Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. Axudas e subvencións

Axudas e subvencións

24Out 2023

A Deputación Provincial da Coruña financiou ao concello de Malpica de Bergantiños a través da convocatorio do programa MA100 SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2023 finaciou a contratación dunha brigada de 5 peóns de limpeza de praias por importe de 12.449,09 euros.

A brigada estivo operativa nos meses de agosto e setembro de 2023 rematando os seus traballos o 11 de setembro de 2023 e foron contratados cinco peóns de limpeza de praias.

17Out 2022

A Deputación Provincial da Coruña financiou ao concello de Malpica de Bergantiños través da convocatorio do programa MA100 SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA PARA LIMPEZA DE PRAIAS MARÍTIMAS 2022 a contratación dunha brigada de limpeza de praias por importe de 15.292,95 euros.

A brigada estivo operativa nos meses de estío rematando os seus traballos o 12 de setembro de 2022 e foron contratados seis peóns de limpeza de praias.

5Out 2018

Asinado o contrato para a instalación dunha caldeira de biomasa, subvencionada polo Inega, no centro de interpretación da olería

caldeira tratada

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, asinou hoxe o contrato para a instalación dunha caldeira de biomasa no Centro de Interpretación do Buño Oleiro e Terras de Bergantiños (CIBOTB). Ademais dun representante da empresa adxudicataria, Medancli, SL, no acto celebrado na Alcaldía estivo presente o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Fernández.

A instalación da caldeira conta cunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), aprobada o 19 de xuño dentro da liña de axudas para a realización de proxectos de enerxías renovables e cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, en concreto para a tipoloxía B3 – Caldeiras con sistema de alimentación automática. O importe da axuda é de 40.465,30 €.

Entre os obxectivos para a instalación dunha caldeira de biomasa está a redución estimada de gases de efecto invernadoiro dunhas 45,419 toneladas CO2/ano.

caldeira

16Mar 2017

A Casa do Oleiro acollerá o día 21 unha xornada informativa sobre as axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte celebrará a vindeira semana unha serie de charlas para dar a coñecer as axudas do Programa Leader Galicia 2014-2020 para a zona. Unha das xornadas informativas terá lugar o martes 21, ás 20.00 horas, na Casa do Oleiro de Buño.

O prazo de solicitude das axudas está aberto xa. Hai dúas convocatorias anuais, unha que remata o 31 de marzo e outra ata o 31 de maio. Para este ano hai un orzamento de 563.337,58 € (abrangue proxectos produtivos e non produtivos), e para o 2018 están consignados un total de 315.295,31 euros.

Triptico

Máis información

• Edificio de Servizos Múltiples. Rúa A Torre, s/n – 15129 Vimianzo. Tfno. 608 633 222
• Centro Comarcal de Bergantiños. A Camposa, s/n – Buño – Malpica de Bergantiños. Tfnos. 981 71 73 58 – 678 648 065
• 981 71 73 58 (centraliña)
• www.gdrcostadamorte.com

9Mar 2017

O Inega subvenciona a instalación de caldeiras de biomasa para particulares

O INEGA publica as bases reguladores de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa destinadas a particulares (DOG núm. 43, do 2 de marzo de 2017). O prazao para presentar as solicitudes estará aberto dende o 24 de marzo ata o 23 de abril de 2017. Só se admite a tramitación electrónica. As solicitudes e demais documentación dixitalizada serán presentadas, a través da aplicación, polas entidades colaboradoras adheridas.

Beneficiarios:

  • Persoas físicas de dereito privado, comunidades ou mancomunidades de veciños
  • Propietarios ou titulares dun inmoble do sector residencial sito no ámbito rural da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Agrupacións de persoas físicas ou privadas sen personalidade

A contía máxima da axuda será calculada en función da potencia unitaria instalada e do tipo de instalación, cos seguintes límites adicionais por proxecto, segundo o artigo 4.2 das bases:

  • A intensidade máxima da axuda será do 50% do cálculo do investimento elixible por potencia instalada.
  • A contía máxima da axuda por proxecto será de 50.000 €

O prazo máximo de resolución de concesión será de 4 meses dende o remate do prazo de presentación de solicitudes. A instalación da caldeira e o gasto deben estar xustificados a 30 de setembro deste ano.

Mais información no teléfono 981 541500 (opción 3 da locución telefónica) ou mediante correo electrónico inega.info@xunta.gal. Tamén no DOG número 43 do 2 de marzo e na seguinte ligazón: http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2017/ficha_renovables2017_0001.html?idioma=gl

28Out 2016

O Concello de Malpica establece bonificacións no IBI para os inmobles vinculados aos sectores primarios

O Concello de Malpica establece unha bonificación do 95% no Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para todos aqueles “nos que estean emprazadas unicamente construcións nas que se desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras, forestais ou pesqueiras pertencentes ao sector primario”. Con esta medida, aprobada xa pola corporación municipal, preténdese mitigar o efecto negativo que tivo a revisión posta en marcha pola Dirección Xeral de Catastro en xullo do ano 2014.

Para que as bonificacións sexan efectivas, o pleno terá que aprobar unha declaración de especial interese ou de utilidade municipal, previa solicitude por parte do interesado, que ademais debe presentar a seguinte documentación:

  • Certificado de Facenda no que conste a situación censal do titular da actividade
  • Acreditación da titularidade catastral do inmoble
  • Certificado de non ter débedas con Facenda nin coa Seguridade Social
  • Xustificante de recoñecemento da explotación ou licenza de actividade
  • Xustificante de adscrición ao réxime especial da Seguridade Social que corresponda
12Out 2016

O Concello de Malpica repartirá 17.000 euros entre as entidades para o fomento do asociacionismo e a cultura

O Concello de Malpica de Bergantiños vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras da convocatoria de axudas a entidades sen ánimo de lucro para o fomento do asociacionismo e a cultura. O importe global das subvencións será de 17.000 euros, repartidos do seguinte xeito.

 PROGRAMAS PARTIDA CRÉDITO ORZAMENTARIO

PROMOCIÓN DAS ACTIVIDADES DE ENTROIDO

334.480

2.000,00 €

PROMOCIÓN DOS ENCONTROS E FESTIVAIS CULTURAIS

334.480

2.000,00 €

PROMOCIÓN  CULTURAL

 

334.480

13.000,00

TOTAL

334.480

17.000,00

 Segundo as bases, no Programa de Promoción das Actividades do Entroido subvencionarase a realización das manifestacións tradicionais do Entroido en cada parroquia, así como a realización de actividades especialmente dedicadas ós nenos, cunha cantidade máxima de 400,00 € para aquelas actividades que acrediten un especial interese etnográfico e/ou se complementen con actividades dirixidas á infancia e á xuventude. No Programa de Promoción dos Encontros e Festivais Culturais: subvencionarase a realización de concertos musicais, encontros culturais e outras actividades de natureza análoga, especialmente aqueles que teñan capacidade de incidir na promoción turística do Concello e os que se dirixan á mocidade como público preferente. E no Programa de Promoción Cultural: subvencionaranse todo tipo de actividades culturais, que non sexan obxecto de axuda noutros programas desta convocatoria, así como os gastos de funcionamento das entidades culturais, sen máis limitacións das establecidas con carácter xeral.

Cada entidade non poderá recibir máis de 4.000 euros polo conxunto das actividades que desenvolva.

Poderán acceder ás subvencións as entidades constituídas xuridicamente ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan a súa actividade no municipio e que, no primeiro caso, estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións.

Descarga aquí toda a documentación:

8. Bases Reguladoras da Convocatoria de Axudas 2016

10. MODELO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DO CONCELLO AS ENTIDADES 2016

100 MODELO MEMORIA DE ACTIVIDADES 101 MODELO DE ORZAMENTOS

101 MODELO DE ORZAMENTOS