gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 23°
17°
Sábado 19°
17°
Domingo 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Materializado o derribo da vella unitaria de Aldeola para iniciar a construción da escola infantil de Malpica

21Xul 2014

Materializado o derribo da vella unitaria de Aldeola para iniciar a construción da escola infantil de Malpica

As obras teñen un prazo de execución de oito meses
540-f-foto

A antiga escola unitaria de Aldeola, na parroquia malpicá de Cerqueda, xa non existe. Hoxe pola mañá materializouse o derribo para deixar paso a unha nova e necesaria infraestrutura que viña sendo reclamada polos veciños e veciñas de Malpica dende hai anos: a escola infantil. A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), é froito do convenio asinado o ano pasado polo alcalde, Eduardo Parga, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou os traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S. L. por un importe de 354.175 euros. O prazo de execución é de oito meses.

 

A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, polo que dará cabida a 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade. O novo edificio terá dúas plantas. Na baixa estarán as aulas, un espazo de usos múltiples, cociña e aseo; mentres que na planta alta emprazaranse a sala de profesores, o despacho de dirección e unha zona de xogos.