Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 17°
11°
Domingo 17°
11°
Luns 15°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A corporación municipal de Malpica aprobou o Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016) por 170.150,18 euros

18Mar 2016

A corporación municipal de Malpica aprobou o Plan de Aforro e Investimento (PAI 2016) por 170.150,18 euros

O Concello investirá os fondos na mellora do alumeado de Barizo, Malpica, Mens e Vilanova, así como na marquesiña do Milladoiro

A corporación municipal de Malpica aprobou no pleno do xoves o Plan de Aforro e Investimento 2016 por un total de 170.150,18 euros. Todos os grupos, agás AIM, votaron a favor da proposta presentada polo goberno municipal. O Concello de Malpica destinará 46.409,77 euros á redución da débeda, e o resto, a infraestruturas. En concreto, cos fondos do PAI acometerase a segunda fase da marquesiña do Milladoiro, por 31.222,25 euros, e o proxecto de mellora do alumeado público de Barizo, Malpica, Mens e Vilanova, por 92.518,16 euros.