gl_ES
Tempo Malpica de Bergantiños
Sábado 18°
14°
Domingo 18°
15°
Luns 18°
15°
tiempo.com   +info
  1.  
  2. ACTUALIDADE
  3. Novas
  4. BASES DO CONCURSO GALERÍA VINTE VINTE

29Abr 2020

BASES DO CONCURSO GALERÍA VINTE VINTE

O Concello de Malpica de Bergantiños proponse crear unha exposición de fotografía baixo o título de Galería Vinte Vinte. Con este obxectivo convoca un concurso de fotografía co mesmo nome  para impulsar esta iniciativa.

A exposición Galería Vinte Vinte constará, inicialmente, de 10 fotografías que serán seleccionadas polo público a través do perfil de facebook do Concello de Malpica (https://www.facebook.com/concellodemalpica/). Finalizado o proceso participativo, o Concello de Malpica, a través da Concellaría de Cultura, Olería, Igualdade e Patrimonio determinará os espazos e calendario nos que se exporán as obras da Galería Vinte Vinte.

BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA GALERÍA VINTE VINTE

  • Participantes:

a) Poderán participar todas as persoas que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade.

  • Fotografías e textos:

a) As fotografías poderán ser en cor ou b/n, deberán ter título e acompañarse dun texto libre que terá unha extensión máxima de 15 palabras. O título e o texto libre deberán estar escritos en lingua galega.

b)A temática das fotografías versará sobre o período de confinamento e poderán ser imaxes interiores ou exteriores sempre que se realicen dende unha xanela ou un balcón ou terraza.

c) Cada persoa só poderá facer unha proposta de fotografía con título e texto libre para o Concurso de Fotografía Galería Vinte Vinte.

d) As obras que se presenten deberán ser orixinais que non se tivesen publicado en ningún formato.

e) De conter imaxes de persoas, especialmente se son menores a/o autora/r responsabilizarase de obter os permisos para difusión en redes sociais previamente ao seu envío, para participar no concurso.

  • Categorías: Establécense dúas categorías:

a) Xuvenil: de 12 ata  17 anos.

b) Adultas/os: de 18 anos en adiante.

  • Prazo de presentación:

O prazo para a presentación das fotografías estará aberto dende ás 00.01 h. do 1 de maio, ata ás 23.59 h. do 20 de maio de 2020.

  • Envío das fotografías:

 a) As fotografías enviaranse por correo electrónico ao enderezo malpica@gmail.com.

b) No correo deber figurar como asunto: “Galería Vinte Vinte xuvenil/adultas/os” (segundo a categoría que corresponda), e acompañarase de tres documentos (A, B e C):

Documento A. Nomearase do seguinte xeito: “Documento A: Título da fotografía”. Conterá a fotografía en formato .jpg, un tamaño máximo de 5 MB, sen sinatura.

Documento B. Nomearase do seguinte xeito: “Documento B: Título da Fotografía”. Conterá o texto libre en formato .doc, .docx ou odt.

Documento C. Nomearase do seguinte xeito: “Documento C: Título da Fotografía”. Conterá os datos  da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico e número de teléfono.

a) No caso de que a persoa concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorización asinada pola nai, o pai ou a/o titora/r legal cos seus datos correspondentes.

b) As fotografías recibidas sen identificación ou con identificación incompleta quedarán automaticamente excluídos do concurso.

  • Publicación das fotografías:

a) Os dereitos de publicación das obras seleccionadas corresponden á/ao autora/r agás a publicación nas redes sociais do Concello de Malpica de Bergantiños que se realicen como consecuencia do procedemento recollido nestas Bases e a primeira edición, en formato papel, que será propiedade do Concello de Malpica de Bergantiños e a exposición Galería Vinte Vinte.

b) Todas as fotografías e os textos libres que as acompañen que se presenten a esta convocatoria publicaranse no perfil da facebook do Concello de Malpica de Bergantiños (https://www.facebook.com/concellodemalpica/) ás 24 horas da súa recepción.

c) As obras seleccionadas formarán parte da exposición Galería Vinte Vinte.

d) Así mesmo, o Concello de Malpica reservarase os dereitos da primeira edición en papel das obras seleccionadas. O Concello de Malpica disporá do prazo dun ano, a partir da data en que se fagan públicas, para realizar a primeira edición. Transcorrido ese prazo eses dereitos corresponderán ás/aos autoras/es.

e) Coa participación nesta convocatoria, as/os autoras/es autorizan ao Concello de Malpica de Bergantiños, sen contraprestación algunha e de xeito expreso, a reproducir (total ou parcialmente), comunicar publicamente (total ou parcialmente) e distribuír (total ou parcialmente) as fotografías e textos en calquera forma ou soporte, para todo o mundo e no prazo dun ano dende a data de comunicación pública da selección. O Concello de Malpica de Bergantiños respectará, en todo caso, os dereitos morais que as/os autoras/es posúan sobre as súas obras.

  • Selección das obras gañadoras:

a) As 5 fotografías que obteñan máis me gusta, en cada categoría, no perfil de facebook do Concello de Malpica (https://www.facebook.com/concellodemalpica/), ás 23.59 horas do día 21 de maio, serán seleccionados para formar parte da Galería Vinte Vinte. Ademais ás fotografías que acaden máis me gusta en cada categoría, corresponderalles:

Categoría Xuvenil –  Lote de accesorios de fotografía para o teléfono móbil composto de: trípode tipo gorila pod, lentes de conversión efecto gran angular, macro e teleobxectivo, memoria USB externa, funda de tarxetas sd e batería externa.

Categoría Adultos – Unha peza da Olería de Buño de deseño exclusivo para esta convocatoria.

Todas/os as/os autoras/es que participen neste proceso serán convidados á inauguración da exposición Galería Vinte Vinte.

  • Comunicación das obras seleccionadas

b) As obras seleccionadas daranse a coñecer pola web e redes sociais do Concello de Malpica o 24 de maio de 2020.

b) O Concello de Malpica de Bergantiños entregará os agasallos ás persoas autoras das obras seleccionadas no acto de inauguración da exposición Galería Vinte Vinte. Esta fixarase polo Concello de Malpica de Bergantiños dentro dos 90 días seguintes á publicación das obras gañadoras nas redes sociais do Concello de Malpica ou no seu defecto da data do levantamento do confinamento. As/Os autoras/es das obras seleccionadas deberán facilitar previamente unha copia do seu DNI para verificar os seus datos.

  • Tratamento de datos persoais 

Os datos da/os participantes serán incorporados a un ficheiro responsabilidade do Concello de Malpica de Bergantiños, coa única finalidade de xestionar o proceso participativo do Concurso Galería Vinte Vinte e contactar coas persoas autoras das obras seleccionadas. En ningún momento se empregará esta información para ulteriores actuacións.  As autoras e autores poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación mediante escrito ao correo electrónico educacionecultura.malpica@gmail.com, ou ao Concello de Malpica de Bergantiños rúa Emilio González López, 1 15113 Malpica de Bergantiños. O Concello de Malpica de Bergantiños comprométese a tratar en todo momento os seus datos de carácter persoal de forma absolutamente confidencial e de acordo coas finalidades previstas nas presentes bases.

  • Outros

 a) O Concello de Malpica de Bergantiños ten a capacidade de decidir sobre a interpretación das bases en última instancia ou sobre a súa modificación en caso de erro sendo a súa decisión inapelable.

b) O feito de participar nesta convocatoria implicará a total aceptación das súas bases.

Imaxe: Peter Schneider

Imaxe: Peter Schneider

Bases do concurso de fotografía Galería Vinte Vinte Concello de Malpica

Inscrición concurso fotografía Galería Vinte Vinte menores 

Inscrición concurso fotografía Galería Vinte Vinte adultos