Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Iniciadas as obras de reparación da senda de San Adrián

19Dec 2014

Iniciadas as obras de reparación da senda de San Adrián

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza financia os traballos, que permitirán subsanar os danos causados polos temporais do último inverno
540-f-foto

Xa están en marcha as obras de reparación da senda de San Adrián, na que o firme estaba deteriorado debido ao efecto das escorrentías ocasionadas polos temporais do último inverno a causa da elevada pendente. Eses problemas quedarán subsanados grazas a unha achega da Dirección Xeral de Conservación da Natureza con cargo ao programa de axudas  a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciada con fondos FEADER. A mellora do camiño de San Adrián ten un orzamento de 8.032.80 euros e está a ser executada pola empresa Construcciones López Cao.

 

O alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro de Obras, Miguel Fernández, acompañados por técnicos municipais, realizaron unha visita ás obras, que consisten na reparación da senda existente mediante o acondicionamento do firme con zahorra nos tramos máis deteriorados, que son o acceso á capela dende a fonte e a subida da Praia de Seaia. O resto do camiño será bacheado e tamén se substituirá algún travesaño de madeira que está deteriorado.

 

A senda de San Adrián, de varios quilómetros de lonxitude, é moi utilizada coma circuíto de paseo polos malpicáns, pero sobre todo é un camiño imprescindible para os romeiros que soben á capela coincidindo coa festa do santo, no mes de xuño.