Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Resolución Alcaldía nº 320/2014

9Xul 2014

Resolución Alcaldía nº 320/2014

Asunto: Enmenda de erros en convocatoria de bases de selección de personal brigada de incendios.
540-f-foto

Mediante resolución de alcaldía nº 296/2014 se procedeu a aprobar as bases para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) XEFE DE BRIGADA para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, en cuxa cláusula quinta se indicaba que á instancia debería achegarse, entre outros, ?Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-311000019) (?).

 

Mediante resolución de alcaldía nº 297/2014 se procedeu a aprobar as bases para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) PEÓN CONDUCTOR para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais en cuxa cláusula quinta se indicaba que á instancia debería achegarse, entre outros, ?Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-311000019) (?).

 

Mediante resolución de alcaldía nº 298/2014 se procedeu a aprobar as bases para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal de dous  (2) PEÓNS para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais en cuxa cláusula quinta se indicaba que á instancia debería achegarse, entre outros, ?Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-311000019) (?).

 

Efectuado anuncio de publicación da convocatoria no diario La Voz de Galicia, edición Bergantiños de data de 7 de xullo de 2014, se detecta erro consistente en indicación errónea da conta bancaria na que efectuar o ingreso se debe acompañar á solicitude, de forma que onde di ?? nº de conta para abono bancario: 2080-0075-00-311000019), debería dicir ? ? nº de conta para abono bancario: ES36 2080 0030 9631 1000 0041).

 

Polo que de conformidade co sinalado no artigo 105.2 e 59.6 b) da Lei 30/1992 de 26 de novembro, e en uso das atribucións que me confire o artigo 21 da Lei 7/1985, de 2 de abril, RESOLVO:

 

1º.- Correxir as bases para para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) XEFE DE BRIGADA para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais aprobadas mediante resolución de alcaldía nº 296/2014, de forma que a Base Quinta quedaría redactada do seguinte xeito:

 

???Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: : ES36 2080 0030 9631 1000 0041).

 

2º.- Correxir as bases para para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) PEÓN CONDUCTOR para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais aprobadas mediante resolución de alcaldía nº 297/2014, de forma que a Base Quinta quedaría redactada do seguinte xeito:

 

???Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: : ES36 2080 0030 9631 1000 0041).

 

3º.- Correxir as bases para para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal de dous (2) PEÓNS para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais aprobadas mediante resolución de alcaldía nº 298/2014, de forma que a Base Quinta quedaría redactada do seguinte xeito:

 

???Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: : ES36 2080 0030 9631 1000 0041).

 

2º.- Ordenar a publicación da antedita  corrección no diario La Voz de Galicia (Edición de Bergantiños) de data de 9 de xullo de 2014 , concedendo/abrindo  ao efecto un novo prazo de presentación de solicitudes a contar a partir do seguinte ao da publicación do erro no diario indicado.

 

3º.- A título meramente informativo publíquese tamén no taboleiro de anuncios do Concello.

 

Malpica de Bergantiños a 8 de xullo de 2014.

 

 O   alcalde                                                                      D.M., a secretaria

 

                                                                            e aos únicos efectos de fé pública

 

                                                                        ( art 2 RD 1174/1987, de 18 de decembro)

 

 

Asd. Eduardo José Parga Veiga                             Asd. Mónica Pichel García