Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2020
  3. Maio

Maio 2020

18Mai 2020

O Concello de Malpica prepara un formulario en liña para solicitar cita previa nas oficinas municipais

O Concello de Malpica habilita un formulario en liña para solicitar cita previa nas oficinas municipais. Desde hoxe, luns 18 de maio, pódese cumplimentar cos datos persoais a través da ligazón que habilitamos ao final deste artigo.

Nun simple cuestionario, débense introducir nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, número de teléfono, a preferencia horaria e o departamento de destino. Tamén se pode elixir a modalidade preferente da cita, si é urxente ou non e deixar un comentario explicativo.

O alcalde, Walter Pardo, sinala que “será un procedimento ao que teremos que acostumarnos as vindeiras semanas, porque así o require a situación. Pensamos que a mellor idea para xestionar as citas presenciais é así, aínda que tamén temos habilitada a liña do Concello para toda a xente que non poida, ou non o considere así, solicitar cita a través desta ligazón”, destaca o rexedor malpicán.

 

https://sede.malpicadebergantinos.es/opencms/es/cita/index.html

13Mai 2020

O Concello de Malpica de Bergantiños reforza o seu compromiso coa cultura

O apoio á cultura foi, é e sempre será unha prioridade para o Concello de Malpica de Bergantiños. O noso compromiso co sector refórzase nestes días nos que moitas e moitos profesionais están sufrindo os efectos provocados pola crise do coronavirus. Agora, máis que nunca, a concellería de Cultura do Concello estará do lado das xestoras e dos xestores culturais, músicos e músicas, artistas escénicos e do audiovisual, das escritoras e escritores e, en xeral, de todas aquelas persoas que viven, día a día, da cultura.

Nestas últimas semanas, vimos a gran parte do sector ofrecendo contidos de xeito altruísta, co único fin de que as cidadás e cidadáns puideran levar mellor esta difícil situación. E é que, se algo aprendemos deste confinamento, foi a apreciar con máis forza o valor da música en vivo, a maxia que se xera nun escenario, ou a enorme satisfacción de poder sentarse nunha butaca e gozar da última estrea cinematográfica. Aprendemos, en definitiva, o superpoder da cultura, que se converte na nosa mellor aliada nos momentos máis difíciles.

Cremos que este é o momento de devolverlles o favor, e querémolo facer amosando o noso máis firme compromiso con este ámbito. Tal é o noso apoio, que a intención é buscar alternativas que nos permitan pospor a programación cultural de 2020 en lugar de cancelala. Isto redundará, non só no beneficio do propio sector, senón tamén no da veciñanza do noso municipio. Porque entendemos, e o estado de alarma así nolo demostrou, que a cultura segue a ser un piar fundamental na sociedade.

Desde a concellería de Cultura estamos estudando xa as diferentes opcións para ofrecer á cidadanía de Malpica unha programación completa, sempre atendendo ás directrices fixadas polas autoridades sanitarias. Farémolo para que a cultura nunca pare.

11Mai 2020

O alcalde de Malpica, na presentación do plan de Reactivación Económica da Costa da Morte

Hoxe presentouse en Vimianzo o plan de Reactivación Económica da Costa da Morte, onde estivo presente Walter Pardo, rexedor mapicán.

Unha folla de ruta que pretende facilitar a toma de decisións das alcaldías dentro das súas competencias e que pretende minimizar os efectos negativos da pandemia, acurtar o prazo de recuperación, consolidar a sustentabilidade social, económica e medioambiental do territorio, reforzar a identidade territorial e colaborar cos diferentes grupos de interese da comarca.

Cada unha das 60 propostas está enmarcada dentro duns eixos estratéxicos específicos (talento, gobernanza, reactivación económica, consumo e comercio de proximidade ou valorización do rural) a través dos que se acadarían obxectivos diferentes.

O obxectivo deste encontro era o de poñer en común o documento para, entre todos, rematar de perfilalo ao engadir, modificar ou desbotar algunha das liñas. “Por dicilo dalgún xeito, é un plan vivo que se presenta como un menú á carta onde agora cada alcalde ou alcaldesa pode escoller as accións que máis lle conveñan polas características do seu territorio e decidir se algunha a aplica de xeito individual no seu Concello e outras as propón de forma conxunta con máis administracións”, explicaron desde o comité de traballo dos ADL.

Participan no mesmo 14 concellos da Costa da Morte, nunha proposta para reactivar economicamente toda a contorna e saír da crise provocada pola covid-19.

“Valoramos moi positivamente este encontro, xa que demostra a coordinación territorial entre os concellos que integramos a Costa da Morte. Agradézolle a todas as alcaldesas e alcaldes a súa vontade, así como aos profesionais que teñen participado na redacción deste plan”, comentou Walter Pardo, alcalde de Malpica.

7Mai 2020

O Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma

O Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas Abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma.

A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición en lembranza da crise sanitaria que estamos a vivir.

Con ‘Xanelas abertas’, impulsada desde a concellería de Cultura do Concello de Malpica, buscouse darlle valor a un elemento vertebrador da nosa sociedade: a cultura. Neste tempo de confinamento resulta indispensable manterse activa e que isto sirva para compendiar material a modo de imaxe, debuxo ou texto en lembranza por e para sempre do ocorrido.

A concelleira de Cultura, Leticia Varela, quixo destacar que “trátase da guinda a unha serie de traballos previos non só para manternos ocupadas durante o confinamento, senón tamén para resaltar o valor da cultura e de crear recordos, que nos conforman como sociedade ao fin e ao cabo”, finalizou.

XANELAS ABERTAS

 

Bases Xanelas Abertas Concello Malpica

Ficha inscrición Xanelas Abertas adultos

Ficha inscrición Xanelas Abertas menores

6Mai 2020

Malpica fai entrega das derradeiras cartas e debuxos aos pacientes de coronavirus

O Concello de Malpica fixo entrega esta mañá das derradeiras cartas a pacientes ingresados no CHUAC por coronavirus. A iniciativa da Fundación María José Jove, #cartasconalma, permite a recollida do material para facer entrega no centro sanitario coruñés.

Así, dende o Concello e en coordinación cos distintos centros educativos de Malpica, colaboramos con esta bonita iniciativa, que permitirá achegar ánimos dende a distancia ás persoas que están a sufrir o coronavirus. A temática é libre, así como o seu formato.

A concelleira de Educación, María Álvarez, admite que “era imposible non sumarse a esta iniciativa. Si cun pequeno xesto podemos contribuír a axudar a aquelas persoas hospitalizadas por coronavirus, que ninguén dubide que o imos facer”, apunta a edil.

Pola súa banda, o alcalde, Walter Pardo, anima a “todas as crianzas de Malpica a colaborar nesta marabillosa idea, para que en nome de todos, lles fagan chegar esas mensaxes de “non estades sós e soas”, subliña o alcalde

6Mai 2020

Malpica entrega as últimas cartas e debuxos a pacientes ingresados por coronavirus

O Concello de Malpica fixo entrega das derradeiras cartas a pacientes ingresados no CHUAC por coronavirus. A iniciativa da Fundación María José Jove, #cartasconalma, permite a recollida do material para facer entrega no centro sanitario coruñés.

Así, dende o Concello e en coordinación cos distintos centros educativos de Malpica, colaboramos con esta bonita iniciativa, que permitirá achegar ánimos dende a distancia ás persoas que están a sufrir o coronavirus. A temática é libre, así como o seu formato.

A concelleira de Educación, María Álvarez, admite que “era imposible non sumarse a esta iniciativa. Si cun pequeno xesto podemos contribuír a axudar a aquelas persoas hospitalizadas por coronavirus, que ninguén dubide que o imos facer”, apunta a edil.

Pola súa banda, o alcalde, Walter Pardo, anima a “todas as crianzas de Malpica a colaborar nesta marabillosa idea, para que en nome de todos, lles fagan chegar esas mensaxes de “non estades sós e soas”, subliña o alcalde.