Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Recoñecemento do Concello de Malpica a Daniel Gorín, campión galego de autocross na categoría de -1.600

15Nov 2014

Recoñecemento do Concello de Malpica a Daniel Gorín, campión galego de autocross na categoría de -1.600

O alcalde fíxolle entrega dunha placa conmemorativa
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños expresou o seu recoñecemento a Daniel Gorín Lema tras proclamarse campión galego de autocross na categoría de -1.600 cc. O piloto de Leiloio foi recibido o sábado 15 na casa consistorial polo alcalde, Eduardo Parga; o tenente de alcalde, Miguel Fernández, e os concelleiros de Deportes, Cultura e Turismo, Manuel Torrado, Noelia Freijeiro e Alfredo Cañizo, respectivamente. O alcalde fíxolle chegar os parabéns da corporación e desexoulle novos éxitos no futuro antes de facerlle entrega dunha placa conmemorativa. O piloto agradeceu o xesto do Concello de Malpica.