gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 13°
Xoves 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Máis de 160 nenas e nenos participaron este curso nas actividades da Escola Municipal de Educación Física de Malpica

26Mai 2016

Máis de 160 nenas e nenos participaron este curso nas actividades da Escola Municipal de Educación Física de Malpica

emef-web

Un total de 162 nenas e nenos participaron este curso nas actividades organizadas pola Concellería de Deportes a través da Escola Municipal de Educación Física (EMEF) de Malpica de Bergantiños. O polideportivo municipal acollerá durante dúas xornadas as exhibicións do alumnado, polo que mañá venres e o sábado serán días de portas abertas.

Mañá, a partir das 16.30 horas, terán lugar as exhibicións de ximnasia rítmica, psicomotricidade, aerobic e patinaxe, tanto do grupo de Malpica como do de Buño, que ademais ofrecerán unha actuación conxunta. O sábado a xornada comezará ás 10.30 horas coa clausura das escolas de fútbol infantil, alevín, benxamín e prebenxamín e partidos de nen@s contra pais e nais. Ao remate de cada xornada procederase á entrega de recordos e haberá un pequeno ágape.