Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Venres 18°
16°
Sábado 19°
16°
Domingo 20°
16°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2020

2020

3Xul 2020

O Concello de Malpica estreará o domingo as actividades culturais de verán cunha proxección ao aire libre

O Concello de Malpica estreará este domingo na rúa principal as actividades culturais de verán cunha proxección ao aire libre. Trátase do filme ‘María Solinha’, de Ignacio Vilar.

A proxección comezará ás 22:00 horas do domingo, 5 de xullo. Inicialmente estaba previsto ubicar esta actividade no parque de Malpica, pero finalmente decidiuse optar pola rúa Principal.

Cartel da película ‘María Solinha’


Durante a proxección, así como previa e posteriormente, garantiranse todas as medidas de seguridade, aforo e hixienización derivadas do contexto sanitario provocado pola COVID-19. Á mesma acudirá o director, Ignacio Vilar.


Trátase dun proxecto inédito, no que supón de exhibición con carácter de estrea e primicia mundial dun filme, galego e en galego, en localidades medianas e pequenas que non contan con sala de cine comercial. Na peza, realidade e ficción mestúranse para construír unha película que ‘non é unha historia de mulleres, senón unha historia de amor que trascende o xénero’.


Priorizarase a orde de chegada para completar o aforo, e estímase que arredor dunhas cen persoas poderán ocupar as cadeiras e ser protagonistas desta estrea a nivel galego.

2Xul 2020

Bases del XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

La Asociación Cultural Caldeirón convoca, en colaboración con el Concello de Malpica, el XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

Se establece un premio único de 1.000 euros y la publicación de la 1ª edición de la obra en la colección Illas Sisargas de la Editorial Caldeirón.

El plazo de admisión de originales finaliza el domingo, 19 de septiembre de 2020 a medianoche. Las personas interesadas en participar podrán enviar sus textos por correo electrónico en formato PDF a la dirección premio@caldeiron.org.

2Xul 2020

Bases do XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

A Asociación Cultural Caldeirón convoca, en colaboración co Concello de Malpica, o XV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.

Establéce un premio único de 1.000 euros e a publicación da 1ª edición da obra na colección Illas Sisargas da Editorial Caldeirón.

O prazo de admisión de orixinais remata o domingo, 19 de setembro de 2020 á medianoite. As persoas interesadas en participar poderán enviar os seus textos por correo electrónico en formato PDF ao enderezo premio@caldeiron.org.

2Xul 2020

Malpica inicia os traballos de tala en Croa do Castro, paso previo para a escavación no xacemento

Como explica o alcalde, Walter Pardo, “estas intervencións supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do patrimonio pétreo e natural do noso municipio”.

O Concello de Malpica iniciou hoxe, xoves 2 de xullo, os traballos para talar os eucaliptos no xacemento Croa do Castro. Estes labores preséntanse como o paso previo aos labores de escavación que se acometerán neste lugar. Segundo as previsións do goberno local, estas actuacións rematarán mañá.

Como explica o alcalde do Concello de Malpica, Walter Pardo, “estas intervencións no xacemento supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do noso patrimonio pétreo e natural”. 

1Xul 2020

O concello organiza unha actividade de Zumba na praia de Area Maior

O próximo xoves, 2 de xullo, de 12:00 a 13:00h terá lugar a actividade de Zumba na praia de Area Maior. Esta actividade é para todas as idades e repetirase ao longo de todos os martes e xoves dos meses de xullo e agosto.

Ademáis na sede da escola One Surf Academy (Rúa Campo nº 33 ) continúa “O Verán no Mar”, unha iniciativa que ten como fin promover a conciliación das familias do municipio na época estival. Entre as súas actividades destacan o surf, o kaiak e o paddle-surf.

30Xuñ 2020

O Concello de Malpica impulsa as tarefas para a execución da mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista

O Concello de Malpica impulsa a mellora da avenida Canido e da rúa Boa Vista, executando así unha serie de traballos cun valor aproximado de 39.735,92 euros. 

Imaxe da avenida Canido

Estes consistirán na aplicación dunha capa de rodadura e instalación de sinalización horizontal, que servirá para mellorar a seguridade viaria de peóns e condutores. Observáronse numerosos baches, así como o cuarteamento na pavimentación. Estas anomalías deben ser subsanadas para o correcto mantemento da mesma. 

Nas tarefas previas, limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e incrementaranse a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento. O prazo de execución das mesmas serán de dous meses desde o seu comezo.

O alcalde, Walter Pardo, sinala que ‘executamos gradualmente proxectos que non puidemos arrincar debido ao estado de alarma, pero que son moi necesarios. Nas vindeiras semanas tamén poñeremos en marcha varias limpezas e desbroces moi importantes para moitos núcleos rurais’, anunciou o rexedor. 

26Xuñ 2020

O Concello de Malpica retoma a actividade do mercado ao aire libre dos sábados coa mirada posta na seguridade da veciñanza

O Concello de Malpica retomará mañá, sábado 27 de xuño, a actividade do mercado ao aire libre dos sábados coa mirada posta na seguridade da veciñanza. O alcalde, Walter Pardo, comentou a este respecto que “volverá a actividade da praza, pero coas medidas hixiénicas e sanitarias pertinentes”.

Antes da pandemia provocada pola COVID-19, esta era unha actividade á que acudían moitas veciñas e veciños de Malpica, e unha das que se tivo que suspender debido ao estado de alarma. Unha vez decretado o levantamento do mesmo, o Concello decide retomar e dinamizar o mercado, ao aire libre, para o que se contará con hidroxel á disposición da veciñanza, será obligatorio o uso de máscara sanitaria e recomendable manter o distanciamento social sempre e cando sexa posible.

O alcalde, Walter Pardo, insta á veciñanza a “facer un uso responsable deste espazo, evitando apelotonamentos. Todavía non rematou a incidencia do virus e temos que volver, de xeito gradual, á nosa vida anterior pero sin perderlle o respeto”, amosou o edil.

22Xuñ 2020

O Concello de Malpica senta as bases para impulsar o municipio como destino xeoturístico astronómico

O Concello de Malpica sentou esta mañá as bases para a impulsión do municipio como destino xeoturístico astronómico. Toma base, desta maneira, un proxecto que ten como piar fundamental un estudo técnico realizado polo catedrático de de Física Aplicada da USC, Jorge Mira en 2014.

Esta mañá, no salón de plenos do consistorio malpicán, tivo lugar unha reunión entre o alcalde, Walter Pardo; a concelleira de Cultura, Leticia Varela; o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo; o propio Jorge Mira e o fotoperiodista Basilio Bello.

Imaxe da reunión que tivo lugar esta mañá no salón de plenos | Concello de Malpica

Punta Nariga e Santo Hadrián, polas súas características xeográficas, converten a ambos puntos nun enclave privilexiado para a observación de fenómenos astronómicos. A súa singularidade reside, entre outros factores, no feito ser un dos escasos lugares en Galicia dende os que se pode ver saír e poñerse o Sol sobre o mar en certas épocas do ano.

A baixa contaminación lumínica, clave

Esta característica antóllase fundamental á hora de realizar as observacións, xa que a Costa da Morte a nivel xeral, e Malpica en particular, presenta un índice baixo. Vencellado a isto, preténdese obter financiación para ‘preservar a calidade de observación dos nosos ceos, algo fundamental no turismo astronómico’, comentan desde o goberno local.

Este será un dos puntos nos que se baseará a estratexia, aínda por definir, e que terá múltiples vértices. ‘A olaría de Buño, a restauración e a hostalería serán puntos fundamentais que estarán presentes neste proxecto, xa que englobará a todo o municipio’, comentan desde o Concello.

Estudarase, tamén, a posible certificación de Malpica como ‘Destino turístico Starlight’.

Desde o goberno local apuntan a esta como ‘unha oportunidade única para poñer en valor o noso territorio. Desde aquí temos que dar as grazas tanto a Jorge Mira como a Basilio Bello pola súa achega, dende hai anos, de estudos e traballo fotográfico para poder darlle unha forma sólida a este proxecto, que hoxe ten a súa saída. Estamos tremendamente ilusionados con esta idea, e agardamos que se leve a cabo’, comentan desde o goberno local. Trátase dunha promesa electoral que o concelleiro de Turismo realizou no seu momento.

Pola súa banda, tanto Jorge Mira como Basilio Bello comentan que ‘Malpica, e concretamente os puntos de Santo Hadrián e Punta Nariga, teñen unha serie de condicións para facer deste lugar un enclave único en materia de astroturismo. Queremos agradecer tamén a total colaboración da administración local nun proxecto do que pronto teredes máis novas’, comentaron ambos.

15Xuñ 2020

O Ximnasio Municipal está dispoñible desde para a cidadanía desde o 15 de xuño

O Ximnasio Municipal de Malpica está dispoñible á cidadanía desde hoxe, luns 15 de xuño. O uso será, exclusivamente, mediante cita previa, con aforo limitado e unha duración de adestramento de 55 minutos como máximo.
Desinfectarase os aparellos despois de cada quenda e colocaranse dispensadores de hidroxel e papel en lugares accesibles aos usuarios e usuarias.
Non se poderán empregar os vestiarios.
As persoas que desexen pedir cita previa poderán facelo chamando ao teléfono 981 72 14 09. Horario de mañás de luns a venres de 10.00 a 13.00 e horario de tardes de luns a venres de 19.00 a 22.00 horas.

Página 1 de 612345...Última »