gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 23°
17°
Xoves 21°
17°
Venres 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O Club Travesía Sisargas entregou ao banco de alimentos un quilo por cada participante na edición do 2018

11Xan 2019

O Club Travesía Sisargas entregou ao banco de alimentos un quilo por cada participante na edición do 2018

O Club Travesía Sisargas vén de entregar no banco de alimentos de Malpica un quilo de alimentos por cada un dos participantes na edición do 2018. En total, 160 quilos de produtos non perecedoiros para as familias do noso concello con menos recursos, nun novo exemplo de compromiso social do deporte malpicán.

A travesía Sisargas cumprirá dez anos neste 2019, e, tal como comentou o seu impulsor, Daniel Gambón, dende a organización xa se está traballando en colaboración co Concello de Malpica para incluír “novidades importantes”. De momento xa podemos adiantarvos a data da proba, que será o domingo 11 de agosto.