gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 15°
10°
Luns 11°
Martes 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica investiu este ano máis de 100.000 euros na mellora de camiños de uso agrícola

23Dec 2018

O Concello de Malpica investiu este ano máis de 100.000 euros na mellora de camiños de uso agrícola

SANTISO

O Concello de Malpica investiu este ano máis de 100.000 euros na mellora de camiños de uso agrícola. O último proxecto, executado pola empresa Construcciones Dámaso Ferreiro, permitiu acondicionar os camiños de Santiso e Camarada, na parroquia de Vilanova, no primeiro caso con rego asfáltico e no segundo con zahorra.

Ata a parroquia de Vilanova desprazáronse o alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández, para supervisar as obras realizadas. O Concello de Malpica realizou nesas dúas vías un investimento de 41.506,32 euros, que veñen a sumarse aos 64.010,38 euros investidos nos camiños da Petada, A Carballeira e Limiñoa. Ámbolos dous proxectos foron financiados con fondos do plan Agader.