Venres 22, a partir das 10.30 horas e ata as 14.00 horas na Praia de Area Maior
1. OBXECTO: O presente concurso terá por obxecto o fomento da cultura.
2. PUBLICIDADE: As presentes bases permanecerán expostas no taboleiro de anuncios do concello dende a súa aprobación ata a finalización do procedemento, dada a súa escasa contía e de acordo co disposto no apartado VI) 6 do Anexo I das BEO do Concello de Malpica, asemade, se lles dará publicidade mediante a páxina web do Concello de Malpica e cartelería.
3. PRAZO DE INSCRIPCIÓN: O prazo de inscrición rematará o venres día 22 de agosto ás 11.00 h. as inscricións poderán realizarse tanto no Departamento de Educación e Cultura do Concello ata o día 21 de agosto, como na Praia de Area Maior o día 22 de agosto de 2014, dacordo cós modelos de solicitudes facilitados polo Concello e que deberán ser remitidos, debidamente cumplimentadas, ó rexistro xeral dacordo có disposto no apartado VI)7 do Anexo I das BEO.
4. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
– Cada participante ou grupo de participantes só poderá participar cunha única obra.
– Existiran tres modalidades: Infantil (até os 10 anos), amateur (de 10 anos en adiante) e Barcanas (barcanas tradicionais de area sen límites de idade).
– No caso de menores de idade as solicitudes virán presentadas polos pais/nais ou titores que os representen, que terán a condición de beneficiarios.
– Para obtar ó Premio Infantil todo os autores da obra deberán ter como máximo 10 anos cumpridos.
5. Existirán cinco premios: 1º, 2º e 3º na modalidade amateur, premio á mellor Barcala, premio infantil e premio especial do público.
6. CONTÍA MÁXIMA DOS PREMIOS:Os premios estarán dotados do seguinte xeito:
Premios amateur:
1º premio: 130,00 ? e trofeo
2º premio: 70,00 ? e trofeo
3º premio: 40,00 ? e trofeo
Premio a mellor Barcana: trofeo
Premio Infantil: trofeo
Premio Especial do Público: trofeo
7. REQUISITOS, LUGAR E PRAZO DA REALIZACIÓN DAS OBRAS:
– A obras realizaranse na Praia de Aréa Maior nas zonas balizadas polo Concello de Malpica para este fin.
– As obras realizaranse con posterioridade á inscrición do/a participante ou participantes e en calquera caso entre ás 11.00 h. e as 13.00 h. do día 22 de agosto de 2014.
– Para a elaboración das obras só se poderá utilizar aréa e materiais que se atopen depositados na praia.
– Para a elaboración das obras permitirase o uso de ferramenta, difusores de auga, etc. aínda que estes en ningún caso poderán formar parte da obra unha vez rematada.
– Na elaboración das obras non está permitido utilizar ningún producto compactante ou fixador da aréa, agás o auga.
8. CRITERIOS :
O xurado valorará a calidade artística e a orixinalidade de cada proposta. De acordo cos seguintes criterios:
– Calidade técnica da obra
– Complexidade da obra realizada
– Deseño da obra
– Dimensións da obra realizada
– Vinculación da obra co Concello de Malpica
– Orixinalidade da obra
– Para a elección do premio especial do público instalarase unha furna, entre ás 13.00 h. e as 13.30 h. na Praia de Aréa Maior donde tódolos espectadores/as do concurso poderán participar, sendo agraciada a obra con maior número de votos, agás que xa obtivera outro premio por parte do xurado, nese caso otorgaríase á seguinte obra máis votada.
9. O fallo do xurado será inapelable, e será notificado ós presentes no acto.
10. COMPOSICIÓN DO XURADO: O Xurado estará composto por 2 representantes do Concello de Malpica nomeados polo Alcalde (que determinará quen dos dous actuará como Presidente e como vogal) e 2 das entidades colaboradoras (Asociación de Amas de Casa de Malpica e/ou Asociación de Mulleres Redeiras Artesás Mar da Illa) a proposta destas e nomeados/as polo Alcalde e que actuarán como vogais. Actuará como secretario/a do mesmo un/unha funcionario/a do Concello de Malpica designado a tal fin pola Alcaldía.
11. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO: Unha vez elaborada a acta do xurado propoñendo os beneficiarios, o órgano competente, acordará a concesión e recoñecemento de obrigas a favor dos mesmos. O pagamento efectuarase en efectivo tras o fallo do xurado. Os beneficiarios acreditaran suficientemente a súa identidade e a recepción do premio correspondente perante o Concello segundo o modelo facilitado ao efecto.
12. PUBLICIDADE DOS BENEFICIARIOS: Publicarase no taboleiro de anuncios do concello a resolución ou acordo polo que se concedan os premios aos que se refiren as presentes bases.