Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 15°
12°
Xoves 15°
11°
Venres 17°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Emilio Rúa e Rosa Cedrón estarán o sábado 23 en Malpica para ofrecer o concerto suspendido no Nadal

17Mar 2019

Emilio Rúa e Rosa Cedrón estarán o sábado 23 en Malpica para ofrecer o concerto suspendido no Nadal

Rosa-Cedron-Emilio-Rua-cartel-Malpica

O vindeiro sábado, 23 de marzo, celebrarase en Malpica o concerto de Emilio Rúa e Rosa Cedrón que estaba previsto para o 21 de decembro pasado e que foi suspendido debido aos dous días de loito decretados tras o falecemento de José Angel Sanjurjo no afundimento do pesqueiro “A Silvosa”.

Rosa Cedrón e Emilio Rúa ofrecerannos o espectáculo Diversións, incluído na Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, no que interpretarán pezas compostas por ambos os intérpretes e versións propias de pezas tradicionais.

O concerto comezará ás 20.00 horas no Auditorio do Centro Cívico, e a entrada será libre e de balde.