Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 12°
Venres 13°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

11Set 2023

As Escolas Depotivas para adultos comezarán o 2 de outubro

O 18 de setembro ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas para adultos para o curso 2023/2024.

O Concello de Malpica segue apostando por fomentar os hábitos saudables fomentando as actividades deportivas variadas tales como ximnasia terapéutica, ioga, pilates, zumba ou adestramento funcional.

Ximnasia Terapeutica

BUÑO (CASA DO OLEIRO)MARTES E XOVES DE 10.30 A 11.15MALPICA (PAVILLÓN)MARTES E XOVES DE 11.30 A 12.15

Ioga

BUÑO (CASA DO OLEIRO)MÉRCORES DE 11.30 A 12.25MALPICA (CENTRO CÍVICO)LUNS DE 11.30 A 12.25

Pilates

BUÑO (CASA DO OLEIRO)MARTES E XOVES DE 17.45 A 18.40MALPICA (CENTRO CÍVICO)MARTES E E XOVESGRUPO I DE 19.00 A 19.55GRUPO II DE 20.00 A 22.55

Zumba

BUÑO (CASA DO OLEIRO)LUNS DE 18.15 A 19.10MALPICA (CENTRO CÍVICO)LUNS E MÉRCORES DE 19.30 A 20.25

Adestramento funcional

MALPICA (PAVILLÓN)MARTES DE 21.05 A 21.55XOVES DE 21.05 A 21.55

Para máis información ou para reservar praza poden acudir ao Departamento de Deportes de Malpica ou chamar ao 981 72 00 01 en horario de 09.00 a 14.00 horas a partir do 18 de setembro.

11Set 2023

O Concello de Malpica pon en marcha EMEF (Escolas Deportivas) para o curso 2023/2024

O Concello de Malpica, a través da concellería de Deportes, lanza o programa de actividades deportivas que abrangen diferentes disciplinas multideporte, ximansia rítmica, atletismo, voleibol, patinaxe, e zumba.

As seguintes actividades serán no Pavillón Municipal:

MULTIDEPORTE

Luns de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2017 e 2020Venres de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2012 e 2016

XIMNASIA RÍTMICA

Mércores de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2012 e 2018

ATLETISMO

Martes e xoves de 16.00 a 16.55Nenos/as nados entre 2011 e 2016

VOLEIBOL

Martes e xoves de 17.00 a 17.55Nenos/as nados entre 2008 e 2011

PATINAXE

Venres de 18.00 a 18.55Nenos/as nados entre 2010 e 2018CEIP JOAQUÍN RODRIGUEZ OTERO

As seguintes actividades levaranse a cabo no CEIP Joaquín Rodríguez Otero:

MULTIDEPORTE

Mércores de 17.05 a 18.00Nenos/as nados entre 2012 e 2020

PATINAXE

Venres de 16.30 a 17.25Nenos/as nados entre 2010 e 2018✍🏽 Para máis información ou para reservar praza poden acudir ao Departamento de Deportes de Malpica ou chamar ao 981 72 00 01 en horario de 09.00h a 14.00h a partir do 18 de setembro.

Descarga aquí os formularios

11Set 2023

O Concello de Malpica publica a oferta de actividades das Escolas Culturais para o curso 2023-2024

Este curso 2023/2024 haberá actividades para todas as idades en Malpica.

Todas as persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza poden acudir as oficinas xerais do Concello de Malpica ou chamar ao 676204681 en horario de 09.00h a 14.00h

Animación Teatral de outubro a maio

BUNO (CEIP J.R.O.) Inicio 5 outubroXoves: De 16.00 a 17.00 (6 – 12 anos)

MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 5 outubroXoves: De 17.30 a 18.30 (4 – 8 anos)De 18.30 a 19.30 (9-12 anos)De 19.30 a 20.30 (+ 13 anos)

Arte de outubro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 2 outubro

Luns: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)

MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 3 outubro

Martes: De 16.00 a 17.00 (3 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)De 18.00 a 19.00 +13 anos)

Robótica

De xaneiro a maio BUÑO (CEIP J.R.O.) Inicio 10 xaneiro

Mércores: De 16.00 a 17.00 (4 – 6 anos)De 17.00 a 18.00 (7 – 12 anos)MALPICA (CENTRO CÍVICO) Inicio 10 xaneiro

Mércores: De 18.30 a 19.30 (4 – 6 anos)De 19.30 a 20.30 (7 – 12 anos)

Coiro de xaneiro a maio MALPICA (CENTRO CÍVICO). Inicio 11 xaneiro (+15 anos)

Xoves: de 17.30 a 19.00 (Iniciación) e de 19.00 a 20.30 (Nivel medio)

*Máximo de prazas por grupo:15 (Agás Robótica: 12) Mínimo de inscricións por grupo:10En caso de non acadarse o mínimo por grupo poderán fusionarse os grupos ou suspender a actividade.

O prazo abre mañá 12 de setembro.

Descarga aquí os formularios de inscripción

7Set 2023

O 10 e o 17 se setembro volven as visitas guiadas con Suso Martínez

As visitas guiadas de Suso Martínez estan tendo este verán moi boa acollida.

O domingo o intérprete Suso Martínez realizou un entretido paseo guiado pola vila, no que fixo unhas interesantes explicacións historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas que marabillaron aos asistentes. Lembra que podes volver a desfrutar desta actividade nas seguintes datas:

-Domingo: 10 de setembro ás 19:00 h.

-Domingo: 17 de setembro ás 19:00 h.

A saída será dende a oficina de turismo e terá unha duración de 1 horas e media. As prazas son limitadas a 30 persoas así que inscribirte chamando ó 981 72 03 18 – 981 72 03 19 ou auxiliarmalpica@gmail.com

4Set 2023

A mellora do Camiño Casas Novas xa é unha realidade

A inversión total foi de 48400 con cargo ao Pos Adicional 2022

As actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos) seguen executándose. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, desprazáronse para facer o seguimento das obras que xa se están finalizando. Trátase da
mellora da pavimentación do Camiño Casas Novas. Unha obra incluída no POS adicional 2022 e adxudicada á empresa Dámaso Ferreiro por un importe total de 48.400€.

23Ago 2023

O Fogar dos Pensionistas de Malpica acolle hoxe a presentación da primeria revista das Festas do Mar

A asociación cultural e deportiva de Malpica Mallas da Area presentará hoxe, 23 de agosto, ás 19.00 horas a primeria edición da revista das Festas do Mar, no Fogar dos Pensionistas.

A edición recolle a información sobre ás Festas do Mar e interesantes artigos etimolóxicos, historicos e reportaxes ou música entre outros.

Sen dúbida una publicación realizada con moito agarimo pola asociación Mallas da Area, dirixida por Xosé Manuel Varela, coordinada por Pedro Mato Garrido e na que colaboran Adrián Abella Chouciño, Paco Abella, Álvaro Aldrey, Xurxo Alfeirán Chouciño, A.C. Carcaxía, José Luís Castro Couto, Tania Doldán, Carlos Fidalgo Pombo, Xosé Breogán García Outeiro, C.E.X. «Gillán», A.C. Malante, Selina Otero, Ana Pose, Nico Pose, A.C. Raigañas, Mar Suárez, Ileana Varela Pérez e Elena Verdes.

Nesta ligazón podes descargar a revista.

21Ago 2023

Bando da Confradía de Pescadores de Malpica

Con motivo das Festas do Mar na honra da Virxe do Carme, Patroa dos Pescadores, e á

procesión marítima que se realizará o domingo 27 de Agosto, establécense unha serie de medidas de seguridade a fin de desenvolver dito acto da forma máis axeitada posible a fin de cumprir a lexislación vixente:

  1. As embarcacións participantes deberán estar matriculadas, ter todos os seus certificados en vigor, seguro regulamentario en virtude do establecido no art. 6 do Real Decreto 62/2008 e no seu caso, debidamente despachadas en cumprimento da O. M. do 18/01/2000. Ademais, no caso das embarcacións de lecer elou deportivas, lémbrase a obrigatoriedade de contar co seguro RC nos termos e co alcance previsto no Real Decreto 607/1999, do 16 de abril.
  2. Os patróns NON permitirán o embarque de ningunha clase de pirotecnia, nin a

utilización da regulamentaria a bordo, a cal deberán custodiar. Queda terminantemente prohibido o lanzamento de foguetes, petardos ou sinais pirotécnicas, así como realizar sinais ópticas ou luminosas dende calquera embarcación participante na concentración, salvo en situacións de emerxencia.

  • As cubertas das embarcacións estarán despexadas de aparellos, redes, nasas, cabos, útiles, maquinaria móbil, etc. que poidan entorpecer a circulación do persoal por cuberta, ou poida supoñer un risco potencial de accidente para os mesmos.
  • Non se permitirá que suban a bordo máis persoas das que podan ser embarcadas e cuxo número será o obtido da aplicación do art. 9.2. do R. D. 62/2008.
  • Se a embarcación non dispón de amuradas ou barandas fixas na cuberta de alomenos

90cm., disporán dun sistema de barandas provisional alomenos de dita altura que evite a caída de persoas á auga.

  • O patrón deberá adoptar as medias preventivas elementais encamiñas ó

reforzamento da estabilidade, tales como lastrado ou recheo de combustible dos tanques baixos, evitando superficies libres, así como non dispoñer de pesos ou persoas en cubertas altas.

  • Toda embarcación deberá dispor de alomenos dous aros salvavidas cos seus correspondentes cabos dispostos para o seu lanzamento. O número de aros incrementarase nun aro máis por cada vinte persoas. O número de chalecos salvavidas non será inferior ó das persoas embarcadas.
  • O patrón velará para que no embarque non permaneza a bordo calquera persoa que

teña as facultades mermadas ou diminuídas por efectos de bebidas alcohólicas ou calquera outra droga/substancia psicotrópica.

  • As embarcacións que porten máis persoas das indicadas nos seus certificados deberán restrinxir as súas navegacións ó período comprendido entre o orto e unha hora antes do ocaso. Non poderán navegar en solitario, debendo abandonar o porto co resto de embarcacións e cando se teñan incorporado ás mesmas todos os medios de seguridade.

IO. Quedará terminantemente prohibido tirar calquera tipo de residuo sólido elou líquido ó mar, debendo dispor de contedores para a súa recolección e posterior descarga e reciclaxe en terra.

11. Todos os patróns deberán coñecer a seguinte información:

  • Navegar á velocidade indicada
  • Realizar atraques e desatraques paulatinos evitando manobras simultáneas.
  • Non se realizarán manobras innecesarias, evitando condutas temerarias.
  • Os patróns dos buques, en atención á boa práctica mariñeira prestarán especial celo e non sobrecargar as súas embarcacións máis alá do disposto nas condicións de navegabilidade e estabilidade aprobadas, todo co fin de evitar situacións de perigo durante todo o percorrido marítimo.
  • No que respecta á embarcación, non se permitirá que suban máis persoas das que poidan ser embarcadas, sendo o número igual ou menor ó calculado co arranxo ó seguinte criterio:
  • Si todas as persoas se poñen a unha banda, o francobordo non se reducirá a menos da metade co barco adrizado, ou
  • Salvo con cálculos que xustifiquen que o barco pode soportar máis cumprindo a estabilidade, o número máximo sobre cuberta será inferior aos seguintes valores:

1.- Embarcacións de pesca e acuicultura: N= eslora total*Manga*O,5

2.-Embarcacións de pasaxe e recreo: N= o que figura nos Certificados.

– O patrón dará instrucións de comportamento que hai que manter durante a procesión as persoas que suban a bordo, conforme o artigo 10, especialmente.

12. No caso de facer caso omiso a esta comunicación, so armadores e patróns das embarcacións, non só poderían ser sancionados pola Autoridade Marítima, senón tamén poderán ser considerados como os únicos responsables, directos ou indirectos, no caso da comisión de infraccións ou concorrencia de dano e accidentes no desenrolo da mesma, quedando esta Entidade exonerada de toda responsabilidade.

Moitas grazas de antemán por colaborar e festexar a Festividade da Virxe do Carme como se merece neste día tan especial para todas as ersoas que vivimos do mar. MEDRE O MAR!

18Ago 2023

Boa acollida na primeira xornada do X Mercado Mariñeiro de Malpica

O evento levarase a cabo do 17 ao 20 de agosto

O evento comezou onte ás 11.00 horas coa visita do alcalde de Malpica, Eduardo Parga, Alfredo Cañizo Garrido, concelleiro de Turismo e Festexos, Noelia Freijeiro, concelleira de Patrimonio, Cultura e Deportes, Miguel Ángel Fernández Mirás e Luís Miguel Fernández García, concelleiro de Comercio e Promoción Económica aos trinta dous postos, na Rúa Eduardo Vila Fano de Malpica.

As persoas que se acheguen durante os vindeiros días poderán gozar de 11:00 – 22:00 horas da feira e de diversas actividades:

Exhibición en vivo do soprado de vidro

Photocall pirata e mariñeiro

Xogos tradicionais (Rúa Campo)

Cama elástica.

Ademais haberá espectáculos de danza e lume, pasarrúas musical e corsaria, taller de circo, contacontos, musical cos piratas Turbión, e moitas máis actividades.

Programa do X Mercado Mariñeiro
16Ago 2023

A XXII de Barcanas e Castelos de area celebrarase o vindeiro 25 de agosto

O Concello de Malpica volve a organzinar a XXII edición de Barcanas e Castelos de area que se levará a cabo na praia Area Maior de Malpica. O evento comezará ás 10.30 e terás ata as 13.00 horas para amosar toda a túa creatividade na area.

Poderás inscribirte no Departamento de Educación e Cultura, sito no 1º andar do Centro Cívico de Malpica, rúa Ventorrillo s/n. T.: 981 707 104. En horario de 10.30 a 14.00 horas do 16 ao 23 de agosto e o 25 de agosto, de 10.00 a 10.30, na praia de Area Maior de Malpica.
Haberá premios para as mellores creacións:

1º Premio da modalidade amateur: Trofeo e un vale de 130,00 € (*).
2º Premio da modalidade amateur: Trofeo e un vale de 70,00 € (*).
3º Premio da modalidade amateur: Trofeo e un vale de 50,00 € (*).
Premio especial do público: Trofeo.
Premio á mellor barcana: Trofeo.
Premio infantil: Trofeo.

14Ago 2023

A “Festa Galega” volve a Malpica os días 18 e 19 de agosto

Dende que a concellería de Turismo do Concello de Malpica comezou coa Festa Galega deixou clara a súa aposta polos artistas galegos. Nesta nova edición contaremos con dous días nos que a música galega fará gozar a todos aqueles que se acheguen ata a nosa vila.

Big Band Atlantic abrirá os concertos ás 22.00 horas, o venres 18 de agosto, despois actuará Carcaxía ás 23.45 horas, Uxía ás 12.00 horas e finalizará a quenda das actuacións o grupo Do Rivés. O sábado volveremos a contar coa actuación de Big Band Atlantic seguido de Os D’Abaixo ás 22.45 horas e para rematar a Festa Galega ás 24.00 horas contaremos co grupo De Ninghures. Todas as actuación son de balde e realizaranse no porto de Malpica.

Página 6 de 148« Primera...45678...203040...Última »