Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 14°
11°
Xoves 14°
11°
Venres 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Case 200 persoas participaron no Ecomuseo do Forno do Forte nas actividades da campaña “Hola cerámica”

6Xuñ 2019

Case 200 persoas participaron no Ecomuseo do Forno do Forte nas actividades da campaña “Hola cerámica”

hola ceramica 2

Un total de 194 persoas participaron a fin de semana pasada nas actividades incluídas na campaña ¡Hola cerámica!, unha iniciativa que se desenvolveu nos concellos adheridos á Asociación Española de Cidades da Cerámica (AECC) coa finalidade achegar a cerámica a un público cada vez máis amplo.

Visitas guiadas, demostracións do oleiro no torno e obradoiros infantís centraron a atención do público que se achegou ata o Ecomuseo do Forno do Forte, e que realizou unha valoración moi positiva da experiencia.