Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

14Ago 2023

A “Festa Galega” volve a Malpica os días 18 e 19 de agosto

Dende que a concellería de Turismo do Concello de Malpica comezou coa Festa Galega deixou clara a súa aposta polos artistas galegos. Nesta nova edición contaremos con dous días nos que a música galega fará gozar a todos aqueles que se acheguen ata a nosa vila.

Big Band Atlantic abrirá os concertos ás 22.00 horas, o venres 18 de agosto, despois actuará Carcaxía ás 23.45 horas, Uxía ás 12.00 horas e finalizará a quenda das actuacións o grupo Do Rivés. O sábado volveremos a contar coa actuación de Big Band Atlantic seguido de Os D’Abaixo ás 22.45 horas e para rematar a Festa Galega ás 24.00 horas contaremos co grupo De Ninghures. Todas as actuación son de balde e realizaranse no porto de Malpica.

10Ago 2023

Devolven ao mar un golfiño varado na praia do Riás

Membros de Protección Civil de Malpica, do CEMMA e Tono, de Buceo Malpica, devolveron hoxe ao mar un golfiño que quedara varado na praia do Riás. Dende a concellería de Seguridade do Concello de Malpica de Miguel Ángel Fernández Mirás queremos agradecer o aviso dos usuarios da praia do Riás do varamento do cetáceo que quedara atrapado nunha poza de auga da que non podía saír así como a todas as persoas que participaron no seu rescate.

10Ago 2023

O Concello de Malpica organiza o “Malpica Verán Rock” o sábado 12 de agosto

A Concellaría de Turismo e Festexos de Malpica ten preparado para este sábado, 12 de agosto, o Malpica Verán Rock. Os concertos comezarán ás 22.00 horas na Praza Villar Amigo  e  forman o cartel as agrupacións Ambigüo, Tálesien, The Cerne Revilval  Band e Versión.

O evento musical, de acceso gratuíto, busca ofrecer a oportunidade de desfrutar da boa música rock que tan boa acollida ten sempre en Malpica.

3Ago 2023

O Concello de Malpica sinaliza con pezas de olería a Vía Céltica

Dende o Concello de Malpica séguese a traballar para potenciar as diferentes rutas do municipio.

Neste caso, o itinerario da Vía Céltica, foi sinalizado os pasados días con setenta pezas feitas en barro. Algunhas delas foron substraídas durante o día de onte polo que, tanto dende concellería de Educación, Cultura, Patrimonio, Deportes como o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, piden a cidadanía que respecte as placas de sinalización da ruta que son fundamentais para poder guiar aos viaxeiros que queiran realizala.

Na seguinte ligazón podes ver o itinerario:

3Ago 2023

Volven a Malpica os paseos teatralizados con Suso Martínez

Volven a Malpica os paseos teatralizados con Suso Martínez, historiador, guía e actor, que nos sumerxerá nas historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas. Dende a concellería de Turismo do Concello de Malpica animamos a todo o mundo a participar nestes paseos teatralizadosToma boa nota dos días:

Domingo: 13 agosto ás 12:00 h.

Domingo: 27 agosto ás 12:00 h.

Domingo: 3 de setembro ás 19:00 h.

Domingo: 10 de setembro ás 19:00 h.

Domingo: 17 de setembro ás 19:00 h.

A saída será dende a oficina de turismo e terá unha duración de 1 horas e media. As prazas son limitadas a 30 persoas así que inscribirte chamando ó 981 72 03 18 – 981 72 03 19 ou auxiliarmalpica@gmail.com

29Xul 2023

Inaugurada en Malpica a exposición fotográfica “Na beira do mar das Sisargas

Botou a andar en Malpica a exposición fotográfica ” Na beira do mar das Sisargas”. Sita no Centro Cívico e Cultural de Malpica foi inaugurada onte, polo alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura e a que tamén asistiu Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras. O rexedor explicou que, pasaron máis de vinte anos, dende que Peter arribara polas terras de Malpica, e dende entón xa foron moitos os proxectos expositivos que leva desenvolvido: entre eles, non se pode deixar de citar: O País dos Mil Castros, Tempo Escuro, Otra Mirada, En Silencio-Viaxando, A Carón do Mar. Ademais, Parga sinalou que, “Peter Schneider é un creador coñecido en Malpica de Bergantiños, pero non por iso deixa de sorprender con cada un dos seus traballos” e finalizou a súa intervención convidando a todo o mundo a visitar a mostra fotográfica.

Unha vintena de persoas acudiron ó acto no que o autor da exposición, Peter Schneider, fixo unha explicación das obras expostas. Sen dúbida é unha boa ocasión para gozar desta marabillosas fotografías realizadas na nosa Vila.

27Xul 2023

A 50 edición da Regata Rías Altas chega hoxe a Malpica

Con saída e chegada da Coruña irá ata Malpica, Ares e Cedeira

Cunhas 100 millas de percorrido este xoves arrinca a 50 edición da regata Rías Altas, que organiza o Náutico coruñés e que é a máis emblemática das competicións náuticas do noroeste español, valedoira ademais para o Campionato nacional de Cruceiros de altura. Ao longo de catro xornadas, de xoves a domingo, os barcos realizarán as etapas A Coruña-Malpica, Malpica-Ares, Ares-Cedeira e Cedeira-A Coruña. Igualmente dispútase o Trofeo Prior que consta de dúas mangas. Nesta proba da Rías Altas colaboran co Náutico coruñés os Concellos de Malpica e de Cedeira, así como a Náutico Ría de Ares, Cabreiroá e Gadis, a Real Federación Española de Vela e a Real Federación Galega de Vela. Ao final de cada etapa terá lugar a entrega de premios aos primeiros clasificados. Nesta edición repite participación o “Golfiño”, un dos gañadores do pasado ano, esta vez patroneado por Prisca Naya (Náutico Ría de Ares). Pero entre outros barcos estará o “Xitana 35” de Jose Antonio Quintero, do Club do Mar de San Amaro; o “Nostromo” de Enrique Tostado (Náutico de Sada), “A María” de Miguel Fernández, do Náutico de Cabanas e un nutrido grupo de cruceiros do club organizador, entre outros o “Impredión 3D Atlántico” de Guillermo Blanco, o “Quo Vadis” de Alvaro Martínez ou o “Carpancho V” de Jaime Araújo.

OS VENCEDORES DA PASADA EDICIÓN

Cunha alta participación de Cruceiros tanto do norte como do sur de Galicia celebrouse a pasada edición na que o “Mirfak”, de Diego López (Liga Naval de Ferrol) adxudicouse o triunfo na xeral e na categoría ORC-1. En ORC-2 o triunfo foi para o “Bon III”, de Víctor Carrión (Punta Lagoa-Vigo), mentres que na categoría máis pequena, a Orc-3 o gañador foi o “Golfiño” de José Naya, da Náutico Ría de Ares.

25Xul 2023

A segunda edición do BALEA FEST encherá Malpica de boa música

O centro de Malpica acollerá o 29 de xullo este festival de música

O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron esta mañá, xunto a estatua da “Balea”, a segunda edición do BALEAFEST, un festival que se vai celebrar o vindeiro sábado 29 de xullo.

Esta segunda edición trae novidades xa que haberá Sesión Vermú. Dende as 13.00 horas actuarán “Os Mecánicos” e ás 15.00 horas será a queda de “Os Revenidos”.

A sesión de noite comezará ás 22.00 horas coa actuación de “Manquiña e os Fabulosos Weekend” e ás 00.00 horas, contaremos coa actuación de “Calle del Ruído”.

No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica e é totalmente de balde.

Desde o Concello e a asociación Campal  animan a todo o mundo a achegarse a gozar da boa música.  

20Xul 2023

O Concello de Malpica presenta o cartel “Seráns na Vila”

Toma boa nota e vive o verán en Malpica.

🔷Venres, 21 de xullo, ás 20.30h horas inundaremos de maxia o paseo coa actuación do Mago Dani Polo.

🔷Sábado, 29 de xullo, ás 20.30h, gozaremos dos xeniais Títeres Cachirulo que nos trae a actuación “Xela contra o Dragón”.

🔷Sábado, 5 de agosto, ás 20.00h, Inventi Teatro tráenos a representación de “As palabras perdidas”.

🔷Sábado, 12 de agosto, ás 20.00h a diversión está garantizada coa actuación da man de As Sircópatas que nos trae a actuación de “Rogelio, un paiaso en recuperación”

Página 7 de 149« Primera...56789...203040...Última »