Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O martes empeza a traballar o persoal contratado polo Concello de Malpica dentro do Plan de Emprego Local da Deputación

13Ago 2016

O martes empeza a traballar o persoal contratado polo Concello de Malpica dentro do Plan de Emprego Local da Deputación

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, vén de asinar os contratos co persoal de medio ambiente e obras contratado polo Concello con cargo ao Plan de Emprego Local que financia a Deputación Provincial da Coruña. Grazas a esta iniciativa, que ten como finalidade mellorar a empregabilidade e fomentar o desenvolvemento sostible do territorio provincial, en Malpica promoverase a inserción laboral dun total de 14 persoas: 10 peóns de medio ambiente, 3 peóns de albanel e 1 oficial de segunda de albanel. Todos eles empezarán a traballar o vindeiro martes.