Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Martes 13°
Mércores 14°
10°
Xoves 15°
12°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar segue medrando e este ano contará coa participación de 10 locais de hostalaría

13Set 2018

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar segue medrando e este ano contará coa participación de 10 locais de hostalaría

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Promoción Económica e o sector hostaleiro de Malpica unen esforzos para desenvolver unha iniciativa conxunta que enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalería e a olería. A iniciativa, promovida pola concelleira Pilar Doldán, vai a máis, e este ano a Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar contará coa participación de 10 establecementos, que do 21 ao 23 deste mes tratarán de sorprendernos cunhas exquisitas elaboracións moi malpicás.

Malpica Sabe a Mar pretende diferenciarse doutras iniciativas semellantes incluíndo os produtos pesqueiros como ingrediente de todas as tapas, o que permitirá, por unha banda, poñer en valor o produto local e o sector pesqueiro, e, por outra, fomentar a innovación e a creatividade na elaboración de produtos de consumo tradicional. O terceiro elemento que incluiría a ruta sería a olería, xa que para a ocasión elaboraranse no Ecomuseo do Forno do Forte pratos artesanais que se repartirán entre os 10 establecementos participantes: Taberna do Lesto, O Burato, Humboldt, Ybarra, JB, San Francisco, Larada, O Pescador, Santiago Apóstol e O Cruceiro, que participa por primeira vez.

A Ruta de Tapas Malpica Sabe a Mar arrancará o venres 21. As tapas serviranse nesa primeira xornada de 20.00 a 23.00 horas; o sábado, de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 23.00, e o domingo, de 12.00 a 14.00 horas. As tapas custarán 1,5 euros, e con cada unha entregaráselle ao cliente un boleto que lle permitirá obter premios directos.

Malpica-Sabe-a-Mar_2018 (1)