Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 16°
13°
Sábado 16°
Domingo 18°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Salitre Malpica, impulsa a celebración do Concerto Benéfico Isla Bonita

29Set 2021

O Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Salitre Malpica, impulsa a celebración do Concerto Benéfico Isla Bonita

O Concello de Malpica, en colaboración coa Asociación Cultural e Deportiva Salitre, impulsan a celebración do concerto benéfico ‘Isla Bonita’ para recadar fondos cos que colaborar cos afectados pola erupción volcánica da illa de La Palma. Está previsto que a cita teña lugar o vindeiro 23 de outubro en Canido.

A entrada en actividade do volcán Cumbre Vieja provocou a destrución de vivendas, edificios e plantacións, forzando o desprazamento das persoas residentes e tamén de moitos animais salvaxes e domésticos.

Co obxectivo de colaborar e facilitar na adaptación a esta situación, o Concello e a Asociación Salitre contactarán nos vindeiros días con máis agrupacións malpicás, con grupos musicais e con establecementos comerciais e hostaleiros para implicar ao maior número de persoas posibles.

O proxecto pretende contribuír á mellora da atención aos animais desprazados polos efectos derivados da actividade volcánica e a evacuación da poboación. Irase actualizando información nos vindeiros días.