gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 20°
15°
Luns 20°
15°
Martes 18°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde de Malpica negocia con Portos o uso da captación do porto para complementar a traída municipal no caso de seca

10Mar 2018

O alcalde de Malpica negocia con Portos o uso da captación do porto para complementar a traída municipal no caso de seca

REUNION PORTOS

A seca do ano pasado provocou importantes problemas de abastecemento en toda Galicia e fixo saltar as alertas sobre a necesidade tanto de racionalizar o consumo coma de garantir os recursos hídricos precisos para abastecer á poboación. Consciente de que a situación pode repetirse, o goberno municipal de Malpica está a buscar alternativas.

Nesa liña, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, vén de manter unha xuntanza de traballo co presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, co obxectivo de estudar se sería viable utilizar a captación de auga do porto como complemento da traída municipal no caso de seca e garantir así o abastecemento á poboación mesmo nas condicións máis adversas.

En función do que determinen os estudos técnicos, ámbalas Administracións porán sobre a mesa unha proposta de actuación e de posible colaboración.