Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2020
  3. Marzo

Marzo 2020

30Mar 2020

O Concello e a Confraría unen forzas para solicitarlle ao Ministerio de Pesca medidas de protección para a flota durante a crise sanitaria

O Concello de Malpica e a Confraría de Pescadores malpicá unen forzas para solicitarlle ao Ministerio de Pesca medidas de protección para a flota durante a crise sanitaria provocada polo COVID-19. O alcalde, Walter Pardo, e o Patrón Maior, Pedro Pérez, escribiron ao ministro de Pesca, Luis Planas.

O rexedor malpicán advirte de que “a pesca forma parte da cadena alimenticia e o peixe é un ben de primeira necesidade, pero as técnicas de pesca de baixura non ofrecen seguridade aos traballadores, e cremos que as embarcacións de pesca artesá deberían ter posibilidade de acollerse a un ERTE”, afirma Pardo.

A esta circunstancia vencéllase tamén a caída do prezo do peixe, derivada fundamentalmente do peche dos establecementos de hostalería e restauración, así como do confinamento da poboación.

“Non é a nosa intención engadir un problema máis á complexa situación que lle corresponde xestionar estes días, pero transmitímoslle a situación límite que está a vivir a nosa flota, tanto pola ausencia de condicións de seguridade como pola mala
rentabilidade”, din o alcalde e o Patrón Maior.

30Mar 2020

Axudas do comedor escolar para as familias de Malpica

Desde o CEIP Milladoiro fan saber á veciñanza a convocatoria de axudas do comedor escolar. Están destinadas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

s axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

Toda a información, na dirección web do centro: https://bit.ly/2JsbV74

26Mar 2020

O Concello de Malpica devolverá as taxas en materia deportiva

Desde a concelleria de deportes infórmase que no relativo ás taxas cobradas polo Concello de Malpica pola participación en actividades xestionadas polo Departamento de Deportes no mes de marzo, comunicamos que non procede ao cobramento da parte proporcional das mesmas.
 
Devolveranse, por tanto, estes importes existindo dúas posibilidades:
 
  • Decrétase o fin do estado de alarma e se realizan as actividades do mes de maio: compensación coa cota dese mes.
 
  • Se non podemos reanudar as actividades e non se realizan durante o mes de maio: o Concello iniciará un expediente de devolución de ingresos de oficio, que se fará efectivo nas contas polas que se cobraron os recibos.
20Mar 2020

O Concello de Malpica desinfectará os principais espazos públicos da vila

 O Concello de Malpica, en cumplimento cos protocolos sanitarios para tratar de frear o avance do COVID-19, desinfectará os principais espazos públicos da vila.

As accións de fumigación levaranse a cabo mañá, sábado 21 de marzo, e pasado, domingo 21 de marzo, por parte de traballadores municipais, quenes cun líquido a base de lixivia e auga aplicarán unha desinfección en rúas, verxas, paredes e entradas dos espazos máis concorridos de Malpica.

Neste senso, o alcalde Walter Pardo quixo destacar “o traballo que están a desempeñar estes días os traballadores municipais. Por outra banda, insto á cidadanía a quedar na casa, xa que só así poderemos frear a pandemia”, concluía o rexedor.

Concello de Mapica

18Mar 2020

O Concello de Malpica bota a andar un servizo de colaboración con persoas en situación de vulnerabilidade

O Concello de Malpica de Bergantiños está a desenvolver a través dos Servizos Sociais municipais un servizo de colaboración coas persoas en situación de vulnerabilidade, para tratar de frear a crise de expansión do COVID-19.

Este servizo está destinado exclusivamente a persoas con problemas de saúde, mobilidade ou idade avanzada que estean sós e non dispoñan de apoio familiar. O catálogo de servizos está aberto tanto á provisión de alimentos como de medicamentos.

Todas e todos os usuarios durante a prestación deste servizo, atenderá ntodas as recomendacións de seguridade establecidas para a situación de alerta sanitaria na que nos atopamos, e deberán seguir estritamente as instrucións que reciban do persoal dos Servizos Municipais.

Para contactar con nós, poñemos a disposición o número de teléfono 981 720 280 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

15Mar 2020

Comunicado do alcalde de Malpica ante a situación de emerxencia sanitaria

Veciñas e veciños de Malpica :

Tócanos dar o mellar de nós para que isto remate o antes posible. Estamos ante una situación de alerta elevada, pero coa nosa vontade imos paralo. En Malpica, como pobo, sempre fumos un exemplo, e a partir de hoxe non imos ser menos.

Estamos ante unha crise que varía cada hora. Estamos a traballar sen descanso para adaptarnos o máis rápido posible á evolución da curva de contaxio do virus.

Diríxome desde aquí, en primeiro termo, á poboación en maior risco. Xente maior e/ou que presenta algunha patoloxía de risco. Estamos con todas e todos vós. Temos que afrontar isto desde á tranquilidade. Desde o Concello de Malpica poñeremos á vosa disposición todos os medios posibles para tratar de paliar esta crise o máis rápido, pero sobre todo, de xeito eficaz.

Lembrade que o teléfono de información para, no caso de presentar algún tipo de síntoma, é o 900 400 116. Evitemos, na medida do posible, colapsar as liñas do 061 e do 112. O do Concello, desde onde traballaremos arreo, o 981 72 00 01.

De todo corazón quero facer un chamamento tamén, a todas as persoas que están a adicar todo o seu tempo a axudar. Persoal de sanidade, doutores e doutoras, enfermeiros e enfermeiras, celadores e celadoras, persoal de recepción dos hospitais..Pero tamén ás persoas que estades traballando nas tendas de abastecemento, no pequeño comercio, ao persoal de seguridade, de Correos, quioscos, estancos, repartidores…. Un enorme grazas. Fuchedes, sodes e seredes unha parte enorme do sustento da nosa sociedade. E imos colaborar con vós para frear isto.

Grazas a todas e todos pola vosa inestimable colaboración. Polos vosos xestos. Pola vosa actitude, que sempre foi exemplar.

Farémoslle fronte ao coronavirus. Unid@s. E superaremos isto.

Walter Pardo,

Alcalde de Malpica de Bergantiños.

11Mar 2020

O Concello de Malpica adicará a terceira xornada do programa ‘Fórmate en positivo’ á temática da igualdade

O Concello de Malpica adicará a terceira xornada do programa ‘Fórmate en positivo’ á temática da igualdade. A sesión terá lugar no Centro Cívico mañá, xoves 12 de marzo, de 17:00 a 18:30 horas.

Estes faladoiros están abertos a toda a veciñanza, pero están particularmente pensados para a rapazada e as súas familias. Será impartido por profesionais da Asociación Visibles.

 

3Mar 2020

Presentación da iniciativa ‘Zoquiñas vermellas’

O vindeiro día 6 de marzo, ás 20:00 horas no centro comarcal de Buño, terá lugar o acto de presentación de ‘Zoquiñas vermellas’

Malpica emulará a iniciativa dos Zapatos Rojos de Elina Chauvet noutro dos actos da programación do 8 de marzo. A obra da artista mexicana naceu con 33 pares de calzado vermello, da cor do sangue pero tamén do corazón, que expresa esperanza.

Tinguiranse as zoquiñas de cor vermella,  da mesma cor que a obra de Chauvet para tratar de adaptar a Malpica unha obra que xa rompeu barreiras xeográficas, para abrir o debate e a reflexión social acerca da violencia contra as mulleres e a xustiza. Expúxose así en cidades de México, Italia, Arxentina, Chile, Ecuador, España e Reino Unido.

Replicarase así a obra de Elina Chauvet, quen di que ‘namentres a violencia contra as mulleres non sexa un tema urxente nos espazos lexislativos, Zapatos Rojos continuará indefinidamente, xa que é un símbolo de reflexión’. A idea é combinar a olaría, un dos símbolos de identidade de Buño, cun símbolo de reivindicación a nivel internacional, como o é a obra de Chauvet. Así, un dos elementos vertebradores da sociedade malpicá servirá de ‘berro contra a violencia machista’.