gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Domingo 16°
13°
Luns 16°
13°
Martes 16°
13°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. 2014
  3. Xullo

Xullo 2014

26Xul 2014

O Concello de Malpica organiza para a vindeira fin de semana a XVI Cocedura Tradicional no Forno do Forte de Buño

Coincidindo coa Mostra da Olería, a Concellería de Turismo repetirá un proceso centenario de elaboración das pezas de barro
540-f-foto

A Concellería de Turismo de Malpica prepara para a vindeira fin de semana unha nova edición, a número 16, da Cocedura Tradicional no Forno do Forte de Buño. O proceso centenario de elaboración das pezas de barro comezará o día 2, ás 11.00 horas, coa carga do forno. O prendido será ás 15.00 horas, e xa a última hora da tarde, aproveitando a calor, celebrarase a Festa da Carroa, outra tradición que vai unida á cocedura tradicional. A descarga do forno será o domingo 3, a partir das 11.00 horas.

 

O concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, destacou a importancia de reproducir unha parte tan importante do proceso de elaboración da olería como é a cocción tal e como se facía en Buño polo menos dende o século XVII. <Intentamos que a Cocedura Tradicional se faga como se fixo sempre>, sinalou. Para conseguilo, todo o proceso, no que participarán veciños e artesáns de Buño, estará supervisado polo oleiro Antonio Pereira, <O Rulo>.

 

Olas, ánforas, porróns? Arredor de 2.000 pezas serán colocadas con sumo coidado no Forno do Forte o sábado pola mañá. Unha vez cargado o forno, a bóveda será tapada con <cachos>, que axudan a manter a calor. O prendido será ás 15.00 horas, e nese momento entrará en escena a <muller dos fumes> para alimentar o forno con toxo ata que acade a temperatura idónea, que se sitúa arredor dos 1.000 graos. E despois será a quenda dos atizadores, que terán a misión de manter a temperatura ata que remate a cocción, unhas catro horas despois. A a calor acumulada aproveitarase para asar as sardiñas, que se servirán acompañado con pan e viño na Festa da Carroa, a partir das 21.00 horas. De feito, a cocedura nestes fornos comunitarios era, antigamente, unha festa.

 

As pezas que se descarguen o domingo do Forno do Forte serán comercializadas cunha etiqueta na que se garante que foron elaboradas de xeito artesanal.

 

25Xul 2014

O Concello de Malpica decide ampliar o obradoiro Pintar na Rúa ante o éxito da actividade

O día 28 tamén se porá en marcha o taller de danza moderna. En ámbolos obradoiros hai prazas libres
540-f-foto

O Concello de Malpica de Bergantiños decidiu prorrogar durante dúas semanas máis o obradoiro Pintar na Rúa ante o éxito da actividade, na que participaron nos últimos 15 días un total de vinte nenos e nenas. Os que quedaron en lista de agarda e todos os que se anoten ata o luns, incluído, poderán participar na segunda fase da experiencia, que arrincará o mesmo día 28.

 

O taller, impartido polas artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi, vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade. Os rapaces poderán completar o traballo realizado nos últimos días nos muros exteriores do Centro Cívico, nos que o cemento está a ser substituído por un enorme e colorido mural co mar e a pesca como temas de inspiración. As pintoras están moi satisfeitas coa resposta dos rapaces e rapazas e coa súa implicación no proxecto malia as súas cortas idades, e a mesma satisfacción existe por parte da Concellería de Cultura de Malpica. De feito, a súa titular, Noelia Freijeiro, non descarta ampliar a iniciativa a outros espazos públicos da vila, na que xa se levou a cabo hai anos unha experiencia semellante de adecentamento de muros e medianeiras con pinturas artísticas.

 

Os nenos e nenas que queiran participar neste novo obradoiro poden acudir o luns 28 ao Centro Cívico antes das 11 da mañá, hora prevista para o inicio da actividade. As sesións teñen dúas horas de duración, de luns a venres, e no caso de choiva están previstas actividades alternativas, tamén de carácter artístico, no Centro Cívico.

 

O luns tamén se porá en marcha o obradoiro de danza moderna, no que os participantes practicarán hip hop e model jazz. O taller terá dúas semanas de duración, do 28 de xullo ao 8 de agosto, e celebrarase no auditorio do Centro Cívico de 11.00 a 13.00 horas, de luns a venres. Esta actividade vai destinada a nen@s e moz@s de 6 a 17 anos de idade, que se repartirán en dous grupos de 12 alumnos como máximo cada un.

 

24Xul 2014

ANUNCIO

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE 1 XEFE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.
540-f-foto

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 337/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de 1 Xefe?Brigada Incendios:

NOME E APELIDOS

 

 

BLANCO TOURIÑO, MARUXA

 

APTA

 

COUSILLAS VIGO, NEREA

 

APTA

 

MARTINEZ OANES, KEVIN

 

APTO

 

 

 Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 10:00 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal) – Buño.

 

———————————————————————————————————

 

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE UN (1)  PEON-CONDUCTOR AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 339/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de1 PEÓN-CONDUCTOR ( Brigada Incendios):

 

1 PEÓN ?CONDUTOR (APTOS)

 

NOME E APELIDOS

 

 

CURES MARTELO, MARCOS MANUEL 

 

APTO

 

FERNANDEZ VILA, ALEJANDRO

 

APTO

 

LISTA CEAN, RICARDO

 

APTO

 

OANES MENDEZ, JULIA

 

APTA

 

PARGA PEREZ, ADRIAN

 

APTO

 

PONCE MARTINEZ, LUIS

 

APTO

 

REMUIÑAN GARCÍA, MANUEL POMPILIO

 

APTO

 

 ROEL ROMAY, YAGO

 

APTO

 

 

Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 10:30 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal) – Buño.

 

——————————————————————————

 

PROCEDEMENTO PARA A SELECCIÓN DE DOUS ( 2 ) PEÓNS AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA.

 

De conformidade co sinalado na base 9ª, e unha vez realizada a Proba de aptitude físcia indicada en resolución de alcaldía nº 338/2014, póla presente FAISE PÚBLICA A RELACIÓN DE APTOS no procedemento de selección convocado polo Concello para a contratación de 2 peóns ?Brigada Incendios:

 

NOME E APELIDOS

 

 

BALSEIRO CAAMAÑO, IVÁN

 

APTO

 

COTELO MUÑOZ, JUAN MANUEL

 

APTO

 

CURES MARTELO, MARCOS MANUEL 

 

APTO

 

FERNANDEZ VILA, ALEJANDRO

 

APTO

 

GOMEZ SUAREZ, BERNABÉ 

 

APTO

 

LISTA CEAN, RICARDO

 

APTO

 

NUÑEL FERREIRO, ADRIAN

 

APTO

 

PARGA PEREZ, ADRIAN

 

APTO

 

PONCE MARTINEZ, LUIS

 

APTO

 

REMUIÑAN GARCÍA, MANUEL POMPILIO

 

APTO

 

 ROEL ROMAY, YAGO

 

APTO

 

VARELA ABELENDA, DAVID

 

APTO

 

Convócase aos aspirantes anteriormente indicados á realización da ENTREVISTA sinalada nas bases, o martes día 29 de xullo, ás 11:30 horas na Casa do Oleiro ? Lugar A Camposa (ao lado do Centro Comarcal)- Buño.

23Xul 2014

Malpica vólcase co ultratrail solidario polo Camiño dos Faros

O xoves 24 durante toda a tarde desenvolveranse actividades culturais previas á saída dos participantes
540-f-foto

Malpica non só vai ser o punto de partida do ultratrail solidario polo Camiño dos Faros, senón que será tamén o escenario de toda unha tarde de actividades nas que está implicada a sociedade local. Xa dende primeira hora empezará a crearse ambiente, pero o groso do programa desenvolverase a partir das 19.30 horas, coa recepción dos representantes da Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas (Fegerec) e do medio cento de corredores que farán toda ou unha parte da ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra pola costa.

 

Este é o programa de actividades do xoves 24 de xullo:

 

19.30 h. Recepción de corredores e representantes do Fegerec no Centro Cívico

 

19.45 h. Explicación básica do Camiño dos Faros e do Ultratrail

 

20.00 h. Proxección do vídeo O Camiño dos Faros.

 

20.30 h. Animación con zumba no palco cedido pola organización do Nordestazo (frente ao Leño).

 

21.30 h. Sardiñada ofrecida pola asociación O Camiño dos Faros

 

22.00 h. Monólogo de Pedro Brandariz

 

23.00 h. Concerto da Traskiband

 

23.45 h. Paseo cos corredores ata o porto.

 

24.00 h. Saída do Ultratrail neutralizada con corredores e membros de Fegerec polo porto e O Caldeirón ata o paseo marítimo, onde se dará a saída para os 50 corredores que intentarán chegar a Fisterra polo Camiño dos Faros en menos de 48 horas.

 

A chegada a Fisterra está prevista para o sábado 26 ás 21.00 horas. Esta edición piloto terá un carácter solidario, de xeito que os participantes precisan apoio mercándolles os quilómetros que van percorrer ao prezo simbólico de 1 euro. O diñeiro que se recaude destinarase integramente ao programa de asistencia sanitaria que Fegerec desenvolve en Galicia para mellorar a saúde do colectivo de persoas afectadas por enfermedades raras e crónicas.

 

21Xul 2014

Materializado o derribo da vella unitaria de Aldeola para iniciar a construción da escola infantil de Malpica

As obras teñen un prazo de execución de oito meses
540-f-foto

A antiga escola unitaria de Aldeola, na parroquia malpicá de Cerqueda, xa non existe. Hoxe pola mañá materializouse o derribo para deixar paso a unha nova e necesaria infraestrutura que viña sendo reclamada polos veciños e veciñas de Malpica dende hai anos: a escola infantil. A obra, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), é froito do convenio asinado o ano pasado polo alcalde, Eduardo Parga, e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar adxudicou os traballos á empresa Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S. L. por un importe de 354.175 euros. O prazo de execución é de oito meses.

 

A escola infantil de Malpica contará con 3 unidades, polo que dará cabida a 41 nenos e nenas de cero a tres anos de idade. O novo edificio terá dúas plantas. Na baixa estarán as aulas, un espazo de usos múltiples, cociña e aseo; mentres que na planta alta emprazaranse a sala de profesores, o despacho de dirección e unha zona de xogos.

 

19Xul 2014

O banco de alimentos de Malpica cumpre un ano

Unha familia monoparental recibirá todo o mobiliario para a súa casa
540-f-foto

Hoxe cúmprese un ano do primeiro reparto de alimentos que se levou a cabo en Malpica grazas ao convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Fundación Amigos de Galicia, segundo lembrou a concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín. O acordo, que foi renovado o pasado mes de abril por doce meses máis, fai posible que vinte familias do municipio reciban todos os meses un lote completo de alimentos frescos e non perecedoiros. O último reparto levouse a cabo onte venres. Nesta ocasión, os veciños que se benefician desta prestación social recibiron leitugas, repolo, ovos, carne de ternera e de cabrito, allo e froita fresca, ademais de pasta, aceite, legumes e salsa de tomate, entre outros produtos envasados.

 

Pero o banco de alimentos, que este ano tamén funcionará no mes de agosto dadas as necesidades sociais existentes, non se limita a garantir produtos alimenticios, senón que tamén cobre outras necesidades. Así, en breve unha familia monoparental  recibirá o mobiliario para a súa casa. Dous dormitorios, mesa e cadeiras de cociña, un armario para o baño e un sofá integran o lote. A esa mesma familia facilitóuselle recentemente a pintura para que puidera adecentar o seu fogar. 

 

17Xul 2014

O Ultratrail Camiño dos Faros partirá do porto de Malpica o día 24

Esta primeira edición piloto terá carácter solidario e servirá para recadar fondos para a Federación galega de enfermidades raras e crónicas
540-f-foto

A Asociación Camiño dos Faros organiza un ultratrail solidario pola ruta de 203 quilómetros que une Malpica con Fisterra. Esta primeira edición non será competitiva, senón que se desenvolverá a xeito de convivencia free running solidario, e todos os fondos que se recaden irán destinados á Federación galega de enfermidades raras e crónicas (Fegerec).

Mañá, día 18, será o último día para inscribirse. Polo momento son 18 os que realizarán os 203 quilómetros  e 17 os que percorrerán diferentes tramos da ruta. A ficha está dispoñible no Facebook da Asociación Camiño dos Faros e na web de Fegerec, na que tamén poden facerse efectivos os donativos. Os organizadores da carreira decidiron ?poñer á venda? 2.432 quilómetros ao prezo simbólico de 1 euro, e xa son moitos os que están vendidos.

O ultratrail arrincará o día 24, ás 24.00 horas, do porto de Malpica, e a chegada á meta, ubicada no Faro de Fisterra, está prevista para o sábado 26 ás 23.59 horas.

12Xul 2014

Malpica recupera Pintar na Rúa cun proxecto de embelecemento para o exterior do Centro Cívico

O luns comezará un obradoiro para nenos de 6 a 14 anos que será impartido polas artistas Paula Fraile e Roberta Venanzi
540-f-foto

Malpica foi un concello pioneiro na Costa da Morte no tratamento artístico de espazos degradados. Pero o proxecto Pintar na Rúa estaba durmido dende hai anos. Agora o Concello, a través da Concellería de Cultura, decide recupéralo coa primeira finalidade de embelecer o muro exterior do Centro Cívico. E serán os nenos e nenas do municipio os encargados de facelo.

 

O luns 14 comeza o obradoiro de manualidades Pintar na Rúa, que constará de 10 sesións e no que participarán nenos de 6 a 14 anos, divididos en dous grupos. Durante dúas semanas, de 11.00 a 12.45 horas, traballarán nun proxecto dirixido polas artistas Paula Fraile (Guadalajara) e Roberta Venanzi (Roma), que están a participar tamén no veciño municipio de Carballo na iniciativa Derrubando Muros con Pintura.

 

Os días de choiva as actividades artísticas trasladaranse ao interior do Centro Cívico, pero, se o tempo o permite, os nenos e nenas decorarán o muro exterior do edificio con motivos mariñeiros. Os interesados aínda están a tempo de inscribirse antes do comezo da actividade, aínda que só hai dez prazas para cada grupo.

 

Pintar na Rúa será o primeiro obradoiro deste mes de xullo. A partir do día 28, e ata o 8 de agosto, celebrarase o de danza moderna, que inclúe hip hop e model jazz.  Está previsto crear dous grupos de 12 alumnos, un para nenos e nenas de 6 a 10 anos e outro para os de 11 a 17. O prezo, coma no obradoiro de pintura, é de 11 euros, e o prazo de inscrición segue aberto ata o inicio da actividade.

 

11Xul 2014

Procedemento de selección de personal para formación dunha BOLSA DE TRABALLO, funcionario/a interino, Grupo C, Subgrupo C1, Escala : Administración Xeral e Subescala: Administrativo.

RESULTADO DO PRIMEIRO EXERCICIO DA FASE DE OPOSICIÓN
540-f-foto

A RELACIÓN DE ASPIRANTES QUE RESULTARON APROBADOS NESTA PROBA, COAS CALIFICACIÓNS QUE DE SEGUIDO SE INDICA, SON OS QUE SEGUEN:

1. Cambón Veiga María Dolores:6,26 PUNTOS.

2. Espasandín Varela Iago:6,53 PUNTOS.

3. Fernández Muiño Susana:6,26 PUNTOS.

4. Fernádez Vila Iria:5,46 PUNTOS

5. Fra Martínez Ignacio:7,3 PUNTOS.

6. García Vázquez María Lourdes:6,63 PUNTOS.

7. Orro Arcay Elena: 8,4 PUNTOS.

 

Convócase, aos aspirantes superadores do primeiro exercicio, para a realización do 2º exercicio da Fase de oposición (proba práctica) indicada nas correspondentes Bases, que terán lugar ás 10:00 horas do día 17 de xullo de 2014 na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños).

 

Así mesmo se informa aos aspirantes convocados que a realización do 3º exercicio, correspondente á proba informática, terá lugar o mesmo día ( 17 de xullo de 2014), na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños), previsiblemente ás 11:30 horas.

 

O que se comunica, mediante a exposición deste anuncio no Tablón de anuncios do Concello e na Casa do Oleiro de Buño ( Malpica de Bergantiños), e na páxina web municipal.

 

 

Malpica de Bergantiños a 11 de xullo de 2014.

 

A SECRETARIA DO TRIBUNAL,

 

 

Asd. Mónica Pichel García

9Xul 2014

RESOLUCIÓN Nº 296/2014

540-f-foto

En data de 16 de xuño de 2014 se firma un convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de Brigadas de prevención e defensa.

 

En data de 3 de xullo  de 2014 , dítase resolución nº 295/2014 pola que se declara como sector ou servizo prioritario, aos efectos do cumprimento do disposto no artigo 23 da Lei da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2013, á brigada municipal de incendios forestais do Concello de Malpica de Bergantiños , composta por catro contratados laborais.

 

Á vista de todo o anterior e de acordo coas atribucións que confire á Alcaldía o art. 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e á vista da consignación orzamentaria existente para levar a cabo a referida contratación, pola presente,

 

RESOLVO:

 

Primeiro.- Aprobar as bases para a provisión, como persoal en réxime laboral temporal dun (1) XEFE DE BRIGADA para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais que a continuación se transcriben:

 

?BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA URXENTE DE CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN (1) XEFE DE BRIGADA AO ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR E O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DE BRIGADAS DE PREVENCIÓN E DEFENSA

 

Primeira: Obxecto da convocatoria.

 

O obxecto desta convocatoria é cubrir mediante concurso unha praza de XEFE DE BRIGADA ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de brigadas de prevención e defensa.

 

As labores a desenvolver consistirán na realización dos seguintes traballos:

 

1.    Intervención nos incendios forestais no ámbito municipal, sen prexuízo de que conforme á normativa aplicable o persoal das brigadas municipais participará nas operacións de extinción e de remate de incendios forestais, baixo o mando único operativo dependente da consellaría competente en materia forestal cando así se decida por parte do mando único e conforme ao artigo 48 .6 da Lei 3/2007.

 

2.    Labores de prevención de incendios, que se desenvolveran en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propietario descoñecido, así como en vías e camiños forestais da súa titularidade cando non sexa posible mecanizar estes traballos.

 

3.     Os traballos de extinción de incendios forestais serán prioritarios con respecto aos traballos de prevención.

 

En particular, o xefe de brigada é o responsable e coordinador do funcionamento da brigada e correspóndelle a coordinación interna da mesma asi como a coordinación desta co persoal do Distrito Forestal ao que pertence o concello.

 

Segunda: Normativa aplicable.

 

Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; Real Decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; Decreto 95/1991, do 20 de marzo pola que se aproba o regulamento de selección de persoal  da Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para la Reforma de la Función Pública; Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada ; Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos a que se debe axusta-lo procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; e supletoriamente, o Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración Xeral do Estado e Orden de 6 de xuño de 2002, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal interino e demais normativa vixente na materia. Lei 7/2007, de 12 de abril del Estatuto Básico del empleado público.

 

Terceira: Modalidade e duración do contrato.

 

A contratación realizaranse a través da modalidade de contrato de obra ou servizo, a xornada completa, e cunhas retribucións de 1.200,00 euros/brutos mes, incluida a prorrata de pagas extras. A duración da obra ou servizo será de 3 meses.

 

As vacacións e o horario, que poderá ser partido en xornada de mañá e tarde, e de luns a domingo, adaptaranse ás necesidades do servizo.

 

Cuarta: Requisitos dos aspirantes.

 

Para participar nas probas selectivas os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo:

 

a)    Ser español ou nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado en que en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderá participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún estado en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España cando sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións  poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

 

b)    Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.

 

c)    Ter cumpridos os 18 anos de idade.

 

d)    Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto de traballo para o que se opta; acreditarase mediante certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados como ?Proba de aptitude física? nestas bases, ademais da situación médica de que non padece enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

 

A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. Os aspirantes con discapacidade farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as probas.

 

e)    Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera Administración Pública, nin atoparse inhablitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme.

 

f)    Dispor de carné de conducir B.

 

Quinta: Presentación de instancias.

 

As instancias solicitando tomar parte neste proceso selectivo presentaranse mediante instancia dirixida ao Sr Alcalde de Malpica de Bergantiños no modelo oficial que se facilitará na devandita entidade.

 

Presentaranse no Rexistro Xeral Municipal, durante o prazo de catro (4) dias naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación dun anuncio nun dos diarios de maior tirada na província, sen perxuízo de que a título méramente enunciativo se efectúe a correspondente publicación no Taboleiro de Anuncios do concello e na páxina web do concello (www.concellomalpica.com) As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992, xde 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro. Non obstante, neste último caso, deberá anticiparse a presentación da solicitude de participación, a través de calquera medio que permita deixar constancia (fax, telegrama etc…) que deberá ter entrada no rexistro do Concello antes de que remate o prazo e hora fixados como o último día para a presentación de solicitudes.

 

Á intancia achegaranse  inescusablemente:

 

          Fotocopia do D.N.I.

 

          Fotocopia dalgunha das titulacións enumeradas no apartado 4 b).

 

          Certificado médico no que se faga constar expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados como ?Proba de aptitude física? nestas bases, ademais da situación médica de que non padece enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións propias do posto.

 

          Documentos xustificativos dos méritos  que se aleguen para o concurso.

 

          Carta de pagamento de ter aboado os dereitos de exame nos servizos económicos municipais ou copia do xustificante de ingreso na conta municipal designada de seguido, cos datos persoais do/a aspirante e praza á que opta (nº de conta para abono bancario: IBAN ES36 2080 0030 9631 1000 0041). En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá substitución do trámite de presentación de instancia. Asemade a ausencia de xustificante do abono dos dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de instancias, non poderá ser obxecto de subsanación, determinando a exclusión do aspirante. Os dereitos de exame establécense en 10 euros, e so serán devoltos a quen non fora admitido/a ao proceso selectivo por non reunir os requisitos esixidos nas presentes bases, esto é únicamente a aqueles aspirantes que resulten excluidos na listaxe definitiva.

 

Agás o certificado médico que deberá ser orixinal, a documentación presentada poderá ser fotocopia simple, debendo únicamente presentar os orixinais e fotocopias debidamente dilixenciadas o aspirante que resulte seleccionado.

 

Sexta: Admisión de candidatos.

 

Rematado o prazo de presentación de instancias, a Presidencia da Corporación, dictará resolución na que se aprobará a lista provisional de admitidos/as  e excluídos/as que se publicará no Taboleiro de Edictos do Concello, e concederase un prazo de dous (2) días naturais para os efectos de reclamacións ou subsanacións de erros. Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas. De non se presentaren reclamacións dentro deste prazo, a relación de admitidos elevarase a definitiva. No caso de que fosen admitidos tódolos aspirantes presentados, poderá dictarse directamente a lista definitiva de admitidos, sen prexuízo de que contra a mesma se poderá interpoñer os recursos procedentes en dereito.

 

As reclamacións, se as houbese, serán resoltas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva que se publicará do mesmo xeito que a provisional. Nesta mesma resolución figurará  a composición do tribunal, o lugar e data da celebración das probas selectivas.

 

No caso de que por circunstancias excepcionais houbese que modificar lugar, data ou hora da valoración de méritos ou da proba de aptitude física, publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello.

 

Sétima: Tribunal Cualificador.

 

O tribunal cualificador será designado por Resolución da Alcaldía, no momento de aprobación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as.

 

Todos/as os/as vogais deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza.

 

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos membros (titulares ou suplentes, indistintamente). En todo caso, será precisa a asistencia do presidente e do secretario.

 

O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores/as especialistas para as probas que considere pertinentes, que se limitarán ao exercicio das súas especialidades técnicas en base exclusivamente as cales colaborarán co órgano de selección.

 

O tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo en todo o non previsto nas bases.

 

Os membros dos tribunais deberán absterse de formar parte de estes cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, notificándoo á autoridade convocante, ou cando realizaran tarefas de preparación a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

 

Os/as aspirantes poderán recusalos de acordo co artigo 29 da mencionada lei.

 

Para os efectos de percepción de asistencias polos membros concorrentes ás sesións dos tribunais, estes estarán clasificados nas categorías que establece o número 1 do artigo 30 do Decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio.

 

 Oitava: Probas selectivas e sistema de cualificación.

 

Nas bases específicas que completen estas bases xerais se concretarán os méritos que se valorarán na fase de concurso, así como os criterios de valoración dos mesmos. Tamén se detallará o contido da proba de aptitude física.

 

Novena: Lista de seleccionados presentación de documentos.

 

En primeiro lugar os aspirantes admitidos definitivamente realizarán a proba de aptitude física e recoñecemento médico, no día, hora e lugar no que sexan convocados. Aqueles aspirantes que non superen a proba de aptitude física e recoñecemento médico cualificaranse como NON APTOS e non continuarán no proceso selectivo. Tampouso se considerán aptos aqueles candidatos/as que non se presenten ás probas médicas, salvo causas de forza maior apreciadas polo Tribunal, que poderá reservar outro día para a realización de ditas probas médicas.

 

Respecto dos candidatos APTOS o tribunal cualificador valorará os méritos aportados por cada aspirante e sinalará o día, hora e lugar ao que se lles convoca para a realización da entrevista curricular cos candidatos.

 

O resultado final do proceso de selección virá determinado pola suma da cualificación  da fase de concurso, sen prexuízo do xa sinalado en relación á proba de aptitude física e recoñecemento médico. En caso de empate, terán preferencia aqueles aspirantes que obtivesen maior puntuación no apartado A-1. Se o empate persistise priorizarase a aqueles que teñan máis puntuación no apartado A-2 e logo no apartado A-4. Finalmente, en caso de que continuara existindo un empate procederase a un sorteo entre os/as  implicados/as.

 

 

O tribunal presentará ao Sr. Alcalde a proposta do/a candidato/a que obtivese maior puntuación e tivera superado a proba de aptitude física, para o seu nomeamento sen que en ningún caso exceda do número de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o anteriormente establecido será nula de pleno dereito.

 

O/a aspirante proposto/a achegará no prazo de dous ( 2) días hábiles, contados a partir da publicación da lista de aprobados no Taboleiro de Edictos do Concello os documentos seguintes ( sempre que non os tivese presentado coa solicitude):

 

          Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o seu cotexo) do Documento Nacional de Identidade.

 

          Fotocopia (que deberá presentarse xunto co orixinal para o seu cotexo) do Título académico esixido.

 

          Certificado médico acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

 

          Declaración xurada de que non foi separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración Pública, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio da función pública por sentencia firme.

 

          Declaración xurada de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.

 

O/a aspirante que faga valer a súa condición de persoa con discapacidade deberá presentar certificado dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes.

 

A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior, o cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán formalizar o contrato e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incurrira por falsidade na solicitude de participación.

 

Décima: Formalización do contrato.

 

Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polo/a interesado/a, o Sr. Alcalde efectuará o nomeamento a favor do/a candidato/a proposto/a e asinará o contrato laboral nun prazo máximo de três (3) días naturais.

 

Undécima: Lista de reserva

 

Ao rematar o proceso selectivo formarase unha relación das personas, en orde decrecente de puntuación. Os que formen parte da mesma poderán ser chamados ( sempre respectando a orde da lista), para cubrir  prazas similares ou situación de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, maternidade, ou calquera outra circunstancia, en prazas de similares características deste Concello.

 

Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ao rematar o período de contratación recuperará o seu lugar na mesma, de xeito que pode ser chamado novamente para outra contratación.

 

Duodécima: curso de formación.

 

Os aspirantes seleccionados deberán participar con carácter obrigatorio nun programa  de formación con un mínimo de 16 horas en materia de defensa contra incendios, comportamento do lume, ferramentas, extinción e liquidación, conducción de vehiculos todoterreo, seguridade laboral, primeiros auxilios, traballos con vehiculos motobomba, liñas de defensa e ferramentas, EPI e comunicacións, seguridade, saúde e partes e médios aéreos, embarque e desembarque.

 

Décimo terceira: Recursos.

 

Esta convocatoria, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven delas ou da actuación do tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

 

BASES ESPECÍFICAS

 

Primeira: Sistema de selección.

 

O sistema de selección será de concurso.

 

Segunda:Retribucións.

 

As retribucións serán as establecidas nas bases xerais para as referidas prazas.

 

Terceira: Proceso selectivo.

 

FASE DE CONCURSO:

 

Valoraranse os seguintes méritos:

 

A.1.?Experiencia profesional ou servizos prestados, ata un máximo de 5 puntos.

 

Por servizos prestados en calquera administración ou empresa privada como xefe de brigada ou capataz en campañas de loita contra o lume: 0,30 puntos por mes, ata un máximo de 5 puntos.

 

Por servizos prestados en calquera administración ou empresa privada como peón ou oficial en campañas de loita contra o lume: 0,10 puntos por mes, ata un máximo de 5 puntos.

 

A acreditación dos servizos prestados efectuarase mediante certificación expedida polo Secretario do Concello ou Entidade Pública onde se teñan prestado os servizos; para a empresa privada certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral de Seguridade Social acompañado do certificado de empresa no que conste a categoría na que se teñen prestado os servizos e/ou contrato de traballo. A non presentación de ambolos documentos (vida laboral + certificado de empresa e/ou contrato de traballo) suporá a non valoración do mérito alegado. Non se valorarán as relacións laborais onde só se acredite a condición de peón. Deberá quedar suficientemente acreditado que se trata de campañas de prevención, vixiancia e loita contra incendios.

 

Non se terán en conta os servizos prestados como autónomo.

 

A.2 Cursos: ata un máximo de 3 puntos

 

Formación: cursos relacionados coa actividade e tarefas do posto de traballo a desenvolver impartidos por unha administración ou entidade pública ou homologadas por elas (neste último caso deberá constar expresamente no título tal homologación para que poidan ser valorados). Só se valorarán os cursos relacionados con prevención e extinción de incendios, manexo de vehículos e maquinaria (ámbolos dous en materia de prevención e extinción de incendios) e prevención de riscos laborais xenéricos ou relacionados directamente co sector obxecto da convocatoria.

 

? De menos de 20 horas: 0,10 puntos por curso.

 

? De 20 a 40 horas: 0,30 puntos por curso.

 

? De máis de 40 horas: 0,50 puntos por curso.

 

Os cursos onde non figuren expresamente o número de horas, valoraranse con 0,05 puntos por curso.

 

A puntuación máxima que se poderá acadar no apartado A.2 será de 3 puntos.

 

A acreditación dos cursos mediante o correspondente certificado da súa realización expedido pola EGAP, Universidade ou calquera Administración Pública, organismos da administración e institucións públicas ou debidamente homologadas por esta. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas senón se xustifica a homologación sinalada.

 

A.3: Permisos de conducir: máximo 1 puntos

 

Por estar en posesión do permiso de conducir BTP: 1 punto.

 

Acreditarase mediante copia autenticada do permiso en vigor. No caso de estar en posesión de máis de un tipo de permiso so se valorará o de maior puntuación.

 

A.4: Entrevista curricular

 

 

A entrevista curricular versará sobre aspectos concretos do posto a cubrir polo candidato/a e relacionados co coñecemento por parte dos aspirantes da defensa contraincendios forestais, ferramentas, comportamento do lume, primeiros auxilios, actuacións en situación de emerxencia e similares, respondendo ás preguntas formuladas polo Tribunal seleccionador.

 

 

Valorarase os coñecementos, a destreza e a rapidez nas respostas por parte dos aspirantes.

 

 

Será obrigatorio acudir á entrevista por parte do participante.

 

 

De non acudir á citada entrevista o participante perderá todos os seus dereitos con respecto a este procedemento selectivo.

 

 

Este apartado non poderá superar os 2 puntos.

 

 

A puntuación máxima na fase de concurso será de 11 puntos.

 

PROBA DE APTITUDE FÍSICA E RECOÑECEMENTO MÉDICO

 

1. Exercicio: proba de aptitude física (carácter eliminatorio

Página 1 de 212