gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Mércores 13°
11°
Xoves 15°
12°
Venres 16°
14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A organización do Camiño sen Límites agradeceu a colaboración do Concello de Malpica, a Policía Local e Protección Civil

4Dec 2018

A organización do Camiño sen Límites agradeceu a colaboración do Concello de Malpica, a Policía Local e Protección Civil

fedampas

Rosario Fernández Cancela, en representación das entidades que organizaron a terceira edición do Camiño sen Límites, entregou hoxe os diplomas de agradecemento ao Concello de Malpica, representado polo alcalde, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Fernández; á Policía Local, representada por David Souto, e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, representada por Iván Muiño.

Fedanpas Costa da Morte e Rompendo Límites recompensan deste xeito o apoio recibido para a organización da segunda etapa, que se desenvolveu no noso concello. O alcalde expresou o agradecemento do Concello e do pobo de Malpica ás entidades organizadoras da iniciativa polo importante labor de integración social que desenvolven ao longo de todo o ano.