Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 17°
11°
Sábado 16°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

18Ago 2022

As últimas análises da auga de Malpica arroxan melloras pero aínda non está autorizada para o seu consumo

  • O alcalde reuniuse hoxe con representantes da Consellería de Sanidade e de Augas de Galicia, ademais dos técnicos municipais, para avaliar o estado actual da rede de auga municipal.
  • Nas mostras extraídas por Sanidade os parámetros melloraron nalgunhas zonas, nas que se repetirán mañá para comprobar se continúa a tendencia positiva.
  • O Concello de Malpica está a traballar nun Plan de Acción con diferentes melloras na ETAP para evitar que este tipo de incidencias volvan a suceder.

Malpica, 18 de agosto de 2022 – O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuniuse hoxe en Santiago de Compostela con representantes da Consellería de Sanidade e de Augas de Galicia para analizar as últimas análises da auga da rede municipal. Estas arroxan melloras nalgunhas zonas pero aínda non pode autorizarse o seu consumo.

No encontro participou, ademais do rexedor, a xefa territorial de Sanidade, Cristina Pérez; a directora xeral de Sanidade Pública, Carmén Durán; o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosquera; o xefe de sección Ambiental, Francisco Malvido; o xefe de servizo, Álvarez Cortiñas; e os técnicos municipais encargados do control de calidade do servizo de auga de Malpica.

O obxectivo desta reunión era coñecer o estado actual situación da rede de auga municipal, tras decretarse o pasado sábado que non era apta para o consumo por detectarase valores de trihalometanos máis altos do recomendable.

Melloras nalgunhas zonas

Onte, mércores 17 de agosto, Sanidade colleu unhas tomas de auga para analizala. Hoxe, cos datos na man, pode apreciarse que os valores de trihalometanos xa están dentro do recomendable nalgunhas zonas e noutras seguen a estar por enriba do permitido, polo que aínda non pode autorizarse o seu consumo.

Agora, nas zonas nos que os parámetros melloraron, volveranse a facer mañá, venres 19 de agosto, as análises para comprobar se continúa a dar valores correctos cando xa teña o cloro suficiente, xa que estes días estivo purgándose a rede e, ao volver a dar subministro para tomar as mostras, o cloro non era suficiente. Despois, se todo está correcto, valorarase a posibilidade de ir abrindo a auga por zonas.

Plan de Acción do Concello de Malpica

Ao mesmo tempo, e para evitar que volvan a ocorrer este tipo de situacións, no encontro estudáronse diferentes actuacións que incluirá o Concello de Malpica no Plan de Acción no que xa está a traballar. Inclúen melloras na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP): cambiar o areeiro para mellorar a filtración, substituír o equipo de cloración, facer limpezas máis frecuentes dos depósitos e, a longo prazo, reformar o decantador ou construír un máis grande a maiores.

18Ago 2022

A música galega volverá a ser a protagonista en Malpica coa nova edición da “Festa Galega”.

Malpica será o epicentro da música galega durante o venres 18 e o sábado 19 de agosto cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os día 18, 19 20 e 21 celebraremos o Mercado Medieval Mariñeiro con múltiples actividades coma soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras.
A Festa Galega comezará o venres día 19 e contaremos coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas teremos a The Cerne Revival Band.
O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte, e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores deleitaranos coa súa fermosa
música.

18Ago 2022

O Concello de Malpica comezará coas melloras dos viales da estrada Campelo a Barizo, o Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Rexeira.


A inversión total será de 109.419,9, financiados pola Deputación da Coruña.

As actuacións incluídas no Plan de Obras e Servizos (Pos) xa están en marcha. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, e o concelleiro, Miguel Fernández Mirás, desplazaronse para facer o seguimento das obras que van a comezar. Trátase da mellora da estrada Campelo-Barizo. Unha obra incluída na 1º fase do post adicional 2/2021 e adxudicada á empresa López
Cao por un importe total de 36.469.40€. Tamén visitaron o lugar onde se mellorará a capa de rodadura do Camiño de Cambre á Pedrosa e o Camiño en a Raxeira. Obras incluídas na 1º fase do pos adicional 2/2021 adxudicada a López Cao por un importe total de 72.950,90.

15Ago 2022

Bando municipal

 Os problemas da seca chegaron ao Concello de Malpica. A falta de auga do río está provocando que os restos do fondo cheguen ata os nosos fogares.
 Deste xeito, as últimas analíticas conclúen que a auga da rede municipal NON É APTA PARA O CONSUMO porque incumpre os parámetros THM, pero Sí pode usarse para HIXIENE PERSOAL E OUTROS USOS.
 Desde o Concello estamos traballando para solucionar este grave problema que nos afecta a todos

8Ago 2022

O concello de Malpica organiza a I Andaina das Estrelas

A concellería de Turismo do Concello de Malpica organiza para o vindeiro 12 de agosto a I Andaina Das Estrelas de Malpica para gozar da posta de sol, ver a superlúa de Esturión e a choiva de estrelas Perseidas. Sairase ás 20.15 horas dende a Praza Anselmo Villar Amigo ata San Hadrián.

As inscricións (son de balde) e haberá unhas huchas no Concello de Malpica e no Jofra para recadar fondos contra o cancro. As persoas interesadas pódense anotar no Concello de Malpica de 09.00 á 14.00 horas e polas tardes de 15.00 á 22.00 horas no Jofra. Todas as persoas que participen no evento deberán levar chaleco e lanterna.

Descarga o formulario de inscrición.

4Ago 2022

Inaugurada a XXXVIII Mostra de Olería de Buño, una galería de artesanía viva.

A cita máis importante de artesanía da Costa da Morte inclúe actividades para todos os públicos

O acto celebrouse nunha carpa ao lado dunha exposición cos deseños de todos os oleiros e oleiras de Buño. O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e de Olería, Alfredo Cañizo, arrincou o evento cun discurso no que indicou que “a Mostra está feita con todo o cariño do mundo por parte de todos”.
O presidente dos oleiros, Fran Gorín, moi emocionado, deu as grazas por facer desta festa unha tradición que xa vai pola 38ª Edición e apuntou que oxalá dure 38 anos máis. Tamén deu as grazas a todos os oleiros que “estiveron traballando cóbado con cóbado e iso para min é moi gratificante”.
A isto tamén se referiu, Xosé Blas García Piñeiro, presidente de Promoción Económica da Deputación da Coruña. ”A Mostra xa é un clásico das cousas que levamos na promoción económica. Aínda que nos anos de pandemia a axuda non foi tanta estivemos sempre aí. Sempre o facemos polo ben dos profesionais que se dedican a olería e sobre todo das veciñas e dos veciños e apoiar tamén o concello e o pobo”. García engadiu que “o protagonismo é de todos os profesionais que se dedican a diario a crear pezas fermosas sendo un traballo que teñen que seguir mantendo. “O fundamental é que a Deputación da Coruña, o Concello de Malpica, a Xunta de Galicia e os oleiros temos que traballar conxuntamente para que a Mostra teña futuro”. Alfredo Cañizo agradeceu públicamente todo o apoio e o traballo de Isabel Fernández Deus, administrativa no Concello de Malpica.
Ó evento tamén asistiu o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, que quedou sorprendido pola capacidade de innovación, transformación e sobre todo por todo o apio e respaldo por parte das administracións e dos consumidores. “É un sector do comercio moi importante de artesanía que a día de hoxe cada vez se pon máis en valor. Creo que todos aprendemos ao longo do ano 2020 que temos que protexer o noso”.
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, resaltou que “estes días, Buño vai ser o epicentro da Olería de Galicia e sobre todo aquí na Costa da Morte que tedes uns paraxes impresionantes, que non deixan indiferente a ninguén e que nos axuda tamén a posicionar a Galicia como destino turístico”.
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, pechou as intervencións destacando que “manter con vida o legado é o mellor agasallo que podemos facerlle a tantas e tantas xeracións que coas súas mans moldearon dun xeito de ser e de afrontar a vida. Un xeito definido pola súa solidariedade e o seu afán por ser fortes dende un colectivo. Seguramente moitos de aquí saben que cando unha peza tras unha cocedura non saía ben o seu entorno non tiña máis remedio que aguantarse, mais nunca faltaba outro artesán ó seu carón que lle dicía que aí estaba para todo o que necesitase ese é o colectivo oleiro”.
Ao evento tamén asistiu a alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, a concelleira da Mostra do Encaixe de Camariñas, Encarna Liñeiro, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de A Laracha, José Manuel López Varela, a concelleira de Vimianzo, María José Pose, o Presidente de Afaber, Suso Villar, o Presidente de los Ourives de Compostela, Arturo Ouro Hortas, Lisardo Nuñez Pardo, abogado, o deputado Rubén Lorenzo e o párroco de Buño, Don Manuel.

A Mostra poderase visitar ata o domingo 7.

2Ago 2022

O Concello de Malpica e a Deputación asinan un convenio para apoiar a XXXVIII Mostra de Olería de Buño

A Mostra recibirá unha achaga de 80.000€

Eduardo Parga, alcalde de Malpica, asinou hoxe na sede da Diputación da Coruña xunto co vicepresidente, Xosé Regueira e o deputado de Promoción económica, Blas García, un convenio para a promoción da Mostra de Olería de Buño. A Mostra de Malpica recibirá una achega de 80.000€. Parga agredeciu á Diputación que siga apostando pola promoción económica da Mostra de Olería de Buño.

2Ago 2022

O Torneo de Fútbol da Mostra de Olería disputarase o vindeiro domingo.

Dende a Concellería de Turismo e Festexos e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Malpica seguimos a apostar por fomentar o deporte. Nesta liña e dentro da programación da Mostra da Olería de Buño animamos a todos os amantes deste deporte a que veñan o domino 7 de agosto ó Campo de Fútbol de Xaviña a gozar do Torneo de Fútbol da Mostra de Olería.
O evento comezará ás 11.00 horas co encontro entre o UD Cerqueda- UD Xuvenil de Almeiras e pola tarde a partir das 16.30 hora disputaranse tres partidos entre equipos locais. Ás 16.30 comezarán os encontros Buño SCD-Sporting Seaia CF, Buño SCD-UD Cerqueda e UD Cerqueda-Sporting Seaia CF.
Ó finalizar o evento entregaranse os trofeos elaborados polo oleiro Antonio Pereira, O Rulo.

29Xul 2022

A tradicional regata XLIX Regata Rías Altas chegou ó porto de Malpica encabezada polo Mirfak

O “Mirfak”, o 40 piés da Comisión Naval de Regatas de Ferrol, patroneado por Diego López, entrou no porto de Malpica de Bergantiños ás 18.56 horas da tarde. Era o primeiro barco que o facía en tempo real na primeira etapa da 49 Regata “Rías Altas”, que tivo a saída pasadas as dúas da tarde desde A Coruña.O barco da Armada encabeza tamén a clasificación provisional en ORC 1, seguido do “Urbapaz”, de Fran Edreira (Náutico de Cabanas) e do “Eleko Mambo”, do mesmo Club e patroneado por Carlos Sampedro.En ORC 2 o “Golfiño” de Jose Naya (Náutico Ría de Ares, encabeza a lista do día, mentres que en ORC 2 Víctor Carrión co “Bon 3” (Punta Lagoa) é o primeiro. “A María”, de Carolina Martínez, ocupa a segunda praza; terceiro é o “RaygrasIII”, de Ton Núñez (Carrumeiro) e cuarto, “Sadamar-Alma do Mar”, de Nito Enríquez, do Náutico de Cabanas. Os participantes da XLIX Regata Rías Altas foron recibidos pola concelleira de Promoción Económica Pilar Doldán e pola concelleira de Deportes Noelia Freijeiro. Despois da recepción as concelleiras entregaron os respectivos premios ós deportistas das tres categorías. A segunda etapa Malpica de Bergantiños-Ferrol, con 23 millas de percorrido, sairá mañá ás 12.00 horas do porto de Malpica.

Consulta aquí a clasificación:https://www.rfgvela.es/escora/regatta/rias-altas-2022

27Xul 2022

A 2º edición do evento “Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia” estará o 31 de xullo no Paseo Marítimo de Malpica

O evento trátase dun mercado itinerante, liderado por mulleres creativas, que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos, mulleres que tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega.

O mercado poderase visitar en horario de 11.00 á 20.00.

Unha actividade itinerante, organizada por ONYVA!, na que colabora a concellería de Cultura e Deportes do Concello de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.

Página 19 de 148« Primera...10...1718192021...304050...Última »