Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Xoves 15°
11°
Venres 16°
11°
Sábado 17°
11°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. A Asociación Íntegro pon ao Concello de Malpica como exemplo de visibilización das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión

3Nov 2015

A Asociación Íntegro pon ao Concello de Malpica como exemplo de visibilización das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión

Dez veciños e veciñas que forman parte deses colectivos iniciaron hoxe na Casa do Oleiro de Buño un curso de técnicas de colocación de pladur

540-f-foto

O presidente da Asociación Íntegro, Adolfo López Baña, destacou hoxe o labor de visibilización das persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión que desenvolve o Concello de Malpica, e nese sentido púxoo como exemplo. “Malpica é o primeiro concello que aposta pola visibilización destes colectivos, é un exemplo para outros”, manifestou. Ademais, Adolfo López insistiu no obxectivo da Asociación Íntegro de reforzarse coma entidade prestadora de servizos, cada vez con maior autonomía e menor dependencia das axudas institucionais.

Adolfo López Baña asistiu á inauguración do curso de técnicas de colocación de pladur que comezou hoxe na Casa do Oleiro de Buño e no que participan dez persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión. No acto participaron tamén a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, que animou aos alumnos e alumnas a aproveitar o curso para intentar mellorar a súa situación laboral.

O obradoiro, subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, desenvolverase os luns, martes e xoves, de 9.30 a 13.00 horas, ata o 3 de decembro. As sesións serán fundamentalmente prácticas e consistirán no arranxo dunha aula situada no primeiro andar da Casa do Oleiro.