Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
Luns 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Rematou o programa de envellecemento activo con moi boa nota por parte dos participantes e o compromiso do Concello de Malpica de intentar darlle continuidade

10Nov 2017

Rematou o programa de envellecemento activo con moi boa nota por parte dos participantes e o compromiso do Concello de Malpica de intentar darlle continuidade

ENVELLECEMENTO

A xornada de clausura do programa de envellecemento activo promovido pola Concellería de Servizos Sociais foi unha auténtica festa. Despois da entrega de diplomas, na que participaron a concelleira Marisol Blanco, o concelleiro Miguel Fernández e o alcalde, Eduardo Parga, os e as participantes compartiron unha tarde de merenda e música en directo.

Un total de 50 persoas maiores de 60 anos participaron este ano no programa, que ten como finalidade enriquecer o proceso de envellecemento, previr situacións prematuras de dependencia e mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Para conseguilo, a empresa de economía social Máis Porvir programou e levou a cabo durante o último mes numerosas actividades que foron moi ben valoradas polos asistentes, aínda que a que obtivo a mellor nota foi a xornada de termalismo.

A celebración rematou coa petición unánime dos participantes ao Concello de Malpica para manter este tipo de actividade e o compromiso do alcalde de intentar darlle continuidade a esta e outras iniciativas dirixidas ás persoas maiores.