Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Cultura

Cultura

18Nov 2023

Os asistentes á Mostra de Teatro de Malpica gozaron coa obra Pedro e o Lobo

A compañía Fantoches Baj da man dos/as intérpretes Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias e Inacio Vilariño, fixo as delicias de todos/as os/as asistentes que gozaron da obra adaptada ‘Pedro e o Lobo’.

Larraitz Urruzola, Luchi Iglesias e Inacio Vilariño cativaron a un público nesta experiencia teatral única, enchendo o aforo.

Próxima cita

A programación continuará a vindeira semana o venres, no espazo e horario habituais

(Centro Cívico, 20.30 horas), con “Ninja”, de Ghazafelhos. A obra ten unha duración de 50 minutos e está  dirixida a un público maior de 5 anos. A entrada é de balde.

Sinopse da obra:

A Tori encántalle a cultura oriental, o karate, o Kung fu, o jiu-jitsu. O seu soño é ser unha Ninja. Tori descobre que no seu colexio hai moitas nenas e nenos que queren ser invisíbeis. Coa axuda do seu veciño o señor Edelmiro, Tori conseguirá que os nenos e as nenas se fagan visibles e cambiar así as tornas na escola. Ninja é unha obra que aborda o acoso nas escolas a través dunha historia divertida e chea de reflexións sobre a tolerancia, o respecto e a diversidade.

As persoas que desexen máis información poden dirixirse ao Departamento de Educación e Cultura en horario de 9:30h a 14:00h ou chamar ao 981 707 104.

29Xul 2023

Inaugurada en Malpica a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas

Botou a andar en Malpica a exposición fotográfica ” Na beira do mar das Sisargas”. Sita no Centro Cívico e Cultural de Malpica foi inaugurada onte, polo alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura e a que tamén asistiu Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras. O rexedor explicou que, pasaron máis de vinte anos, dende que Peter arribara polas terras de Malpica, e dende entón xa foron moitos os proxectos expositivos que leva desenvolvido: entre eles, non se pode deixar de citar: O País dos Mil Castros, Tempo Escuro, Otra Mirada, En Silencio-Viaxando, A Carón do Mar. Ademais, Parga sinalou que, “Peter Schneider é un creador coñecido en Malpica de Bergantiños, pero non por iso deixa de sorprender con cada un dos seus traballos” e finalizou a súa intervención convidando a todo o mundo a visitar a mostra fotográfica.

Unha vintena de persoas acudiron ó acto no que o autor da exposición, Peter Schneider, fixo unha explicación das obras expostas. Sen dúbida é unha boa ocasión para gozar desta marabillosas fotografías realizadas na nosa Vila.

5Xul 2023

A Casa do Pescador de Malpica acolle o vindeiro sábado a presentación da obra ilustrada “A miña cadeliña”

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes organiza para o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20.00 horas, na Casa do Pescador de #Malpica a presentación da obra ilustrada “A miña cadeliña” da ilustradora, Estefanía Padullés.

Sinopse

Cando Antía cumpriu 7 anos, o seu avó Manu regaloulle unha cadeliña preciosa á que a meniña decidiu poñerlle o nome de Pinta.Vivían moi felices xuntas, paseaban co avó Manu polo monte, rían e enredaban sen ningunha preocupación… ata que un día as cousas se complicaron e un incendio arrasou a aldea na que vivían. É nese momento, cando Antía e Pinta demostran o valentes que son e tamén o moito que se queren.Unha historia na que o avó Manu, Antía e Pinta nos ensinan a amar a natureza e a defendela con todas as nosas forzas.

29Mai 2023

María Rei Vilas visitará a Biblioteca Municipal de Malpica

Mañá, martes 30 de maio ás 18.00 horas temos un encontro coa escritora María Rei Vilas, gañadora do premio Manuel Barros de narrativa 2020 e premio literario San Clemente Rosalía-Abanca, na Biblioteca Municipal de Malpica.

O evento, englobado dentro da programación “Malpica nun Mar de Letras”, é de entrada libre e invitamos é veciñanza a gozar desta actividade organizada pola Biblioteca Manuel María – IES Urbano Lugrís Anpa Orxeira en colaboración coa Concellería de Cultura da nosa vila

14Out 2022

Xosé Iglesias presenta o seu terceiro poemario, en Malpica

Hoxe, venres 14 de outubro ás 20 horas, o Cornecho de Tano acolle unha cita literaria que non te podes perder.

O escritor e mariñeiro Xosé Iglesias presenta o seu terceiro poemario “Atlántico Norte, chamádeme Ismael”.

O evento, organizado pola asociación Caldeirón, conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Malpica.

21Set 2022

Chega a Malpica, Tardes na Biblioteca, que introducirá aos máis pequenos no mundo dos libros.

Ata o 14 de outubro, todos os venres haberá unha sesión relacionada coa lectura

A Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes de Malpica en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Ler Conta Moito, organizan a iniciativa “Tardes na Biblioteca 2022” que ten como obxectivo que os máis pequenos se familiaricen coa lectura e as bibliotecas.

A Biblioteca Eduardo Blanco Amor, situada no segundo andar do Centro Cívico de Malpica acollerá os próximos catro venres (23 e 30 de setembro e 7 e 14 de outubro) unhas sesións moi variadas relacionadas co mundo das bibliotecas e os libros.

–           Este venres 23 de setembro será a quenda de Fantoches Baj, que trae a Malpica a obra “O Tranvía de Leonardo”. Pepe Tafall, xefe do tranvía de Marín a Pontevedra conta a historia do tranvía Leonardo desde o seu nacemento en Bruxelas acompañadas das anécdotas máis simpáticas dos seus tripulantes: Moncho o maquinista e Ramón o do fogón, entre outros. Esta actividade, que dura uns 50 minutos, está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos.

–           O venres 30 de setembro haberá un obradoiro creativo. “A biblioteca ideal”, de Náufragos teatro. Neste obradoiro de dúas horas pensado para cativos a partir de 3 anos, os rapaces terán que crear entre todos un libro no que expliquen como sería a súa biblioteca ideal.

–           O venres 7 de outubro, chega “Contos coas mans na masa” dirixido a nenos e nenas de 4 anos ou máis. O gran Chef Caxoto proporá nunha hora un menú elaborado con ingredientes de igualdade para demostrar que a cociña non é cousa de mulleres, que nela poden estar tanto os homes como as mulleres, desmontando así os estereotipos de xénero cociñados a lume lento ao longo da historia.

13Set 2022

A concellería de Cultura lanza unha nova programación de actividades culturais para todos os públicos.

Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse ás Escolas Culturais dispoñibles para este curso.

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, lanza unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2022/2023 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, obradoiro de barro e obradoiro de coiro.

A animación teatral e arte levarase a cabo dende outubro a maio. O obradoiro de barro desenrolarase de outubro a decembro e o obradoiro de coiro de xaneiro a marzo.

As actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de barro que só terá lugar en Buño).

Podes solicitar praza no Departamento de Cultura de Malpica ou chamando ao 981 707 104, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Descarga aquí as fichas para a inscribirte:

18Mai 2022

Viki Rivadulla inaugurará en Malpica a mostra “Carrexadoras”

A artista plástica presenta a súa obra no Centro Cívico este venres

O Centro Cívico do Concello de Malpica acolle a obra “Carrexadoras” asinada por Viki Rivadulla. O venres, 20 de maio, inaugurase a mostra ás 19.00 horas con Emma Abella e Miguel Mato.

A exposición, asinada pola artista plástica de Muxía, mestura acrílico con canvas nunha serie de cadros que mostran ás mulleres da terra e que poderá visitarse ata o 30 de maio. Rivadulla é pintora e escultora autodidacta, e con obras asinadas sobre porcelanas e artesanía xeral, conta ademais con experiencia docente, podes consultar toda a súa traxectoria aquí.

Unha acción cultural promovida polo Concello, a través do departamento de Educación, Cultura, Patrimonio e Deporte, dentro do programa “Malpica nun mar de letras 2022”.

Página 1 de 1412345...10...Última »