Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 15°
10°
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

20Abr 2023

O Concello de Malpica celebra o 29 de abril o Día do Ritmo

Deportistas das escolas municipais de ximnasia rítmica e patinaxe participarán no día do ritmo en Malpica o vindeiro 28 de abril ás 18.00 horas.

Un evento organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Malpica no que participan nenos e nenas dos concellos de Laxe, Ponteceso e Cabana Os patinadores e patinadoras do club Patín Velúa demostrarán a súa destreza neste fermoso deporte.

Dende o consistorio invitamos a todas as persoas a achegarse a animar aos nosos deportistas.

18Mar 2023

Gran acollida da presentación do libro “ Las diez mil hijas de Irene. Cien años de fútbol femenino en Galicia”

O Centro Cívico de Malpica foi escenario da presentación do libro do periodista Alex Centeno. Ao acto acudiu o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro, Miguel Ángel Mirás, e a concelleira de Deportes Noelia Freijeiro impulsora da realización do evento.
Ante un auditorio moi concorrido, no que estaban numerosas xogadoras dos equipos femininos de Malpica, o periodista Alex Centeno, autor do libro, fixo una extensa explicación sobre o mesmo e respondeu as preguntas das xogadoras e do público.
María Bardanca, técnica de deportes do Concello, e xogadora de fútbol referente a nivel galego, foi unha das condutoras do evento e tamén quixo compartir a súa experiencia no mundo do deporte.
Ao finalizar a presentación Alex Centeno firmou numerosos exemplares do seu libro.
O evento foi presentado por J.M. Ferreiro.

17Mar 2023

A solidaridade sae de andaina contra o cancro en Malpica

A Asociación Española contra o Cancro de Malpica e a concellería de Cultura, Deportes e Patrimonio organizan a andaina solidaria “En marcha contra o cancro”, que se desenvolverá este domingo 16 de abril.
Os interesados poden inscribirse nesta iniciativa solidaria que partirá ás 10.30 horas da Praia Area Maior de Malpica para logo realizar o percorrido ata a ermida de San Hadrián.
Unha convocatoria para todas as idades, cun custe de 5 euros para os maiores de 12 anos e 3 euros para nenos e nenas ata os 12 anos.

As persoas que non poidan vir e queiran colaborar poden adquirir o dorsal solinario na web da Asociación do Cancro.

Inscricións
As persoas interesadas en participar e colaborar con esta causa poden apuntarse nos seguintes puntos presenciais:

  • Leiloio: Mª Carmen do Vilar
  • Buño: Casa de Lexi do Correo.
  • Cambre: Rosa María.
  • Cerqueda: U.D. Cerqueda.
  • Malpica: Jofra, Peluquería Ana Ures e Peluquería Cristal, Peluquería Marta, Oficina de Reale Seguros Santi Abelenda e no Centro de Beleza Alverixa.
    Ademais poden contactar telefonicamente co Concello no 981.720.001; con Carmen Teresa no 625.117.730; con Ma José Veiga no 628.094.299, e con Ma José Prieto no 686983670.
15Mar 2023

I XUNTANZA DE MAIORES

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica organiza a “I Xuntanza de Maiores”O evento levarase a cabo o 1 de abril no CEIP Milladoiro e constará dunha comida con música en directo amenizada polo Dúo Marineda. As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280 dende o 20 ao 29 de marzo ou ata completar aforo

14Mar 2023

Chegan a Malpica os xogos do Paporrubio

O vindeiro sábado 8 de abril a área recreativa do Río Vaa acolle unha actividade de diversión en familia coma son os xogos do Paporrubio.

Unha xornada de música, xogos e moita diversión dende as 16.30 ata as 19.00 horas.

Os xogos do Paporrubio son un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. O noso paporrubio, calzado cuns zoquiños, guía a nenos e maiores por unha eira chea de xogos. Os participantes nesta aventura terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes. A pretensión é facerlle accesible, a través da diversión en familia, unha cultura agraria que de por si adoita fascinar e marabillar.

5Feb 2023

O Concello de Malpica inicia melloras en diversas parroquias da vila

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, asinou o acto de replánteo de varias obras que se van a executar no Concello financiadas co remanente de tesourería. Mellorarase a capa de rodadura nos camiños no lugar LUG- Pedreiriña cun investimento de 32.500 euros. Tamén se realizarán obras na parroquia de Leiloio que consisten na mellora da pavimentación da Predrosa á A Trémoa e a ampliación do saneamento no Vilar, por un costo de 42.600 euros. O Camiño de Pernes será mellorado cunha capa de rodadura, por un importe de 43.600 euros. Tamén se mellorarán os camiños en Bicerrán, na parroquia de Cerqueda, cun investimento de 48.000 euros.Todas as obras, que ascenden a un importe total de 166.700 euros, foron asignadas a Dámaso Ferreiro e Hijos.

13Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá un curso de autodefensa para mulleres en situacións violentas

A Concellería de Igualdade do Concello de Malpica organiza un curso de “AUTO DEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS”, que se desenvolverá os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, no Centro Cívico. Os especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado serán os encargados en impartilo.

O curso realizarase de entre ás 16:30 a 20:30 horas ambas xornadas. As persoas interesadas en realizar estas actividade poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280

9Xan 2023

O Centro Cívico de Malpica acollerá a presentación de Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica.

O evento levarase a cabo do vindeiro 14 de xaneiro ás 19.30 horas

O Concello de Malpica conta con tres itinerarios dos camiños de Santiago desde os portos da comarca de Bergantiños: o que parte desde a propia vila de Malpica en dirección a Buño; o que parte de Caión confluíndo co anterior en Buño; e o que parte de Barizo confluíndo en Ponte Dona cos dous anteriores, continuando por Castriz e Carboeiro ata Portomouro e Santiago. Para por en valor o rico acervo histórico que representan estes camiños así como as súas potencialidades para a integración e desenvolvemento da economía municipal, a Concellería de Patrimonio que dirixe Noelia Freijeiro, organiza a presentación de “Os Camiños de Santiago no Concello de Malpica, que se levará a cabo o vindeiro sábado 14 de xaneiro, ás 19.30 horas no Centro Cívico de Malpica.

Página 3 de 1412345...10...Última »