Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 13°
Sábado 12°
Domingo 14°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. 60 participantes nos cursos de surf organizados polo club Silfo coa colaboración do Concello de Malpica

23Ago 2016

60 participantes nos cursos de surf organizados polo club Silfo coa colaboración do Concello de Malpica

surf-3-web

Sesenta nenos e nenas de 8 a 16 anos participan ao longo desta semana nos cursos de surf organizados polo club Silfo coa colaboración do Concello de Malpica de Bergantiños. O alcalde, Eduardo Parga; o 1º tenente de alcalde, Miguel Fernández, e o concelleiro de Deportes, Iago Espasandín, acudiron hoxe á presentación da iniciativa xunto co presidente do Silfo, Juan José Rodríguez. As sesións desenvolveranse ata o xoves.

Así mesmo, do 29 ao 31 realizaranse os cursos de kayak do Club Náutico de Malpica para pequenos/as de 9 anos en diante.