Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

3Xan 2023

Inaugurada a exposición das imaxes gañadoras do “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios”

A mostra poderase visitar no Centro Cívico de Malpica ata o vindeiro 15

de xaneiro

A exposición “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios” xa se pode
visitar logo de que esta tarde quedase inaugurada.
No acto estivo presente o Alcalde Malpica, Eduardo Parga Veiga, Noelia
Freijeiro, concelleira de Cultura, Miguel Ángel Fernández, concelleiro de
Obras e o promotor da exposición Pedro Tasende. Eduardo Parga
agradeceu a xentileza do autor “por achegarnos esta exposición que é
unha das múltiples actividades que se veñen desenvolvendo dende o
proxecto Rimartes co obxecto de promover o turismo sostible e poñer
en valor o enorme patrimonio subacuático da Costa Galega dende
Bergondo ata a Ría de Muros-Noia”.
A exposición, conformada por 20 obras, son unha selección de imaxes
que nos lembran o vínculo dos naufraxios con enclaves naturais,
construcións civís, áncoras ou faros; unha exposición que pon en valor o
enorme patrimonio subacuático da nosa costa e que se poderá ver ata o
15 de xaneiro.

14Dec 2022

O Concello de Malpica presenta a programación para este Nadal 2022

O Concello de Malpica, en colaboración con numerosas entidades, xa ten conformado o programa completo de actividades para este Nadal. Un programa que xa dou comenzo o pasado seis de decembro, e estenderase ata o 14 de xaneiro.
Haberá artesanía, deporte, exposicións, contacontos, música, visitas especiais, festas, exhibicións, obradoiros, cine, espectáculos, xogos,
campamentos e moito máis como o baile de Fin de Ano, no Auditorio do Centro Cívico, a partir das 23. 45, con uvas, cava, cotillón e a actuación do Trío Ronsel.
Algunhas requiren de previa inscrición a través dos departamentos de Cultura e Deportes ou das canles das propias entidades que colaboran.

Do 19  de novembro ao 17 de decembro

Concurso de Debuxo de Nadal

Os debuxos deberán ter unha temática relacionada coa música tradicional, o Nadal ou a natureza.

Deberán ser entregados no Buzón do Centro Sociocultural das Pozacas os venres ou os sábados, ate o día 17 de decembro.

Organiza: AC Raigañas

Do 28  de novembro ao 5 de decembro

Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal

  • Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo dos materiais gráficos de difusión das actividades de nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra como motivo do saúda de nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra nos saúdas dixitais de Nadal
  • Premio: lote de libros e publicación da obra na pantalla dixital

Colaboran: CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero e CRA A Nosa Señora do Faro e IES Urbano Lugrís

A partir do 6 de decembro

Exposición de Belén de Amigurumis, de Marta Rojo Amigo no Fogar do Pensionista da Casa do Pescador de Malpica

Organiza: Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar

Día 10 ao 30 de decembro

Exposición fotográfica “Mar de Ardora” de Ana García, no Espazo Expositivo do Centro Cívico

Sábado 10, ás 19.30 inauguración e presentación do proxecto “Mar de Ardora”

A partir do 12 de decembro

Obradoiro de decoración de galletas de Nadal

Na Casa da Cultura de Seaia de 16.30 a 18.30

Organiza: ACD Carcaxía

Día 14 de decembro (mércores)

Entrega dos premios do  Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal e presentación do cartel da programación de Nadal

Colaboran: CEIP Milladoiro, CEIP Joaquín Rodríguez Otero, IES Urbano Lugrís, CRA A Nosa Señora do Faro (Escolas de Barizo e Mens)

Día 16 de Nadal (venres)

Exhibición de Patinaxe da EMEF e o Club Patín Velúa

No Pavillón Polideportivo Municipal, ás 18.30

18 de decembro (domingo)

Mercadiño de Artesanía e II  Foliada de Cantos de Nadal

Na rúa Eduardo Vila Fano,

Ás 10.00 Apertura

Ás 12.00 representación do Apalpador e os Monifates

Ás 17.00 actuación do Mago Charlangas

Ás 19.00 II Foliada de Cantos de Nadal (AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante)

19 de decembro (domingo)

 Colocación Buzón Real na Praza Anselmo Villar Amigo.

Día 20 de decembro (martes)

Visita dos Reis Magos ao CEIP Milladoiro

 Organiza: ANPA Ventorrillo

Test de control de marcas de Atletismo

No Pavillón Polideportivo Municipal, ás 16.00. Para rapazada de 6 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 19 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 720 001 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Día 21 de decembro (mércores)

Visita do Carteiro Real aos centros de ensino do Concello de Malpica:

10.00 visita ao CEIP J.R.O.

11.00 visita á Galiña Azul de Cerqueda

11.30 visita á Escola Unitaria de Mens

12.00 visita á Escola Unitaria de Barizo

Día 22 de decembro (xoves)

Contacontos: O Axudante de Papá Noel de MOC MOC

No Mercado Municipal, ás 17.00

Día 23 de decembro (venres):

Obradoiro de adornos de Nadal

Na Aula da Arte do Centro Cívico:

De 10.00 a 12.00 para nenos de 8 a 12 anos

De 12.00 a 14.00 para nenos de 4 a 7 anos

Inscricións de balde, ata o 20 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Obradoiro de adornos de Nadal

No Mercado Municipal de 17.00 a 19.00. Inscricións, ata o 20 de decembro no teléfono: 616 753 103

Organiza: AC Malante

Partidos Solidarios e Recollida de Xoguetes

No campo de fútbol de Xaviña, durante a tarde

Organiza: UD Cerqueda

Día 24 de decembro (sábado)

Día da Convivencia das 10.30 ás 13.30 no Centro Sociocultural das Pozacas

Organiza: A.C. Raigañas

Papa Noel recibirá ás crianzas a partir das 17.30 na Fonte de Anselmo Villar Amigo

Organiza: A.C. Malante

Día 26 de Nadal (luns)

Festa infantil con inchables en Buño

De 17.00 a 20.00 no Pavillón do CEIP J.R.O.

Colabora: ANPA Xaviña

Días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, 2, 3, 4 e 5 de xaneiro

Campamento de Nadal en Seaia

Na Casa da Cultura de Seaia de 9.00 a 14.00. Destinado a crianzas a partir de 4 anos. Prazas limitadas. Inscricións: 657 919 272. Prezo: Socios 70,00 €, Non socios 80,00 €

Organiza: A.C.D. Carcaxía

Campamento de Nadal en Buño

Nas Escolas Vellas (CEIP JRO) de 10.00 a 13.30. Destinado a crianzas a partir de 3 anos

Organiza: ANPA Xaviña

Días 26 e 28 de decembro e 3 de xaneiro  

Origami Nadal: A arte da Papiroflexia

De 11.00 a 13.00 no Auditorio do Centro Cívico, para rapazada de 6 anos en adiante. Custe: 10,00 €. Inscricións, ata o 23 de decembro nos teléfonos: 603 741 747 e 697 993 182 e no enderezo electrónico salitremalpica@gmail.com

Organiza: ACD Salitre Colabora: ANPA Ventorrillo

Día 27 de decembro (martes)

Taller de Robótica e Tecnoloxía

Na Biblioteca do Centro Cívico Malpica. De 16.30 a 18.00 para nenas/os de 4 a 7 anos e de 18.00 a 19.30 para nenas/os de 8 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 23 de decembro no departamento de cultura, no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Día 27 e 29 de decembro (martes e xoves)

Clinic de Volei

No Pavillón de Polideportivo Municipal, de 10.30 a 13.30. Para rapazada a partir de 10 anos

Inscricións de balde, ata o 23 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 720 001 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Día 28 de decembro (mércores)

Obradoiro de Barro

Na Casa do Oleiro, das 17.00 ás 19.00. Para crianzas a partir de 5 anos

Inscricións de balde, ata o 23 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Día 29 de decembro (xoves)

Contacontos especial de Nadal en Buño

Nas Escolas Vellas CEIP JRO, ás 17.00

Organiza: ANPA Xaviña

Día 30 de Nadal (venres)

Torneo de Tenis de Mesa

No Pavillón Polideportivo Municipal, das 16.30 ás 18.30. Para rapazada a partir de 10 anos

Inscricións de balde, ata o 27 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 720 001 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Danzas Urbanas e Dj

No Auditorio do Centro Cívico, de 19.00 a 21.00

Grupo I : para maiores de 10 anos

         Grupo II: para maiores de 14 anos

Inscricións de balde, ata o 27 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 720 001 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Día 31 de decembro (sábado)

V San Silvestre Malpicana

Prezo: 2,00 €. Requisito: imprescindible ir disfrazado. Percorrido: Senior: Fonte – San Hadrián – Fonte (7 Km), Infantil: rúas de Malpica (500 m)

Inscricións do 4 ao 26 de decembro nos whatsapps: 620 927 729 e 620 661 699

Organiza: ACD Mallas de Area  (Comisión de Festas) e AC Malante

Baile de Fin de Ano

No Auditorio do Centro Cívico, a partir das 23.45. Uvas, cava e cotillón, coa actuación do Trío Rosel

Organiza: Concellería de Servicios Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería

Día 2 de xaneiro (luns)

Obradoiro de Redeiras en Buño

Escolas Vellas CEIP JRO, de 16.30 a 18.00. Para nenas/os de 3 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 30 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 707 104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital

Día 2 ao 15 de xaneiro

Exposición fotográfica “I Certame Rimartes de foto sub en pecios

No Espazo Expositivo do Centro Cívico. Inauguración o luns, día 2, ás 19.00

Día 3 de xaneiro (martes)

Festa infantil con inchables en Malpica

No Pavillón Polideportivo Municipal, de 17.00 a 20.00

Colabora: ANPA Ventorrillo

Día 4 de xaneiro (mércores)

Torneo Fútbol 3X3

No Pavillón Polideportivo Municipal, de 10.30 a 13.30. Para rapazada a partir de 7 anos

Inscricións de balde, ata o 2 de xaneiro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981 720 001 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Obradoiro de redeiras en Malpica

No Centro Cívico de Malpica, de 16.30 a 18.00. Para nenas/os de 3 a 12 anos

Inscricións de balde, ata o 30 de decembro no rexistro xeral do concello, información no teléfono 981707104 ou no correo electrónico auditoriodemalpica@gmail.com

Colabora: Asociación Profesional de Redeiras O Fieital

Día 5 de xaneiro (xoves).

Os Reis Magos de Oriente chegarán a :

Buño, ás 17.30, parada no Teleclube

Malpica, ás 19.00

Organiza: Concello de Malpica de Bergantiños

Colaboran: ANPA Ventorrillo, AC Malante, AC Raigañas, ACD Carcaxía, Club Patín Velúa, Asoc. Veciñal Río de San Antonio, Asociación de Veteranos de Leiloio, Buño SCD.  e Sporting Seaia

Leiloio, a partir das 18.30. Saída da Feira Nova, percorrendo todos os lugares da parroquia

Organiza: A.C. A Feira

Día 6 de xaneiro (venres)

Os Reis Magos de Oriente chegarán a:

Cambre, ás 10.00 no campo da festa

Cerqueda, ás 10.30 no campo da festa

Santiso, ás 11.00 no campo da festa

Mens, ás 11.30 no campo da festa

Barizo, ás 12.00 no campo da festa

Beo, ás 12.30 na estrada xeral no cruce para a praia de Beo

Seaia, ás 13.45 no campo da festa

  Ás 18.00 Inchables no campo da festa de Seaia

Colabora: ACD San Xulián

Día 7 de xaneiro (sábado)

Presentación da publicación Misterios e encantos de Bergantiños. O ouro soñado e outras quimeras de Juan Felix Neira Pérez

Na igrexa de Mens, ás 19.00

Día 14 de xaneiro (sábado)

Presentación dos Camiños de Santiago no Concello de Malpica.  A Vía Céltica

No Auditorio do Centro Cívico, ás 19.30

Colaboran: Logotipo da Deputación Provincial de A Coruña, Logotipo da Xunta de Galicia, Logotipo da Rede de Dinamización Lingüísitca, ANPA Ventorrillo, ANPA Xaviña, Asociación Cultural Malante, Asociación Cultural Raigañas, Asociación Cultural Carcaxía, Asociación Cultural e Deportiva San Xulián, A.C.D. Salitre, A. C. A Feira, Asociación Veciñal Río de San Antonio, CEIP Milladoiro,  CEIP JRO, IES Urbano Lugrís, CRA Nosa Señora  do Faro, A Galiña Azul de Aldeola, Asociación Profesional de Redeiras O Fieital, Asociación de Veteranos de Leiloio, Buño SCD, Sporting Seaia, UD Cerqueda e Rakelua coiro

30Nov 2022

Aberto o prazo para solicitar as axudas ás entidades culturais sen ánimo de lucro, ás entidades deportivas e ao fomento do deporte individual para o ano 2022.

No caso das entidades culturais, as subvencións están dirixidas a aquelas entidades tanto culturais como educativas sen ánimo de lucro dirixidas á formación e á promoción no campo de actividades como a música, a danza, o teatro e a maxia; tamén ás que están vinculadas coa literatura, a fotografía, o cine, as creación audiovisuais, a promoción da lingua galega…

Para poder beneficiarse delas deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións ou ter solicitada a súa inscrición e, ademais, non serán subvencionadas se xa recibiron algún outro tipo de axuda do Concello de Malpica.

O importe global das axudas é de 20.000€ e o prazo para solicitas as bonificacións remata en 15 días.

No referido ás axudas ao fomento do deporte individual, o prazo para pedilas remata en 10 días e a cantidade total máxima das subvencións convocadas é de 5.000 €.

Para poder beneficiarse dela é necesario estar rexistrado no Concello de Malpica cun mínimo de dous anos consecutivos de experiencia no momento da solicitude. Ademais, a persoa solicitante debe competir durante ese mesmo ano en probas ou eventos deportivos de importancia rexional, nacional ou internacional, entre outros requisitos. Ademais, ao igual que coas axudas ás entidades culturais, a persoa solicitante quedará excluída da convocatoria se xa recibiu outras axudas por parte do Concello de Malpica.

Por último, no caso das subvencións para o fomento das actividades deportivas das entidades deportivas do ano 2022, poderán recibilas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, asociacións de ámbito local con personalidade xurídica propia, asociación que desenvolvan as súas actividades no termo municipal…

Subvencionaranse os gastos derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores da entidade… entre outros.

O prazo para poder solicitalas remata en 10 días e a cantidade percibida non poderá ser superior ao 80% do presuposto de gastos. O importe global para as subvención será de 20.000€.

Calquera dos tres tipos de axudas pódense solicitar a través do Rexistro Electrónico do Concello de Malpica: https://sede.malpicadebergantinos.es/gl/index.html

27Nov 2022

«Feminíssimas», a comedia feminista que arrasou en Malpica

O público gozou coa representación das actrices: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que interpretaron 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde de onte, sábado 26 de novembro, a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo .

O vindeiro venres, 2 de decembro,  (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra “Amantis”. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.  

9Nov 2022

Un vertido no río obriga a bailerar e a limpar os depósitos de Pedra Queimada e as Papeiras

O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nas vindeiras 24 horas.

Varios veciños alertaron de malos cheiros no abastecemento da auga municipal, esta mañá, ao Concello de Malpica, polo que desde o consistorio tomáronse as medidas para comprobar a que era debido.

O concello xunto cos traballadores municipais e coa empresa xestora da agua municipal procedeuse a revisar os sistemas tanto os depósitos como a captación da auga detectando que o mal cheiro estaba nos depósitos de Pedra Queimada e das Papeiras, polo que os técnicos chegaron á conclusión de que debeu ser unha vertedura no río.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, procedeu a avisar a Augas de Galicia, a chamar ao 112 e a realizar a pertinente denuncia ao Seprona que xa está a realizar as investigacións pertinentes par determinar a orixe da vertedura. O depósito de Pedra Queimada vaise baleirar para proceder a súa limpeza esta tarde e mañá pola mañá será a quenda do depósito das Papeiras. O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nestas 24 horas.

5Out 2022

O Concello de Malpica visibiliza nunha exposición o traballo das mulleres na pesca

A mostra inaugúrase mañá e poderase visitar ata o 20 de outubro

A exposición “As mulleres na pesca: traballo invisible pero esencial” poderase visitar no Centro Cívico Cultural de Malpica a partir de mañá. Trátase dunha mostra impulsada pola Xunta de Galicia e a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (ANMUPESCA) dentro do marco do ano Xacobeo 21-22. Un dos obxectivos desta iniciativa é darlle visibilidade ás mulleres que traballan no mar e amosar o importante papel que desempeñan neste mundo no que ás veces parece que non existen.
A inauguración da exposición terá lugar mañá ás 19:30h no Centro Cívico Cultural de Malpica e estará aberta ao público ata o vindeiro 20 de outubro.

5Out 2022

O V Torneo Concello Malpica e IV Memorial Ángel Rubio repartirá 800 euros en premios

O prazo para inscribirse nesta competición de xadrez permanecerá aberto ata o venres.

Os amantes do xadrez teñen unha cita en Malpica o próximo sábado 8 de outubro. O Pavillón Municipal da vila acollerá ás 16.00h o V Torneo Concello Malpica (IV Memorial Ángel rubio) organizado polo Club Xadrez Arteixo en colaboración coa Deputación da Coruña, a Olería de Buño e Frutas Fondo S.L.

O Concello de Malpica patrocina este evento deportivo que será válido para o IV Circuíto Intercomarcal de xadrez rápido Deputación da Coruña e tamén para o ELO FIDE de xadrez rápido.

Segundo o número de xogadores que participen haberá entre 7 e 8 rondas de 10 minutos cada unha e un incremento de 3” por cada xogada. En total repartiranse uns 800€ en premios. Poden obter máis información sobre as bases do torneo na web pokeryajedrez.com.

Aquelas persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 617 23 43 93 ou enviando un correo electrónico a pokeryajedrez@gmail.com. O prazo para solicitar praza remata o venres 7 de outubro.

17Set 2022

O Concello de Malpica saca a licitación o contrato para suministrar o Centro de Día de mobiliaario

O contrato terá un valor de 30.220,56€

O Concello de Malpica vai equipar o Centro de Día cunha sala de curas, unha sala de rehabilitación, unha sala polivalente, unha recepción, despachos, comedor e outros mobles.
Para iso, sacou a licitación un contrato para o suministro de mobiliario e equipamento por un valor de 30.220,56€ (IVE incluído). O prazo de entrega será de dous meses a partir do día da firma do contrato.

Página 4 de 14« Primera...23456...10...Última »