en materia de prevención e extinción de incendios) e prevención de riscos laborais xenéricos ou relacionados directamente co sector obxecto da convocatoria.

 

? De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.

 

? De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.

 

? De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.

 

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

 

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 3 puntos.

 

A acreditación dos cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

 

A.3: Permisos de conducir: máximo 2 puntos

 

Por estar en posesión do permiso de conducir BTP: 1 punto.

 

Por estar en posesión de permiso de conducir de clase B +.E e/ou C-1: 1.5 puntos.

 

Por estar en posesión de permiso de conducir de clase C: 2 puntos.

 

Acreditarase mediante copia autenticada do permiso en vigor. No caso de estar en posesión de máis de un tipo de permiso so se valorará o de maior puntuación.

 

A.4: Entrevista curricular

 

 

A entrevista curricular versará sobre aspectos concretos do posto a cubrir polo candidato/a e relacionados co coñecemento por parte dos aspirantes da defensa contraincendios forestais, ferramentas, comportamento do lume, primeiros auxilios, actuacións en situación de emerxencia e similares, respondendo ás preguntas formuladas polo Tribunal seleccionador.

 

 

Valorarase os coñecementos, a destreza e a rapidez nas respostas por parte dos aspirantes.

 

 

Será obrigatorio acudir á entrevista por parte do participante.

 

 

De non acudir á citada entrevista o participante perderá todos os seus dereitos con respecto a este procedemento selectivo.

 

 

Este apartado non poderá superar os 2 puntos.

 

 

A puntuación máxima na fase de concurso será de 12 puntos.

 

PROBA DE APTITUDE FÍSICA E RECOÑECEMENTO MÉDICO

 

1. Exercicio: proba de aptitude física (carácter eliminatorio):

 

De conformidade co establecido no Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, será necesario a superación dunha proba física consistente en subir e baixar  a razón de 90 movementos por minuto ( 22,5 veces/minuto) durante un periodo de cinco minutos un banco de 40 cm de altura para homes e 33 cm de altura para mulleres. Só se permitirá un único intento para superar a proba de aptitude física. Unha vez finalizado ese tempo, a persoa que realizou o exercicio reposará 15 segundos, e unha vez finalizados se lle tomará o pulso (nos pulsos ou no colo, contando as súas pulsacións durante outros quince segundos). A proba se realizará nun local tranquilo, necesitándose unha báscula para obter o peso dos candidatos. Cos datos de peso, idade, e pulsacións, se pasarán as tablas establecidas no anexo I, e determinar a superación ou non da proba.

 

Os resultados de proba evaluaranse como APTO / NON APTO.

 

2. Recoñecemento médico:

 

De conformidade co establecido no Convenio de Colaboración entre a Consellería de Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa, será necesario realizar, previamente á contratación do persoal integrante da brigada un recoñecemento médico.

 

Este recoñecemento será realizado por facultativos competentes que determinarán se o aspirante é APTO/ NON APTO.

 

Tanto a proba coma o recoñecemento médico faráse no lugar que a tal fin sinale o Concello no tabuón de anuncios do mesmo.

 

Malpica de Bergantiños, 3 de xullo de 2014

 

                                                               O alcalde

 

 

 

Eduardo José Parga Veiga.

 

 

 

 

 

 

 

ANEXO I: PROBA DE APTITUDE FÍSICA

 

PROTOCOLO:

 

Dispoñer dun metrónomo a unha cadencia de 90 pulsacións por minuto (22,5 ciclos de subir e baixar do banco cada minuto).

 

Usar un banco de 40 cm de altura para homes e un de 33 cm para mulleres.

 

Comenzar a proba do banco subindo e baixando do mesmo en cadencia co metrónomo.

 

Cada catro pulsacións do metrónomo representan un ciclo completo de subir e baixar do banco.

 

Cada pulsación del metrónomo representa un só paso como segue:

 

? Subir ao banco co pé dereito.

 

? Subir ao banco co pé esquerdo.

 

? Baixar do banco co pé dereito.

 

? Baixar do banco co pé esquerdo.

 

O pé dianteiro debe cambiarse varias veces durante a proba. Procurar extender as pernas no punto máis elevado de cada ascensión ao banco.