gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 15°
13°
Luns 14°
11°
Martes 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Pintar na Rúa, a Ludoteca de Verán e as actividades deportivas animan as vacacións dos máis pequenos

29Xul 2015

Pintar na Rúa, a Ludoteca de Verán e as actividades deportivas animan as vacacións dos máis pequenos

Un cento de nenos e nenas participan nos programas culturais e deportivos promovidos polo Concello de Malpica de Bergantiños
540-f-foto

Un cento de nenas e nenos de 3 a 15 anos están gozando do verán coma nunca. O Concello de Malpica de Bergantiños ofrécelles unha serie de actividades culturais e deportivas que animan as súas vacacións e contribúen a que saquen o maior proveito do seu tempo de ocio.

 

Para os máis cativos, nenos e nenas de 3 a 8 anos, está en marcha unha nova edición da Ludoteca de Verán, unha proposta xa clásica da época estival que abrangue todo tipo de actividades, dende sesións de contos e pintura ata pequenas excursións pola vila, visitas á praia e moitos xogos.

 

Para as pequenas artistas locais, porque as participantes son todas nenas, está a desenvolverse por segundo ano consecutivo o obradoiro Pintar na Rúa, que imparte a artista Paula Fraile, e que está contribuíndo a transformar o vello e deteriorado muro gris situado entre os bares Submarino e Leño nun enorme lenzo no que as pequenas están a expresar a súa creatividade dun xeito moi colorista. Por certo que aínda está aberto o prazo de inscrición para a quenda de agosto (Centro Cívico, 981 707 104).

 

E para os nenos e adolescentes máis activos está en marcha o variado programa de actividades deportivas: saídas de aventura, fútbol praia, surf, kayak… que terán continuidade ao longo do mes de agosto.