Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica inviste máis de 64.000 euros na mellora de camiños municipais

4Xuñ 2018

O Concello de Malpica inviste máis de 64.000 euros na mellora de camiños municipais

04062018 camiños_damaso_ferreiro

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou o contrato correspondente ás obras de mellora de camiños municipais financiadas con cargo ao Plan Agader 2017-2018. No acto, que tivo lugar na Alcaldía, tamén estivo presente o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández.

O Concello investirá 64.010,38 euros no acondicionamento dos camiños da Petada, A Carballeira e Limiñoa. Os traballos serán executados pola empresa Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos SL. O prazo de execución será de 75 días naturais.