Síguenos en
gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Luns 15°
10°
Martes 14°
Mércores 14°
10°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2019
  3. Novembro

Novembro 2019

29Nov 2019

O Concello de Malpica parabeniza ao CEIP Milladoiro

O Concello de Malpica quixo parabenizar ao CEIP Milladoiro pola consecución do Premio por proxectos que se lle outorgou recentemente ao centro, un galardón a nivel autonómico por “O mar que nos dá!”.
 
O alcalde, Walter Pardo, e a concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Álvarez, visitaron na mañá de hoxe o centro escolar, no que puideron felicitar persoalmente ao seu corpo directivo, encabezado por Olga Rodríguez.
 
Parabéns!
28Nov 2019

Doble sesión de venres na XV Mostra de Teatro de Malpica

A Mostra de Teatro malpicá está chegando a seu fin. Este venres,  29 de novembro, ofrece dous espectáculos, un para público familiar e outro para público adulto. O Centro Cívico acollerá, ás 20:30 horas, “Puño Puñete”, da Compañía Baobab Teatro. Apta para todos os públicos, trátase dun espectáculo de música en directo, cancións, contos e tradición oral. O punto de partida é un diálogo con rima que moita xente seguro que xa ten escoitado: “Puño, Puñete, que tes por dentro?/ Pan e fermento!/ Puño, Puñete, que tes por fóra?/ Pan e cebola!
Posteriormente, ás 23:00 horas, o Submarino Bar será escenario de “Anecdoloxía”, de Oswaldo Digón, un rexistro das crónicas que ten escoitado, vivido ou lido mentres agardaba no aeroporto, viaxando en tren ou simplemente sentado nunha cafetería. Para público adulto.
 
Non as perdades! 
 
27Nov 2019

Simulacro no IES Urbano Lugrís

Hoxe, desenvolveuse un simulacro no IES Urbano Lugrís, onde a rapazada puido saber de primeira man como actuar no caso de incendio.
 
Alí estiveron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e o concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo.
27Nov 2019

Sorori(r)dade, no Centro Cívico de Malpica

O Concello de Malpica, a través das concellarías de Igualdade e Benestar, organizou un compendio de actividades con motivo da ‘Semana contra as violencias’. Dentro deste programa onte, martes 26 de novembro, desenvolveuse ás 18:00 horas no Centro Cívico, un obradoiro de risoterapia e sororidade para mulleres.
Alí estiveron o alcalde de Malpica, Walter Pardo, e a concelleira de Igualdade, Leticia Varela.
 
26Nov 2019

Corte no subministro de auga mañá, mércores 27 de novembro

A empresa que presta o servizo de auga vén de comunicarlle ao Concello de Malpica que, por mor dos traballos de mellora que se están a realizar na rúa Emilio González López e na praza Eduardo Vila Fano, procederase ao corte no subministro desde as 9:00 ás 21:00 horas mañá, mércores 27 de novembro, nos seguintes lugares:
 
  • Rúa Igrexa.
  • Rúa Barreiro.
  • Rúa Camiño do Río.
  • 1ª, 2ª, 3ª, 4ª, 5ª, 6ª e 7ª Travesía do Río.
  • Rúa Agros A, rúa Agros B e rúa Agros C.
  • Rúa Orxeira.
  • Traesía de Orxeira.
  • Rúa As Neves.
 
Desculpen as molestias.
26Nov 2019

Malpica celebrará este sábado a ‘Cea das letras 2019’

Malpica celebrará este sábado, 30 de novembro, a ‘Cea das letras 2019’, un evento no que as persoas alí presentes serán agasalladas co libro ‘Marco Livorno’, de Mario Regueira.

Este evento terá lugar na Casa da Cultura de Seaia, ás 21:30 horas, e servirá tamén para coñecer o fallo do XIV Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, que este ano presenta un récord de exemplares, con 34 poemarios. O prezo da cea será de 15 euros e pódense facer reservas nos teléfonos 649 507 285 e no 981 707 104. Estará amenizada polo grupo ‘Traskiband’.

O evento está organizado polo Concello de Malpica e pola Asociación Cultural Caldeirón.

 

26Nov 2019

O Concello de Malpica conclúe a súa viaxe en Manises coa súa asistencia á Bienal Internacional da Cerámica

A concelleira de Olería do Concello de Malpica, Leticia Varela, asistiu onte á Bienal Internacional de Cerámica de Manises e acudiu, ademais, á Asamblea constituinte da Asociación Española de Ciudades de la Cerámica na que se elixiu á nova directiva da entidade. María Jesús Pérez Lozano (Talavera de la Reina) foi escollida como presidenta e Concepción Miguélez (alcaldesa de Alba de Tormes) pasou a ocupar o cargo de vicepresidenta. Así mesmo, a Asamblea serviu para seleccionar Talavera de la Reina como a nova sede da Asociación en España.

 Ao longo do encontro abordáronse temas como a dinamización da cerámica a nivel nacional e europeo ou o proxecto Cerasmus, unha iniciativa que podería ser aplicable para a olería de Buño. Durante a súa visita, a concelleira malpicá estivo acompañada por Eloi Mancebo membro da Asociación de Oleiros de Buño, co que se intercambiaron ideas con outros e outras profesionais da cerámica de diferentes ámbitos e lugares. Así mesmo, logo dun xantar conxunto, Leticia Varela aproveitou a ocasión para visitar o Museo de Cerámica de Manises.

 Tal e como sinalou Varela, acábase de concluír unha “viaxe moi proveitosa para o noso sector oleiro, na medida en que serve para manter o contacto con outras cidades, e supón tamén o intercambio de experiencias e iniciativas que resulta do máis produtivo”.

6Nov 2019

Malpica acollerá o sábado 9 de novembro a II Fase de Niveis de patinaxe por equipos

Malpica acollerá o vindeiro sábado, 9 de novembro, a II Fase de Niveis de patinaxe por equipos, no Pavillón Municipal. Este evento está organizado polo Club de Patinaxe Velúa, da localidade malpicá.

Será un campionato no que participarán conxuntos da zona norte da Coruña. En total, catorce equipos, con arredor de 100 inscritos, e que comprenderá os niveis 1, 2 e 3. Dará comezo ás 10:30 horas da mañá, coa participación dos clubes Lenda, Costa da Morte, Patín Axel, Escola Lubiáns, Conxuro, Buxaina, Alquimia, Velúa, Aura e Inercia. Pola tarde, saltarán á pista os conxuntos Compañía María, Patiart Coristanco, Liceo La Paz e o Raiola. Está previsto que a cita teña remate ás 18:30 horas da tarde.

O club malpicán conta cunha ampla representación nesta fase, coas patinadoras Antía Pérez, Noela Díaz, Mara Rega, Lara Verdes, Noelia Cedeira, Leticia Chouciño e Ainhoa López.