gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 20°
13°
Sábado 21°
15°
Domingo 18°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha un curso de técnicas de colocación de pladur e pintura para persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión social

26Out 2015

A Concellería de Servizos Sociais pon en marcha un curso de técnicas de colocación de pladur e pintura para persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión social

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro, que terá 42 horas de duración e será impartido pola Asociación Íntegro

540-f-foto

A Concellería de Servizos Sociais de Malpica porá en marcha o vindeiro 3 de novembro un curso de técnicas de colocación de pladur e pintura destinado a persoas con diversidade funcional e/ou en risco de exclusión social e subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña. O obradoiro, de carácter eminentemente práctico, terá 42 horas de duración, e será impartido pola Asociación Íntegro na Casa do Oleiro de Buño, onde se desenvolverá tanto a formación teórica coma a práctica. As clases serán os luns, martes e xoves, de 09.30 a 13.00 horas.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Os/as interesados/as poden inscribirse xa no Departamento de Servizos Sociais (Centro Cívico) ou chamando ao número de teléfono 981 720 280.