Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Comunicado do alcalde de Malpica ante a situación de emerxencia sanitaria

15Mar 2020

Comunicado do alcalde de Malpica ante a situación de emerxencia sanitaria

Veciñas e veciños de Malpica :

Tócanos dar o mellar de nós para que isto remate o antes posible. Estamos ante una situación de alerta elevada, pero coa nosa vontade imos paralo. En Malpica, como pobo, sempre fumos un exemplo, e a partir de hoxe non imos ser menos.

Estamos ante unha crise que varía cada hora. Estamos a traballar sen descanso para adaptarnos o máis rápido posible á evolución da curva de contaxio do virus.

Diríxome desde aquí, en primeiro termo, á poboación en maior risco. Xente maior e/ou que presenta algunha patoloxía de risco. Estamos con todas e todos vós. Temos que afrontar isto desde á tranquilidade. Desde o Concello de Malpica poñeremos á vosa disposición todos os medios posibles para tratar de paliar esta crise o máis rápido, pero sobre todo, de xeito eficaz.

Lembrade que o teléfono de información para, no caso de presentar algún tipo de síntoma, é o 900 400 116. Evitemos, na medida do posible, colapsar as liñas do 061 e do 112. O do Concello, desde onde traballaremos arreo, o 981 72 00 01.

De todo corazón quero facer un chamamento tamén, a todas as persoas que están a adicar todo o seu tempo a axudar. Persoal de sanidade, doutores e doutoras, enfermeiros e enfermeiras, celadores e celadoras, persoal de recepción dos hospitais..Pero tamén ás persoas que estades traballando nas tendas de abastecemento, no pequeño comercio, ao persoal de seguridade, de Correos, quioscos, estancos, repartidores…. Un enorme grazas. Fuchedes, sodes e seredes unha parte enorme do sustento da nosa sociedade. E imos colaborar con vós para frear isto.

Grazas a todas e todos pola vosa inestimable colaboración. Polos vosos xestos. Pola vosa actitude, que sempre foi exemplar.

Farémoslle fronte ao coronavirus. Unid@s. E superaremos isto.

Walter Pardo,

Alcalde de Malpica de Bergantiños.