Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 17°
11°
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello e a Confraría unen forzas para solicitarlle ao Ministerio de Pesca medidas de protección para a flota durante a crise sanitaria

30Mar 2020

O Concello e a Confraría unen forzas para solicitarlle ao Ministerio de Pesca medidas de protección para a flota durante a crise sanitaria

O Concello de Malpica e a Confraría de Pescadores malpicá unen forzas para solicitarlle ao Ministerio de Pesca medidas de protección para a flota durante a crise sanitaria provocada polo COVID-19. O alcalde, Walter Pardo, e o Patrón Maior, Pedro Pérez, escribiron ao ministro de Pesca, Luis Planas.

O rexedor malpicán advirte de que “a pesca forma parte da cadena alimenticia e o peixe é un ben de primeira necesidade, pero as técnicas de pesca de baixura non ofrecen seguridade aos traballadores, e cremos que as embarcacións de pesca artesá deberían ter posibilidade de acollerse a un ERTE”, afirma Pardo.

A esta circunstancia vencéllase tamén a caída do prezo do peixe, derivada fundamentalmente do peche dos establecementos de hostalería e restauración, así como do confinamento da poboación.

“Non é a nosa intención engadir un problema máis á complexa situación que lle corresponde xestionar estes días, pero transmitímoslle a situación límite que está a vivir a nosa flota, tanto pola ausencia de condicións de seguridade como pola mala
rentabilidade”, din o alcalde e o Patrón Maior.