Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 20°
16°
Martes 21°
15°
Mércores 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde de Malpica, na presentación do plan de Reactivación Económica da Costa da Morte

11Mai 2020

O alcalde de Malpica, na presentación do plan de Reactivación Económica da Costa da Morte

Hoxe presentouse en Vimianzo o plan de Reactivación Económica da Costa da Morte, onde estivo presente Walter Pardo, rexedor mapicán.

Unha folla de ruta que pretende facilitar a toma de decisións das alcaldías dentro das súas competencias e que pretende minimizar os efectos negativos da pandemia, acurtar o prazo de recuperación, consolidar a sustentabilidade social, económica e medioambiental do territorio, reforzar a identidade territorial e colaborar cos diferentes grupos de interese da comarca.

Cada unha das 60 propostas está enmarcada dentro duns eixos estratéxicos específicos (talento, gobernanza, reactivación económica, consumo e comercio de proximidade ou valorización do rural) a través dos que se acadarían obxectivos diferentes.

O obxectivo deste encontro era o de poñer en común o documento para, entre todos, rematar de perfilalo ao engadir, modificar ou desbotar algunha das liñas. “Por dicilo dalgún xeito, é un plan vivo que se presenta como un menú á carta onde agora cada alcalde ou alcaldesa pode escoller as accións que máis lle conveñan polas características do seu territorio e decidir se algunha a aplica de xeito individual no seu Concello e outras as propón de forma conxunta con máis administracións”, explicaron desde o comité de traballo dos ADL.

Participan no mesmo 14 concellos da Costa da Morte, nunha proposta para reactivar economicamente toda a contorna e saír da crise provocada pola covid-19.

“Valoramos moi positivamente este encontro, xa que demostra a coordinación territorial entre os concellos que integramos a Costa da Morte. Agradézolle a todas as alcaldesas e alcaldes a súa vontade, así como aos profesionais que teñen participado na redacción deste plan”, comentou Walter Pardo, alcalde de Malpica.