Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
10°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE

ACTUALIDADE

12Nov 2022

Analíticas da agua

Bombeo da Balsa
Centro Cívico
Decantador da ETAP
Depósito de Monte Nariga
Depósito de Monte Neme
Depósito das Papeiras

Depósito de Pedra Queimada
Escola Unitaria Raxeira
Fonte da Praia de Seiruga
9Nov 2022

Un vertido no río obriga a bailerar e a limpar os depósitos de Pedra Queimada e as Papeiras

O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nas vindeiras 24 horas.

Varios veciños alertaron de malos cheiros no abastecemento da auga municipal, esta mañá, ao Concello de Malpica, polo que desde o consistorio tomáronse as medidas para comprobar a que era debido.

O concello xunto cos traballadores municipais e coa empresa xestora da agua municipal procedeuse a revisar os sistemas tanto os depósitos como a captación da auga detectando que o mal cheiro estaba nos depósitos de Pedra Queimada e das Papeiras, polo que os técnicos chegaron á conclusión de que debeu ser unha vertedura no río.

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, procedeu a avisar a Augas de Galicia, a chamar ao 112 e a realizar a pertinente denuncia ao Seprona que xa está a realizar as investigacións pertinentes par determinar a orixe da vertedura. O depósito de Pedra Queimada vaise baleirar para proceder a súa limpeza esta tarde e mañá pola mañá será a quenda do depósito das Papeiras. O auga municipal non se recomenda para consumo humano ata que se saiban os resultados das análises nestas 24 horas.

6Nov 2022

Emotiva entrega dos premios na Cea das Letras

Diana Kurich gañou o XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Como cada ano Malpica convértese na capital galega da poesía erótica. Un evento cultural promovido pola asociación Caldeirón en colaboración co Concello de Malpica.

Máis dunha trintena de persoas asistiron a entrega dos premios do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas que se celebrou onte na Casa do Pescador de Malpica. Andrea Fernández Maneiro, foi a encargada de ler o fallo do xurado.

A obra gañadora foi “Feitas ao sisel”, de Diana Kurich, elixida polo xurado por unanimidade “pola súa estrutura orixinal desde a inspiración na cantiga popular que se ve substituída coa irrupción dun rexistro culto que provoca unha rica ruptura do poema” entre outros. O xurado tamén concedeu un accésit á obra “Corpo nomade” de Teresa Ríos Noya, polo seu discurso feminista na expresión e na procura da propia sexualidade.

No acto, no que estivo presente o Alcalde de Malpica, Eduardo Parga, tamén se presentou o libro “Persistencia da musica en novembro”, do pontecesán Miguel Anxo Mato Fondo, con prólogo de Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

4Nov 2022

O Concello de Malpica lanza unha nova campaña de recollida de residuos urbanos especiais

Unha nova recollida de residuos urbanos especiais levarase a cabo durante o mes de novembro na vila. O Concello no seu afán de fomentar a reciclaxe pon a disposición dos veciños e veciñas de Malpica este servizo para fomentar a protección e coidado do medio ambiente.

Dende o próximo luns, 7 de novembro, ata o mércores, 23 de novembro, recolleranse porta a porta os seguintes residuos:

  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo. 
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

A continuación, relátanse as rutas que se farán cada un dos días:

  • LUNS 7 NOVEMBRO: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión, O  Castro.
  • MARTES 8 NOVEMBRO: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, Rúa Santa, Catalina vivendas con números pares ata A Plaza.
  • MERCORES 9 DE NOVEMBRO: Rúa Forno Novo, Rúa Mouróns, Rúa Santa Filomena, Rúa Xaviña, Canelas, Rúa Nova , Rúa Gaio, Praza Cruceiro, Rúa Costa, Rúa Boavista, Rúa Santa Catalina vivendas números impares.
  • XOVES 10 DE NOVEMBRO: Zona Polígono Industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas-Leduzo, Taraio, Cerqueda.
  • VENRES 11 DE NOVEMBRO: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas,
  • Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesia 1 A Camuza A, Rúa Ventorrillo, Escorial.
  • LUNS 14 DE NOVEMBRO : Rúa Emilio González López, Areal, Praza Santa Lucía, Igrexa,  Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro , Travesía Orxeira, Rúa Orxeira, Travesia 1 As Neves, Travesia 5 Rio.
  • MARTES 15 DE NOVEMBRO: Rúa As Neves, Travesia 2 Rio, Travesia 3 Neves, Travesia 5 Neves, Rúa Neves 8, Travesía 7 Río, Travesla 4 Río, Travesía 6 Río, Travesía 3 Rio,Rúa Agra do Río, Travesía 2 Río, Travesía 1 Río, Rúa Camiño do Río, Eduardo Vila Fano.
  • MERCORES 16 DE NOVEMBRO : Praza do Cruceiro, R/ Tío Paz, R/ San Ramón, Travesía 1
  • San Ramon, Travesía 2 San Ramón, Atalaía, Altamira, R/ Ramona Criado, R/Mestra, R/Caldeirón, R/Eduardo Pondal, R/ Patria Galega, R/ Campo, R/Areal, R/Carreixo do Muiño, R/Antonio Montero, R/ Praia.
  • XOVES 17 DE NOVEMBRO: R/ Guardia Pardines, R/ Areal, R/Doctor Fleming, Canido, R/A Camuza C, Estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío hacia Santiso, Travesia 2 A Camuza, Travesia 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista, Pedrediña, Camiño da Vist, R/ Agra de Lucas, R/ Arnado.
  • VENRES 18 DE NOVEMBRO: Estrada DP 4307 dende o desvío hacia Santiso ata Beo, Estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, R/ A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira, Estrada Santo Hadrian.
  • LUNS 21 DE NOVEMBRO: Beo, Vigo, Estrada DP4307 dende Beo ata Seiruga, Seiruga.
  • MARTES 22 DE NOVEMBRO : Campelo, Barizo, Porto de Barizo, Avd. Agra de Lamas, Porto do Fondo, As Casas Novas, Mens.
  • MERCORES 23 DE NOVEMBRO: Mens, O Miñon, Asalo, Bocelo, Badarra.

A empresa Collecting Oil será a encargada de realizar este traballo. O día da recollida, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Podes contactar coa empresa a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com. O Concello de Malpica anima ós veciños e ás veciñas a participar nesta iniciativa.

1Nov 2022

Elisa de Soto impartirá un coloquio-café sobre a lei da liberdade sexual en Buño

A avogada e coach persoal e laboral abordará o vindeiro 5 de novembro pola mañá no salón de actos do Antigo Centro Comarcal de Buño os cambios e melloras desta norma.

O Concello de Malpica, en colaboración co Ministerio de Igualdade e da Secretaría Xeral de Igualdade organiza este sábado ás 11:30h un coloquio-café para explicarlle á cidadanía os cambios e melloras que se introduciron na Lei Orgánica 10/2022 de Garantía da Liberdade Sexual. Elisa de Soto, avogada e coach persoal e laboral será a encargada de dirixir este coloquio no salón de actos do Antigo Centro Comarcal de Buño. Será unha xornada dinámica na que predominará un clima de confianza e confidencialidade que lle permitirá aos asistentes participar de maneira máis fácil, sen medo nin vergoña.

O obxectivo principal da xuntanza é involucrar máis aos veciños e veciñas no mundo das leis e xerar conciencia a través dunha linguaxe comprensible para que todo o mundo saiba que as leis non só son fontes de obrigación senón tamén de dereitos e de protección.

1Nov 2022

Malpica mellora os camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas

O Concello de Malpica licita a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2028. Unha parte das obras faranse desde o Camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e, a outra parte, desde o camiño do Oratorio ata o río de Vaa.

A empresa encargada de realizar as melloras será Mantemento Forestal MG, S.L. e o prezo da licitación da obra ascende a un total de 64.358,69€

1Nov 2022

Malpica celebra este sábado a Cea das Letras 2022

No evento darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Este sábado 5 de novembro terá lugar na Casa do Pescador, en Malpica de Bergantiños, a Cea das Letras 2022. O evento comezará ás 21:00h e nel darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Ademais, tamén se vai presentar o libro “Persistencia da música en novembro”, da Editorial Xanela. O prólogo da obra está escrito por Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018 e membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Para poder asistir é necesario inscribirse chamando ao 649 507 285 ou ao 981 707 104.

Página 15 de 149« Primera...10...1314151617...203040...Última »