Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 16°
11°
Martes 15°
10°
Mércores 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Actas de Plenos e Xuntas
  3. O Concello de Malpica convoca á veciñanza a participar nun concurso que servirá posteriormente como exposición permanente en recordo á crise sanitaria

22Abr 2020

O Concello de Malpica convoca á veciñanza a participar nun concurso que servirá posteriormente como exposición permanente en recordo á crise sanitaria

O Concello de Malpica convoca á veciñanza a participar nun concurso que servirá posteriormente como exposición permanente en recordo á crise sanitaria que estamos a vivir. A iniciativa iniciouse pola concellaría de Cultura do Concello de Malpica.

Trátase dun proceso participativo que constará na elaboración de microrrelatos versados no ‘que acontecerá despois do confinamento’. Os textos deberán estar escritos en lingua galega e cada persoa só pderá facer unha proposta de relato para incluír nesta ‘Rúa de Contos’.

Os relatos terán unha extensión mínima de 50 palabras e máxima de 75 sen contar o título. As obras que se presenten deberán ser orixinais que non se tivesen publicado con anterioridade en ningún formato. Establécense tres categorías: infantil (ata 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e adultos/as (18 anos en diante). O prazo para a presentación dos textos estará aberto desde as 00:01 do 23 de abril, Día Internacional do Libro, ata as 23:59 horas do 13 de maio de 2020.

CONCELLO DE MALPICA

Os textos enviaranse por enderezo electrónico á dirección educacionecultura.malpica@gmail.com . O xurado escollerá ás tres persoas gañadoras, e os tres ‘accésit’ estarán elixidos polas redes sociais. As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Malpica, así como no seu perfil oficial de Facebook.

Unha lembranza do confinamento

As tres obras seleccionadas polo xurado, e as tres obras seleccionadas polo público editaranse sobre pezas de barro de Buño, na rúa que determine o Concello de Malpica.

É por isto que suporá unha lembranza sempiterna nas calexas do rueiro malpicán, dunha época da vida que a toda persoa que lle tocou vivila de seguro non esquecerá.