gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
Venres 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Os campos de fútbol de Xaviña e Pedra Queimada xa dispoñen de desfibriladores automáticos externos

6Set 2019

Os campos de fútbol de Xaviña e Pedra Queimada xa dispoñen de desfibriladores automáticos externos

Os campos de fútbol de Xaviña (Buño) e Pedra Queimada (Malpica) xa están dotados de desfibriladores automáticos externos. O alcalde, Walter Pardo, e o concelleiro de Deportes, Daniel García Reixía, entregáronllos a representantes dos equipos que utilizan estas dúas instalacións municipais.

Ademais da entrega dos equipos, o Concello de Malpica ofreceu hai uns meses a representantes dos catro clubs do concello _Malpica SCD, Buño SCD, Unión Deportiva Cerqueda e Sporting Seaia CF_ a formación precisa para poder manexar os equipos, que melloran a seguridade dos/as deportistas e dos/as usuarios/as dos campos de fútbol.