Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 14°
11°
Venres 13°
10°
Sábado 13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. Benestar poñerá en marcha ao longo do próximo curso a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará 41 prazas

2Feb 2015

Benestar poñerá en marcha ao longo do próximo curso a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará 41 prazas

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe as obras, que se prevé que rematen antes do verán
540-f-foto

A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha ao longo do próximo curso escolar 2015-2016 a primeira escola infantil pública de Malpica, que ofertará un total de 41 prazas de 0-3 anos ás familias. Así o anunciou hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, nesta localidade, onde visitou as obras que se iniciaron no mes de xullo e se prevé que rematen antes de verán. A conselleira estivo acompañada polo xerente do Consorcio de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez; a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo; o deputado Aurelio Núñez; o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e os concelleiros Miguel Fernández, Marisol Blanco e Alfredo Cañizo.

O investimento total para a construción e o equipamento do centro supera os 400.000 euros. Coa posta en marcha desta infraestrutura, as prazas públicas da Rede autonómica A Galiña Azul na comarca de Bergantiños ascenderán a 401, un 128 % máis das que había en abril de 2009.

Mato sinalou que esta medida forma parte da aposta do Goberno galego por acadar a conciliación laboral e familiar das familias galegas, un dos principais eixos do Plan de Dinamización Demográfica. Deste xeito, a Xunta ten creadas desde 2009 un total de 3.320 prazas en escolas infantís, máis dun 60 % das que había ese ano. Na provincia da Coruña creáronse máis de 1.600, un incremento do 90 % con respecto a 2009.

 

En total, a oferta actual de prazas 0-3 anos en Galicia é de preto de 9.000. Estas prazas da Rede A Galiña Azul súmanse á oferta de 0-3 anos sostidas con fondos públicos, que no curso 2014-2015 suman máis de 19.200 (escolas da Xunta, municipais, de iniciativa social e cheque infantil). O incremento de prazas permitiu mellorar a porcentaxe de atención. De feito, desde o curso 2009-2010 a taxa de cobertura das escolas infantís financiadas con fondos públicos sobre a poboación galega de 0 a 3 anos mellorou en case 12 puntos. Así, se no curso 2009-2010 a ratio era do 18,7%, na actualidade esta taxa ascende ao 30,1%.

 

Por último, neste eido, Mato destacou que antes de que remate a lexislatura tense previsto a creación de máis de 2.000 novas prazas en toda Galicia, o que significará, segundo afirmou, “practicamente dobrar as que había en abril de 2009”.