gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 18°
14°
Domingo 18°
15°
Luns 18°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica e as Escolas de Balonmán Xiria organizan unha xornada de exhibición e deporte na praia de Area Maior

20Ago 2015

O Concello de Malpica e as Escolas de Balonmán Xiria organizan unha xornada de exhibición e deporte na praia de Area Maior

Nenas e nenos de todas as idades poderán participar de forma gratuíta
540-f-foto

Mañá venres haberá moitos motivos para achegarse ata a praia de Area Maior, e pouco importará que faga mellor ou peor tempo. Pola mañá, a partir das 11.00 horas, nenos e maiores poderán participar no Concurso de Barcanas e Castelos de Area que organiza, coma todos os anos, o Concello de Malpica. E pola tarde, a partir das 15.00 horas, desenvolverase unha nova actividade. En colaboración coas Escolas de Balonmán Xiria, a Concellería de Deportes programou unha xornada de exhibición na que participarán xogadores do club carballés, e, posteriormente, tanto xogadores coma monitores dirixirán unha xornada de prácticas na que poderán participar todos os nenos e nenas que o desexen, sen límite de idade. A actividade é totalmente gratuíta.