Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
Venres 11°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

16Xul 2020

As augas de Seiruga e Area Maior obteñen a cualificación ‘excelente’

As augas das praias de Seiruga e Area Maior obteñen a cualificación de excelente por parte da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Esta clasificación sanitaria é vixente para a tempada de baño 2020.

Imaxe da praia de Seiruga, en Malpica | Concello de Malpica

O alcalde, Walter Pardo, destacou a ‘relevancia de obter tan bos resultados en dous dos nosos areais, nun municipio no que nos caracterizamos tamén pola beleza das nosas praias’, sinalou o rexedor.

Desde a praia de Area Maior pódese contemplar as Illas Sisargas | Concello de Malpica


Cabe lembrar que o Sergas pon a disposición da cidadanía o seguinte apartado dentro do seu portal web, https://www.sergas.es/Saude publica/Praias , onde se poden consultar os datos de maior relevancia nas praias e zonas de baño a nivel galego.

15Xul 2020

Malpica comeza a planificación cultural de verán cos ‘Seráns na Rúa’

O Concello de Malpica, a través da concellaría de Cultura, comezou a planificación cultural de verán cos ‘Seráns na Rúa’ e logo da proxección do filme ‘María Solinha’ a comezos deste mesmo mes.

Así, desde a administración malpicá ofértase un amplo abano de posibilidades culturais, que comezarán o vindeiro sábado, 18 de xullo con ‘A gran viaxe’ de Iventi Teatro na rúa Eduardo Vila Fano.

O 25 de xullo, o Día de Galicia, haberá un pasarrúas con ‘A danza dos paxaros’ a cargo de Urdime, e agosto comezará no seu primeiro día coa obra de Ghazafelhos ‘A illa sen tesouro’, na rúa Eduardo Vila Fano.

O 8 de agosto, darase cita na praza do Campo O Cardume, de Xarope Tulú e o 15 de agosto, Mamá Cabra executará o ‘Eu cociño, ti cociñas?’ na rúa Eduardo Vila Fano. O penúltimo espectáculo correrá a cargo de Magín Blanco o 22 de agosto con ‘Magín Blanco e a banda das apertas’ e pechará este ‘Seráns na Rúa’ o 29 de agosto co pasarrúas de Fantoches Baj, ‘O folión do Zampón’.

As actuacións serán todas ás 20:30 horas e en caso de choiva serán trasladadas ao Mercado Municipal ou ao Centro Cívico, segundo o formato de actuación. Manteranse en todo momento os protocolos hixiénico-sanitarios e os aforos completaranse por estrita orde de chegada.

O alcalde, Walter Pardo, sinala o enorme ‘esforzo de toda a área de Cultura por achegar actividades á veciñanza. Hai que ter precaución pero isto non é incompatible con gozar dun novo formato de divertimento’, apuntou.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, anota que ‘seguimos apostando pola cultura en formatos máis reducidos, e seguiremos gozando de contidos de calidade con responsabilidade’, finalizou.

14Xul 2020

Malpica propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos

O Concello de Malpica, a través da concellaría de Deportes, propón para agosto un campamento de patinaxe para a rapazada de 3 a 12 anos. A primeira quenda celebrarase do 3 ao 7 de agosto, e a segunda do 10 ata o 14 do mesmo mes.
En total, hai dispoñibles 20 prazas, que se poderán formalizar nas oficinas municipais do Concello. Esta actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 13:00 horas, aínda que si é preciso será ampliado de 9:30 a 13:30 horas.
Gardaranse estritamente todos os protocolos de seguridade e hixiene pertinentes, e haberá a disposición das rapazas e rapaces xel hidroalcólico.

10Xul 2020

O Concello de Malpica intensifica os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal

O Concello de Malpica intensifica estes días os traballos de limpeza e desbroce ao longo de todo o termo municipal, logo do adiamento que supuxo o contexto sanitario provocado pola COVID-19.


‘Ás tarefas que levamos realizando desde hai varias semanas incorporarase unha cuadrilla de dez integrantes que se adicará a adecentar as zonas de maior concorrencia’, apunta o concelleiro de Servizos e Agro, Alfredo Cañizo.

Imaxe dun dos vehículos efectuando os traballos | Concello de Malpica


Dentro deste plan de actuacións, cóntase que tanto núcleos rurais como zonas urbanas queden preparados nun período de dez a quince días. Estase actuando tanto na contorna das praias, áreas de ocio, bordes das estradas e camiños. Para estas tarefas, disponse de ata catro tractores, que traballan por todos os lugares de Malpica.

‘Todos sabemos das necesidades que ten Malpica, e por iso decidimos darlle un impulso a estes traballos’, sostén o edil de Servizos e Agro, Alfredo Cañizo.

O alcalde, Walter Pardo, quixo ‘agradecer a paciencia da veciñanza, xa que estes traballos non puidemos acometelos coa rapidez que nos gustaría, pero nas vindeiras semanas contamos coa celeridade da que non puidemos dispoñer pola crise da COVID-19’, apuntou.


Mañá comezan os socorristas

Por outra banda, mañá, sábado 11 de xullo, comezarán a traballar as persoas que integran o servizo de Salvamento e Socorrismo da praia de Area Maior.

2Xul 2020

Bases del XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

La Asociación Cultural Caldeirón convoca, en colaboración con el Concello de Malpica, el XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

Se establece un premio único de 1.000 euros y la publicación de la 1ª edición de la obra en la colección Illas Sisargas de la Editorial Caldeirón.

El plazo de admisión de originales finaliza el domingo, 19 de septiembre de 2020 a medianoche. Las personas interesadas en participar podrán enviar sus textos por correo electrónico en formato PDF a la dirección premio@caldeiron.org.

2Xul 2020

Malpica inicia os traballos de tala en Croa do Castro, paso previo para a escavación no xacemento

Como explica o alcalde, Walter Pardo, “estas intervencións supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do patrimonio pétreo e natural do noso municipio”.

O Concello de Malpica iniciou hoxe, xoves 2 de xullo, os traballos para talar os eucaliptos no xacemento Croa do Castro. Estes labores preséntanse como o paso previo aos labores de escavación que se acometerán neste lugar. Segundo as previsións do goberno local, estas actuacións rematarán mañá.

Como explica o alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, “estas intervencións no xacemento supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do noso patrimonio pétreo e natural”. 

1Xul 2020

O concello organiza unha actividade de Zumba na praia de Area Maior

O próximo xoves, 2 de xullo, de 12:00 a 13:00h terá lugar a actividade de Zumba na praia de Area Maior. Esta actividade é para todas as idades e repetirase ao longo de todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

Ademáis na sede da escola One Surf Academy (Rúa Campo nº 33 ) continúa “O Verán no Mar”, unha iniciativa que ten como fin promover a conciliación das familias do municipio na época estival. Entre as súas actividades destacan o surf, o kaiak e o paddle-surf.

30Xuñ 2020

O Concello de Malpica impulsa as tarefas para a execución da mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista

O Concello de Malpica impulsa a mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista, executando así unha serie de traballos cun valor aproximado de 39.735,92 euros. 

Imaxe da avenida Canido

Estes consistirán na aplicación dunha capa de rodadura e instalación de sinalización horizontal, que servirá para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores. Observáronse numerosos baches, así como o cuarteamento na pavimentación. Estas anomalías deben ser subsanadas para o correcto mantemento da mesma. 

Nas tarefas previas, limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e incrementaranse a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento. O prazo de execución das mesmas serán de dous meses desde o seu comezo.

O alcalde, Walter Pardo, sinala que ‘executamos gradualmente proxectos que non puidemos arrincar debido ao estado de alarma, pero que son moi necesarios. Nas vindeiras semanas tamén poñeremos en marcha varias limpezas e desbroces moi importantes para moitos núcleos rurais’, anunciou o rexedor. 

26Xuñ 2020

O Concello de Malpica retoma a actividade do mercado ao aire libre dos sábados coa mirada posta na seguridade da veciñanza

O Concello de Malpica retomará mañá, sábado 27 de xuño, a actividade do mercado ao aire libre dos sábados coa mirada posta na seguridade da veciñanza. O alcalde, Walter Pardo, comentou a este respecto que “volverá a actividade da praza, pero coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinentes”.

Antes da pandemia provocada pola COVID-19, esta era unha actividade á que acudían moitas veciñas e veciños de Malpica, e unha das que se tivo que suspender debido ao estado de alarma. Unha vez decretado o levantamento do mesmo, o Concello decide retomar e dinamizar o mercado, ao aire libre, para o que se contará con hidroxel á disposición da veciñanza, será obligatorio o uso de máscara sanitaria e recomendable manter o distanciamento social sempre e cando sexa posible.

O alcalde, Walter Pardo, insta á veciñanza a “facer un uso responsable deste espazo, evitando apelotonamentos. Todavía non rematou a incidencia do virus e temos que volver, de xeito gradual, á nosa vida anterior pero sin perderlle o respeto”, amosou o edil.

Página 4 de 108« Primera...23456...102030...Última »