Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Uncategorized

Uncategorized

26Out 2023

O Concello de Malpica segue apostando pola reciclaxe

Estamos emocionados de anunciar o noso programa de compostaxe doméstica para promover un entorno mais saudable no noso concello. Queremos invitar a todos os veciños e veciñas a unirse a esta iniciativa.

En que consiste? Imos entregar un total de 50 composteiros ás persoas interesadas. Con isto, poderedes reciclar os residuos orgánicos dunha forma ecolóxica e contribuír a preservación do noso entorno.

Se queres ser parte de este proxecto e recibir o teu composteiro,a partir de hoxe xa podes pasarte polo concello para solicitar o formulario ou descargalo dende a paxina web do concello e devolvelo debidamente cuberto nas nosas oficinas ou no seguinte enderezo correo@malpicadebergantinos.com.
Dado que o número de participantes e limitado, as prazas asígnase por orde de inscrición, quedando o resto dos interesado/as anotado/as para unha seguinte fase do programa
Este programa leva aparellada unha xornada de formación de aproximadamente 1 hora. Ó remate da mesma farase entrega dos composteiros e de un manual didáctico
Únete a nosa iniciativa , xuntos podemos marcar a diferencia no noso entorno.

¡Coidemos do noso concello e fagamos de Malpica un lugar mais verde e limpo!

11Set 2023

O Concello de Malpica publica a oferta de actividades das Escolas Culturais para o curso 2023-2024

Este curso 2023/2024 haberá actividades para todas as idades en Malpica.

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza poden acudir as oficinas xerais do Concello de Malpica ou chamar ao 676204681 en horario de 09.00h a 14.00h

Animación Teatral de outubro a maio

BUNO (CEIP J.R.O.) Inicio 5 outubroXoves: De 16.00 a 17.00 (6 – 12 anos)

MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 5 outubroXoves: De 17.30 a 18.30 (4 – 8 anos)De 18.30 a 19.30 (9-12 anos)De 19.30 a 20.30 (+ 13 anos)

Arte de outubro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 2 outubro

Luns: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)

MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 3 outubro

Martes: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)De 18.00 a 19.00 +13 anos)

Robótica

De xaneiro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 10 xaneiro

Mércores: De 16.00 a 17.00 (4 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 10 xaneiro

Mércores: De 18.30 a 19.30 (4 – 6 anos)De 19.30 a 20.30 (7 – 12 anos)

Coiro de xaneiro a maio MALPICA (CENTRO CÍVICO). Inicio 11 xaneiro (+15 anos)

Xoves: de 17.30 a 19.00 (Iniciación) e de 19.00 a 20.30 (Nivel medio)

*Máximo de prazas por grupo:15 (Agás Robótica: 12) Mínimo de inscricións por grupo:10En caso de non acadarse o mínimo por grupo poderán fusionarse os grupos ou suspender a actividade.

O prazo abre mañá 12 de setembro.

Descarga aquí os formularios de inscripción

7Set 2023

O 10 e o 17 se setembro volven as visitas guiadas con Suso Martínez

As visitas guiadas de Suso Martínez estan tendo este verán moi boa acollida.

O domingo o intérprete Suso Martínez realizou un entretido paseo guiado pola vila, no que fixo unhas interesantes explicacións historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas que marabillaron aos asistentes. Lembra que podes volver a desfrutar desta actividade nas seguintes datas:

-Domingo: 10 de setembro ás 19:00 h.

-Domingo: 17 de setembro ás 19:00 h.

A saída será dende a oficina de turismo e terá unha duración de 1 horas e media. As prazas son limitadas a 30 persoas así que inscribirte chamando ó 981 72 03 18 – 981 72 03 19 ou auxiliarmalpica@gmail.com

25Ago 2023

O Concello de Malpica clausurou onte o Torneo de Fútbol Praia

Onte celebráronse as finais do Torneo de Fútbol Praia no que participaron 80 nenos e nenas durante o mes de agosto.

Depois de un mes de intensos encontros a clasificación final quedou así:

FINAL 1ª MAIORES​ ULTIMATE MALPICA & CADIZ (5 – 3) GAÑADORES UTLTIMATE MALPICA

FINAL 1ª PEQUES PIRRIPIRRI & LAS PALMAS (0 – 0) Na quenda de penaltis gañaron os PIRRIPIRRI.

FINAL 2ª MAIORES​ ESPETEROS & ELÉCTRICOS (0-0) Na quenda de penaltis gañou ELÉCTRICOS.

FINAL 2ª PEQUES​ ELÉCTRICOS JR & ALLHILAL (2-1) GAÑADORES OS ELECTRICOS JR.

FINAL 3ª MAIORES​ RAYO MALPICA – CONGUITOS (2 – 2). Na quenda de penaltis gañou RAYO MALPICA.

Unha vez coñecidos os resultados dos encontros o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro e Miguel Ángel Fernández Miras, concelleiro de Seguridade Cidadá, entregaron as medallas os campións das diferentes categorías.

10Ago 2023

O Concello de Malpica organiza o “Malpica Verán Rock” o sábado 12 de agosto

A Concellaría de Turismo e Festexos de Malpica ten preparado para este sábado, 12 de agosto, o Malpica Verán Rock. Os concertos comezarán ás 22.00 horas na Praza Villar Amigo  e  forman o cartel as agrupacións Ambigüo, Tálesien, The Cerne Revilval  Band e Versión.

O evento musical, de acceso gratuíto, busca ofrecer a oportunidade de desfrutar da boa música rock que tan boa acollida ten sempre en Malpica.

3Ago 2023

O Concello de Malpica sinaliza con pezas de olería a Vía Céltica

Dende o Concello de Malpica séguese a traballar para potenciar as diferentes rutas do municipio.

Neste caso, o itinerario da Vía Céltica, foi sinalizado os pasados días con setenta pezas feitas en barro. Algunhas delas foron substraídas durante o día de onte polo que, tanto dende concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deportes como o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, piden a cidadanía que respecte as placas de sinalización da ruta que son fundamentais para poder guiar aos viaxeiros que queiran realizala.

Na seguinte ligazón podes ver o itinerario:

3Ago 2023

Volven a Malpica os paseos teatralizados con Suso Martínez

Volven a Malpica os paseos teatralizados con Suso Martínez, historiador, guía e actor, que nos sumerxerá nas historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas. Dende a concellería de Turismo do Concello de Malpica animamos a todo o mundo a participar nestes paseos teatralizadosToma boa nota dos días:

Domingo: 13 agosto ás 12:00 h.

Domingo: 27 agosto ás 12:00 h.

Domingo: 3 de setembro ás 19:00 h.

Domingo: 10 de setembro ás 19:00 h.

Domingo: 17 de setembro ás 19:00 h.

A saída será dende a oficina de turismo e terá unha duración de 1 horas e media. As prazas son limitadas a 30 persoas así que inscribirte chamando ó 981 72 03 18 – 981 72 03 19 ou auxiliarmalpica@gmail.com

29Xul 2023

Inaugurada en Malpica a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas

Botou a andar en Malpica a exposición fotográfica ” Na beira do mar das Sisargas”. Sita no Centro Cívico e Cultural de Malpica foi inaugurada onte, polo alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura e a que tamén asistiu Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras. O rexedor explicou que, pasaron máis de vinte anos, dende que Peter arribara polas terras de Malpica, e dende entón xa foron moitos os proxectos expositivos que leva desenvolvido: entre eles, non se pode deixar de citar: O País dos Mil Castros, Tempo Escuro, Otra Mirada, En Silencio-Viaxando, A Carón do Mar. Ademais, Parga sinalou que, “Peter Schneider é un creador coñecido en Malpica de Bergantiños, pero non por iso deixa de sorprender con cada un dos seus traballos” e finalizou a súa intervención convidando a todo o mundo a visitar a mostra fotográfica.

Unha vintena de persoas acudiron ó acto no que o autor da exposición, Peter Schneider, fixo unha explicación das obras expostas. Sen dúbida é unha boa ocasión para gozar desta marabillosas fotografías realizadas na nosa Vila.

27Xul 2023

A 50 edición da Regata Rías Altas chega hoxe a Malpica

Con saída e chegada da Coruña irá ata Malpica, Ares e Cedeira

Cunhas 100 millas de percorrido este xoves arrinca a 50 edición da regata Rías Altas, que organiza o Náutico coruñés e que é a máis emblemática das competicións náuticas do noroeste español, valedoira ademais para o Campionato nacional de Cruceiros de altura. Ao longo de catro xornadas, de xoves a domingo, os barcos realizarán as etapas A Coruña-Malpica, Malpica-Ares, Ares-Cedeira e Cedeira-A Coruña. Igualmente dispútase o Trofeo Prior que consta de dúas mangas. Nesta proba da Rías Altas colaboran co Náutico coruñés os Concellos de Malpica e de Cedeira, así como a Náutico Ría de Ares, Cabreiroá e Gadis, a Real Federación Española de Vela e a Real Federación Galega de Vela. Ao final de cada etapa terá lugar a entrega de premios aos primeiros clasificados. Nesta edición repite participación o “Golfiño”, un dos gañadores do pasado ano, esta vez patroneado por Prisca Naya (Náutico Ría de Ares). Pero entre outros barcos estará o “Xitana 35” de Jose Antonio Quintero, do Club do Mar de San Amaro; o “Nostromo” de Enrique Tostado (Náutico de Sada), “A María” de Miguel Fernández, do Náutico de Cabanas e un nutrido grupo de cruceiros do club organizador, entre outros o “Impredión 3D Atlántico” de Guillermo Blanco, o “Quo Vadis” de Alvaro Martínez ou o “Carpancho V” de Jaime Araújo.

OS VENCEDORES DA PASADA EDICIÓN

Cunha alta participación de Cruceiros tanto do norte como do sur de Galicia celebrouse a pasada edición na que o “Mirfak”, de Diego López (Liga Naval de Ferrol) adxudicouse o triunfo na xeral e na categoría ORC-1. En ORC-2 o triunfo foi para o “Bon III”, de Víctor Carrión (Punta Lagoa-Vigo), mentres que na categoría máis pequena, a Orc-3 o gañador foi o “Golfiño” de José Naya, da Náutico Ría de Ares.

Página 2 de 1412345...10...Última »