gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 15°
10°
Luns 11°
Martes 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica organiza un novo curso de xardinería para persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión

16Mar 2015

O Concello de Malpica organiza un novo curso de xardinería para persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión

Os alumnos e alumnas realizarán as prácticas nos xardíns de Cambre
540-f-foto

O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, porá en marcha este mércores 18 un novo curso de xardinería dirixido a persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión. Participarán 10 persoas, e esta vez as prácticas desenvolveranse nos xardíns de Cambre, aínda que os alumnos e alumnas tamén se encargarán do mantemento e reposición de plantas nas áreas verdes acondicionadas nos dous cursos anteriores na praza do Cruceiro de Buño, no centro médico de Malpica e no Centro Cívico.

 

A Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Marisol Blanco Gorín, aposta unha vez máis pola xardinería dada a boa acollida que está a ter a actividade e ás posibilidades de inserción laboral que ofrece aos participantes. A xardinería é, de feito, un dos nichos de traballo detectados pola asociación Íntegro, que será a encargada de impartir o curso. As sesións formativas desenvolveranse de luns a xoves, de 9.30 a 12.30 horas.