gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 13°
Xoves 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. O alcalde de Malpica asinou o contrato de mantemento do alumeado público coa empresa adxudicataria

18Mar 2016

O alcalde de Malpica asinou o contrato de mantemento do alumeado público coa empresa adxudicataria

A UTE formada por Ifedic Pereira SL e Tecnored SA encargarase do servizo durante dous anos, cun custo total de 133.184 euros

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou hoxe o contrato de mantemento do alumeado público coa Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Ifedic Pereira SL e Tecnored SA. O contrato ten unha duración de dous anos, prorrogables por un ano máis, e un prezo total de 133.184 euros.

Segundo consta no contrato, a UTE encargarase do servizo de conservación e mantemento do alumeado público no municipio de Malpica de Bergantiños, así como do subministro e instalación de arcos luminosos festivos e grupo electróxeno para festas.