Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas

Novas

27Nov 2022

«Feminíssimas», a comedia feminista que arrasou en Malpica

O público gozou coa representación das actrices: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que interpretaron 3 maneiras ben distintas de entender o “feminismo”

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a última hora da tarde de onte, sábado 26 de novembro, a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo .

O vindeiro venres, 2 de decembro,  (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos nos representará a obra “Amantis”. Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.  

23Nov 2022

Malpica reafirma a súa aposta pola Vía Céltica a través do inicio da sinalización do Camiño

  • O goberno local, a través da concellería de Patrimonio, deu comezo ás tarefas de sinalización da vía e programa para despois das festas de Nadal a presentación do paso da vía xacobea por Malpica.

Malpica, 23 de novembro de 2022 – O Concello de Malpica reforza a súa decidida aposta pola Vía Céltica mediante o inicio das tarefas de sinalización deste itinerario.

A Vía Céltica, recentemente incorporada como ruta oficial de peregrinación a Santiago de Compostela, permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostella.

Ademais, tamén anuncia un acto de presentación, previsto para despois do Nadal, do paso do Camiño polo municipio no que se promocionará ante peregrinos parte do patrimonio histórico e paisaxístico de Malpica.

A Concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do noso Concello con todos os peregrinos que transiten esta vía” e incide compromiso do Concello en “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza que ofrece Malpica”.

22Nov 2022

Asinada a acta de replanteo para as melloras de camiños municipais

Esta mañá asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras de melloras de camiños municipais de parcelas agrícolas: o camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e o camiño de Oratorio ao río de Vaa. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, reuníronse coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras e posteriormente visitaron os camiños onde se realizarán as melloras. A empresa de mantemento forestal MG S.L será a encargada de realizar os traballos que contan cun orzamento de 64.358,69€.

22Nov 2022

O Concello de Malpica conmemorará o 25N coa proxección de un vídeo no que participan as asociacións da vila

O Concello de Malpica conmemorara este 25N o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa lectura do manifestó, as 12:00 horas diante do consistorio, e posteriormente visualizarase no salón de plenos un vídeo no que participaron as seguintes asociacións do Concello:

Clubs de fútbol Buño, Cerqueda masculino e feminino, Seaia, Malpica, Veteranos de Leiloio e Malpica Asociación Malante, Asociación Raigañas, Asociación Carcaxía, Club de Patinaxe Velúa, surf Malpica “One Surf Academy”, as Redeiras O Peirao, a Asociación do Cancro de Malpica, Asociación de Oleiros, a Asociación Visibles.

Dende o Concello recordamos a axuda que atoparán as vítimas nas canles oficiais e que poden chamar ao 016, ou poñerse en contacto coa concellaría de Igualdade do Concello de Malpica.

21Nov 2022

Asinada a acta de replanteo para o inicio das obras de mellora da vía na Rúa Ventorrillo.

Esta mañá asinouse a acta de replanteo para o inicio das obras de reparación da Rúa Ventorrillo. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga e o concelleiro de obras, Miguel Ángel Fernández Mirás, reuníronse coa empresa adxudicataria  para formalizar o inicio das obras e posteriormente visitaron a vía onde realizaranse as mesmas. As obras, que están incluídas no POS+2022,  serán realizadas pola  empresa López Cao S.L. O custo total da mesma é de 39.9930€.

20Nov 2022

Unha vintena de voluntarios retiraron 120 quilos de residuos da praia de Seaia

Un grupo de vinte voluntarios de Malpica -entre eles, o segundo tenente de alcalde e conelleiro de Medioambiente, Miguel Ángel Fernádez Mirás – limparon no día de hoxe a praia de Seaia. Foi a través dunha iniciativa sostible co medio ambiente que partiu da Asociación limpOcean e do Concello de Malpica.

Entre todos recolleron 120 quilos de lixo mariño sobre todo plástico. Nos próximos días anunciaremos máis iniciativas nesta liña nas que o Concello de Malpica xa está a traballar.

16Nov 2022

A I edición de “Malpica coida de ti” celebrarase do 23 ao 30 de novembro

Os comercios de Malpica que queiran adherise a esta iniciativa xa poden facelo.

A Concellaría de Promoción Económica de Malpica lanza “Malpica coida de ti”  e celebrase do día 23 ao 30 de novembro. Mercar no sector da alimentación no comercio local ten premio. Os comercios que queiran adherise a esta iniciativa poden facelo chamando ao 981711303 ou enviando mail a pilidoldan@gmail.com

Cada persoa que merque no sector do pequeno comercio da alimentación recibirá con cada compra igual ou superior a 5€  unha rifa e entrará no sorteo de 3 ceas  para da gozar da gastronomía nos restaurantes da vila.

O sector da alimentación do noso pequeno comercio local ten produtos frescos, de proximidade e sans.

Esta primeira edición, impulsada desde o Concello de Malpica, ten como obxectivo a promoción económica do sector da alimentación, para o impulso do consumo no pequeno comercio local.

14Nov 2022

A praia de Area Maior de Malpica simula este sábado o rescate de tartarugas e mamíferos mariños

O Concello de Malpica colabora coa Deputación da Coruña e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na organización dun simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

A actividade terá lugar este sábado 19 de novembro ás 11:00h na praia de Area Maior, en Malpica. Todas as persoas interesadas en participar no simulacro poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemmasolicitud@gmail.com.

Con este tipo de eventos preténdese que as persoas teñan os recursos e coñecementos suficientes para saber como actuar en caso de que algún animal mariño corra perigo ou chegue ás praias da zona desorientado.

12Nov 2022

Eduardo Parga mantivo coa conselleira, Ethel Vázquez, unha reunión de traballo para solicitar financiamento do saneamento e depuración para o lugar de Beo

Na reunión tamén se trataron varias necesidades de seguridade viaria

Onte o alcalde de Malpica, Eduardo Parga,  e o 2º tenente alcalde, Miguel Ángel Fernández, mantiveron  un encontro  de traballo coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas importantes para o Concello de Malpica.

O rexedor solicitoulle axuda á conselleira para o financiamento dunha obra fundamental como é saneamento e depuración para o lugar de Beo.

O orzamento para levar a cabo a obra sería de  774.619€, o cal a Xunta aportaría o 80% e o concello o 20%. Ethel Vázquez, comprometeuse a estudar o proxecto e a traballar para levalas a cabo o máis pronto posible.

Parga tamén expuxo a necesidade de facer unha actuación na vía AC-418, a altura do colexio Milladoiro, para mellorar o acceso tanto do centro educativo como do Centro Cívico da vila.

Ademais o rexedor tamén pediu unha intervención no entorno da rotonda da Balsa para que os viandantes que veñen de Cambre poidan cruzar a estrada sen perigo xa que é unha vía moi transitada. A conselleira tomou boa nota das peticións e comprometeuse a mandar ós técnicos para acadar unha pronta solución a prol da seguridade dos veciños e das veciñas do concello.

Parga agradeceu a conselleira, Ethel Vázquez, que sempre atenda con celeridade as súas peticións e pediulle que firmara no libro de honra. 

12Nov 2022

Analíticas da agua

Bombeo da Balsa
Centro Cívico
Decantador da ETAP
Depósito de Monte Nariga
Depósito de Monte Neme
Depósito das Papeiras

Depósito de Pedra Queimada
Escola Unitaria Raxeira
Fonte da Praia de Seiruga
Página 14 de 148« Primera...1213141516...203040...Última »