Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 14°
12°
Mércores 14°
12°
Xoves 15°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Concello de Malpica de Bergantiños expresa a súa solidariedade coa Asociación Galega de Ataxias

27Set 2014

O Concello de Malpica de Bergantiños expresa a súa solidariedade coa Asociación Galega de Ataxias

O alcalde, Eduardo Parga, participou hoxe na cuestación realizada pola entidade no mercado municipal
540-f-foto

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, acompañado polo concelleiro Miguel Fernández, participou hoxe na cuestación realizada no mercado municipal pola Asociación Galega de Ataxias (AGA). Con este xesto, o goberno municipal quixo expresar a súa solidariedade e o seu apoio á entidade, que conta con gran implantación no municipio.

 

O alcalde malpicán destacou o importante labor que desenvolve a Asociación Galega de Ataxias tanto na atención directa ao enferm@ coma na información e asesoramento tanto ás persoas afectadas coma aos seus familiares. Nese sentido, Eduardo Parga ofreceu á entidade a colaboración do Concello de Malpica.

 

Durante a xornada informativa, as representantes de AGA, que forma parte da Federación Española de Ataxias e da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, repartiron trípticos nos que explican qué é unha ataxia, cales son os seus síntomas, o estado das investigacións para atopar unha cura e o labor que desenvolve a propia entidade. As persoas que desexen recabar máis datos ou colaborar con AGA poden poñerse en contacto vía mail ataxias.galicia@gmail.com ou por teléfono aos números 981 234 651, 636 779 682 ou 629 178 566.